Maio 2012

30-5-2012

a certa idade


versos para esta fotografia de carlos silva




a certa idade
unha idade avanzada
a muller olla e ve o mundo
o seu mundo en branco e negro
que ela perdeu un pouco de vista

a certa idade
unha idade algo avanzada
esta muller olla e ve o presente
o seu presente e pasado algo borrosos
que ela perdeu un pouco da sua memoria

a certa idade
unha idade ben avanzada
esta muller axúdase dun bastón
bastón para percibir mellor o mundo
as formas as tres cores os sabores os olores...

a certa idade
unha certa idade ben avanzada
ainda que todas as idades son certas
a man desta muller segue camiñando
para completar nun lonxano dia o seu circulo

manolo pipas

versos para unha anonima man
e para as mulleres lagregas da miña familia
imaxe e poema das munditaçoes
espacio coordenado polo carlos silva
desde porto coas suas fotografias e os textos
que provocaron en voces de diversas terras
daniel landesa susan pensak fermín lópez
hugo nascimento alba méndez lucía novas ....
http://munditacoes.blogspot.com


28-5-2012

poetica e memoria en bueu




vila de bueu auditorio

do centro social do mar
o festival poetico do morrazo
organizado pola asociacion cultural
para o debate ricardo gomez buceta

á beira da ria as voces
dos distintos concellos da peninsula
recitaron os seus poemas abriron as suas vidas
e da vida e da morte e das poeticas e dos camiños
falamos logo do recital
e preguntamos
polo home que da nome á nova asociacion

o depositario do concello polo partido galeguista
que foi asasinado e desprestixiado no 36
polos fascistas con josé mª massó á cabeza
memoria que os amigos de johan carballeira
publicaron na revista ll crónica da represion
en bueu as mulleres e os homes 75 anos despois

no auditorio do centro social do mar
a poetica foi de xaime toxo carlos fonte
antón sobral xosé manuel millán alba méndez
daniel costas asun estévez pepe alvarez cáccamo
lucía novas e xosé vazquez pintor
e as musicas de guillerme quenpallou
pilar gonçálves e xico de cariño
e a imaxe é da poetica do solpor
que os fascistas e os seus herdeiros
que nos desgobernan non puideron roubar

poetica e memoria galeguista e republicana
no morrazo desde bueu


o cronista


26-5-2012

poetica en orzán




as mesas deste lokal parece que están baleiras
cada vello marmol branco vai probocar un poema
xa poden pasar as voces coma as ondas da marea
noite salgada de orzán
nesta escura primavera

cada canto da columna ten un redondo espello
esas reixas da xanela dan un pouco de respeto
fondos de urbano lugrís e sombras de lois pereiro
e as mesas do borrazás
que se van rir deste tempo

vos enchestes este espacio nos puxemos a palabra
de amores e desamores nunha mesa nunha praia
o desenfado as traxedias voces calmas desgarradas
a poetica en orzán
o camiñar as pegadas

manolo pipas

entre orzán e coia
polo encontro da noite
no borrazás coa porta
verde e amigas voces

24-5-2012

mulleres antimilitaristas




non mais guerra que nos mate

nen mais paz que nos oprima
nos non somos propiedade
do militar e o machista

somos mulleres de negro
somos problema de estado
un novo tempo ha de vir
co vintecatro de maio

non mais guerra que nos mate
nen mais paz que nos oprima
ser mulller non o esquezamos
é ser antibelicista


mulleres en marcha ate que sexamos libres

a marcha mundial das mulleres-galiza
deu hoxe unha charla no bou eva
dia internacional da muller antimilitarista
as palabras e as imaxes fixeron un percorrido
polas duras estadisticas das maquinas de matar
dos encubertos e inmemensos presupostos
comparados cos pequenos dos gastos sociais
un percorrido polas supostas campañas humanitarias
pola barbarie dos asasinos dos paises en conflicto

e da crudeza dalguns paises en coflicto
onde as mulleres e as cativas son as mais afectadas

e pasamos a esperanza dos encontros da marcha
mundial das mulleres en colombia e no congo

e para elas recuperamos unhas coplas
daqueles tempos da insubmision

o cronista

23-5-2012

de monte louro a fisterra




esta costa costame recorrela outra vez

desta volta en carro e sen baixar del
desde monte louro ate o faro de fisterra

cantos lugares maxicos a lagoa e as dunas
o faro de lariño ergueito e o vello muiño
de vento do que so fican unhas pedras

a praia de bolos esas pedras de formas
redondeadas de todos os tamaños de todos
os espiritos das augas e da fronteiriza terra

ardeleiro ximprón a praia grande mallou
boca de rio caldebarcos o monte pindo
o vello monte sagrado e tantas outras bocas

ézaro e a roubada fervenza do xallas
cee corcubión todos maxicos lugares
pero agora eu lembro a costa toda rota

do monte louro á fisterra
todos maxicos e malditos espacios
maxicos
malditos
coa eme da morte
e as mesmas tres vocais
nestas costas do chapapote
rimando unha palabra coa outra

o cronista

vanse cumprir dez anos do prestige
e en xuño xa empezan as celebracións...
imaxe do solpor do dia 17 no regreso
desde un miradouro
debaixo dos moitos
e noxentos
xigantes muiños de vento


