19-10-2014

insubmisos barcos e piratas

 


camiño do solpor

crucei a ría no barco de pasaxe

a unha xornada antimilitarista en cangas

por eses vintecinco anos da insubmisión

aqueles noventa de radios piratas e livres

e presos de conciencia por pensar distinto

 

o barco de pasaxe

é unha necesidade da ría

e este inmenso cruceiro

que doutro xeito nos ven invadir

que molesta a vista que apesta

é algo innecesario e insultante

 

estes outros educados piratas

 

                   o cronista