06-5-2013

os amigos corvos




nestas semanas perseguenme

uns poucos corvos con boa onda

plantei uns grans de millo corvo
que me pasaron do morrazo
e eu viña de coñecer a memoria
da pena do corvo do val do ulla
e en oaxaca alá no país da nubes
estiven por fin en cacalotepec
a aldea dos meus compas cuicatecos
o cerro dos corvos pues

e estes dias sen saber nada disto
unha amiga chamame corvo
e hai unhas horas pasei por lariño
e coma hai dez anos estiven no mar de lira
pero os nosos amigos corvos mariños
coma hai dez anos non se deixaron ver
e entre poalla e bretema seguimos camiño

lariño