nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
títeres de redondela
vintesete o festival
nunha semaniña enteira
monicreques a fartar
unha persoaxe por ano
nos folletos e o cartaz
redondela mira pra ela
o cartaz é un espantallo
con vestido e na cabeza
a boneca deste ano
unha moniña que trae
os seus contos africanos
os monicreques de kukas
tes expostos na xunqueira
hai títeres pola gorra
nas rúas e na alameda
mercado titiriteiro
leva chapa e camiseta
títeres polas escolas
nas salas e mais nas prazas
pasarrúas e outra expo
tráenos voces de gaza
bonecos con compromiso
para adultos e rapazas
entre a porta e o auditorio
todo o chan está coberto
coa historia do festival
nunha chea de bonecos
que as cativas van pisando
novo xogo pros pequenos
entre bonecas e atrezos
na estampa titiriteira
gran detalle do pastor
coa foto dunha parella
o autor doutro espantallo
sorrí coa súa compañeira
unha chea de bonecos
nesta vila mariñeira
vintesete o festival
títeres de redondela
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)