09-4-2016

...palmira lesvos damasco...

 


metéuseme na cabeza hai unhas semanas

escribir algo entre a poeta safo de lésvos

as lesvianas as guerras as refuxiadas...

e logo pensei na cidade de palmira...

e onte sairon estas poucas palabras

 

 

esas palmeiras de palmira

mágoa que elas non poden contar

a milenaria historia das súas pedras

e do que non se sabe dos crimes do isis

e de todos os exércitos e guerrillas

 

que falen máis alto que as palmeiras

as primeiras e últimas lesvianas de lésvos

que berre a milenaria memoria

da golpeada poeta safo da illa de lésvos

 

que se revelen as submisas

damas do noxento réxime de damasco

e de todos os mal-gobernos de mundo

que non falen nunca máis fusiles e cascos

 

foto do ano novo de lesvos

cos chalecos salvavidas

dos que chegaron á illa

 

08-4-2016

...turquia grecia turquia...

 


os represores da unión europea

un policía por cada desprazado-deportado

que levan nun barco de pasaxe que fai

o seu traballo máis sucio de grecia a turquía

e os represores levan mascarilla!

acaso temen ser infectados?

 

algúns represaliados ollan a cámara

pero os represores non se atreven

e un deles tapa a súa cara

 

é contaxioso ser desprazado

polo capital a guerra e europa?

todos poderíamos ser refuxiados!!

 

o cronista

 

 

 

07-4-2016

o almacen e os aramios



como un paradoxo

o voso almacén compas

que xa completóu os 58 palés

e as 24 toneladas de axuda

e do que xa retirastes as faixas

tamén está á beira duns aramios

e a uns cen metros da segunda

prisión da nosa inxusta cidade

que agora é centro de reabilitación

 

enriba dos aramios

esas nubes se cadra van

para o mediterráneo

e a axuda tardará

un pouco en moverse


o cronista

 

 

06-4-2016

desprazados de ida e volta

 


nos campos de refuxiados

agardan ser recoñecidos

agardan por uns papeis

e por ser acollidas

ou agardan cruzar a fronteira

pero os campos de refuxiadas

se convirten de campos de detención

e xa están a ser campos de concentración

 

na súa terra explotadas

golpeadas atacados

logo desprazados refuxiadas

pero moitas non acollidas

de-por-ta-das

 

 

05-4-2016

o moneco e as duas criansas

 


como lle chamaría a este moneco

o seu amigo neno que se cadra

agora xa está grande?

e que lle diría ao despedirse?


ollaría fotos e imaxes da fuxida

e dos campamentos de desprazados?

e ollaría as deportacións destes días?

pensaría nos cativos e nenas

que agardan por estes xoguetes?

 

un ollo perdéu este moneco

se cadra xogando ou no tralado

ogallá que a criansa que o agarda

non perdese tamén un ollo...

 

o cronista

 

 

 

04-4-2016

pra cativas e maiores

 

 

axudas para cativas e maiores

 

a caixa do calzado dos máis pequenos

para elas i eles que empezan a camiñar

e a súa beira esas cadeiras de rodas

para as maiores que camiñar non poden

e para os lisiados da guerra e do capital

 

o cronista

 

 

 

04-4-2016

pozo de auga

 


este moderno pozo da bouza

é unha construcción ornamental

un adorno darredor do edificio

como o son a palmeira e a erva

 

do pozo quixera sacar un caldeiro

como a miña homenaxe e por gosto

e beber un pouco da súa auga

pero se cadra o pozo non ten

 

lariño

 

 

03-4-2016

corazons e raiba polas guerras

 

 

dóenme un pouquiño os dedos

de carrexar e abrir con eles

centosde bolsas de axuda

pros desprazados mal refuxiados

e tardei en coller unha navalla

porque non quería ferir

estas bolsas de cariño

cariño tamén o desta camisola

de apoio ás refuxiadas saharauis

que levan corenta e un anos

expulsadas da súa terra

 

dentro dunha pequena mochila

viñan unhas copias dun solidario texto

en tres idiomas da familia que a mandóu

somos muchos los que estamos con vosotros

en estos momentos tan duros y terribles ...

e noutra o debuxo que acompaña a crónika

debuxo infantil cravado no noso corazón

 

toneladas de roupa e mantas

materias de sanidade e hixiene

tendas de campaña comida ...

e chegaron uns poucos xoguetes

entre pequenos e educativos

peluches e monecos de plástico

tamen algúns bélicos

 

a nave hoxe estára en silencio e triste

mentres neste día con jolgorio e consumo

e sesgada memoria na cidade celebran

unha guerra inxusta coma todas

e á volta da represiva borbónica

monarquía no ano 1809

 

mañán voltamos á pacifista nave

a facer solidarias caixas

 

o cronista

 

01-4-2016

idomeni zaatari dadaab...

 


idomeni lampedusa e lesbos

en terras e augas do mediterraneo 

son os nomes das portadas destes días

da vergoña e da miseria humana

 

e quen coñece algúns

destes outros nomes

dadaab nyrgusu zaatari

tamil-nadu urga e nakivali

panain bredjing melkadida...

 

sabedes en que paises están?

que guerra os probocóu?

que sequía que miserias?

 

dadaab en kenia nyrgusu en tanzania

zaatari en xordania tamil nadu na india

urga e nakivale en turquia

panain e old akora no pakistán

bredjing e oure cassoni no chad

melkadida en etiopía bel dangii nepal

batil en sudán do sur buramiro en etiopía

rwamanja en uganda...

 

no campo de refuxiados de idomeni

entre grecia e macedonia quedan unhas poucas

miles de persoas desprazadas de diversos paises

 

no campo de refuxiados de dadaab en kenia

hai uns 90.000 somalís que fuxiron da guerra

 

en nyrgusu tanzania hai unhas 70.000

persoas desprazadas da guerra do congo

 

en tamil nadu na india hai 70.000 persoas

escapadas da veciña illa de sri lanka

 

no campo de refuxiadas de ...

 

imaxe do campo de zaatari xordania

e rwandaes en centroafrica oriental

teinteresa.es/.../mayores-campos-refugiados

 

 

31-3-2016

poetas antonio federido miguel

 


antonio machado federico

garcía lorca e miguel hernández

nacidos en sevilla granada e orihuela

poetas do sur e doutras moitas terras

separados polos seus nacementos

trintecinco anos coincidiron

na mellor poesía daquela república

e nalgunhas das mellores propostas

colectivas culturais sociais...

e canta humanidade naquelas

tres grandes plumas e voces

 

pero nun espacio de seis anos

os tres foron mortos polos fascistas

lorca asasinado e desaparecido

no 36 no principio da guerra

machado morreu triste no 39

ás poucas semanas do exilio

e miguel hernández foi morrendo

fórono abandoando e matando

nas prisións do franquismo no 42

 

federico segue desaparecido

e do seu crime e do de miguel

aínda hoxe nos falta por saber

e os herdeiros dos fascistas

seguen gobernando partes

das manchadas españas

asociacións veciñais igrexas

bibliotecas cuarteis concellos

deputacións autonomías...

e agora en funcións desgobernan

o réxime da post-dictadura


mañán cómprense setentesete

anos da derrota da república

 

manolo pipas

 

Distribuir contido