22-5-2012

tríadas do vento no mar




Quen fora o vento poboado (bis)

de polen e de cantigas
e malvises namorados (bis)
ai la la  la la la  la la
quén fora o vento poboado

Quen fora vento, meu mar (bis)
e sobre o teu lombo brando
puidera o corpo deitar! (bis)
ai la la  la la la  la la
quen fora vento, meu mar

Quen fora xinete alado (bis)
de ardor e de vidro feito
sobre das ondas montado (bis)
ai la la  la la la  la la
quen fora xinete alado

Quen fora o vento que rube (bis)
a refrescar as estrelas
despois de folgar coa nube (bis)
ai la la  la la la  la la
quen fora o vento que rube

valentín paz-andrade

poema de sementeira do vento
musicado por luis correa
e pablo rial para o coro tradicional
cantares do brión de vincios
que estreou estes dias


21-5-2012

reencontros e camiños




dous anos despois volvin ao festival

o reencontro aquel dia de marionetas
pero logo dos teatriños e das musicas
no titiriteiro xantar do monte de cedeira

o sabado unha amiga preguntoume por ti
faciame falta estando todo tan presente
graciñas polos camiños compartidos
e por alguns dos poemas envolventes

vemonos logo cecais nalgun concerto
noutro parque ou cuns monicreques

lariño


20-5-2012

abrese o pequeno telón




titeres de redondela 

son trece anos camiñando

xa sodes como unha lenda

lenda e mais realidade
a maxia que se desborda
nos espacios da cidade

vaise abrir este telón
logo cando chegue a xente
ai debaixo dun balcón

entre as flores loce ben
o cartaz do castromil    
cada maio a florecer

vaise abrir este telón
quen sairá ai que historia
a choqueira co cocón

ai que seres tan pequenos
e que grandes corazons
que xa saen dos seus peitos

vaise abrir unha cortina
van uns enormes granujas
ou bulgaras fantasias

sabado de festival
foi un dia ben redondo
redondela a fartar

lariño

lenda é unha asociacion
de axuda aos enfermos mentais
e os titeres tamen son boa axuda


19-5-2012

xente titiriteira




ai xente titiriteira

estes titeres choqueiros
para grandes e pequenos
na vila de redondela

unha murga pregonado
cruza polos viaductos
e que saiba todo o mundo
que hai titeres abaixo

titiriteiro camiño
trece anos de emocions
e pintounos o pastor
un castromil submariño

titeres por baixo as augas
e seica o capitan nemo
tiña alma de choqueiro
e cantaba foliadas
…...

miguel tatán e andrés
meus queridos tanxarinos
ben dixeron nun palquiño
que perigo o deses tres


dez dedos e o castromil
moitas mans moitas xanelas
entre as prazas e a alameda
que lembranzas que sentir

ai xente titiriteira
quixeran poñer a todas
pra que pasen tantas obras
cantas mans cantas tarefas

o pasado ano perdin
mais xa volto a redondela
ai xente titiriteira
vou coller o castromil

lariño


18-5-2012

letras compostela fisterra




compostela

a dezasete de maio
as letras na alameda
a feira do libro de ocasion
e os de arriba con outra feira

e nós miles de persoas
pola festa da lingua desta terra
nesta imaxe cunha soa faixa
cunha soa pequena bandeira
unha soa consigna queremos galego
galego todo o ano e non so nas letras

a dezasete de maio
polas ruas de compostela
coma tantas veces pola lingua
pola fala e a escrita por nós e a terra
e alguns tivemos que deixar a marcha
e cos libros coller polo rumbo das fisterras
por muros lariño e á beira do mar baixo o pindo
e no cabo do mundo en galego botamos unhas letras

o cronista

16-5-2012

nas letras galiza como tarefa




galiza como tarefa e a galicia que suma
fermosas frases que temos escoitado
en varios eventos por valentin paz andrade
o homenaxeado deste ano nas letras galegas

lembro escoitar o ano pasado
nun dos ultimos eventos por lois pereiro
que este é un pais algo surrealista
pasamos de homenaxear a un poeta punki
a adicarlle o dia das letras a un empresario

valentin paz andrade o galeguista o abogado
xornalista empresario escritor e republicano
un home que sempre suma
e hai unhas semanas un conferenciante
dixo nun evento polo homenaxeado

que outros grandes persoeiros restan
pero non se atreveu a dar os seus nomes

e estes dias vulgares institucions están a restar
como o concello de compostela que tenta
evitar que haxa a manifestacion das letras
negando os permisos do palco e da megafonia

nas letras galiza como tarefa

o cronista


16-5-2012

trenzas do pais das nubes




fio a fio 
as compañeiras entrelazan
e nacen eses lindos textiles indixenas
e mestizos do pais das nubes   
                       

e como os fios
os escuros e longos cabelos
tamen se entrelazan
e van nacendo as trenzas

unha  longa trenza
unha soa ou duas trenzas            
e as veces  entrelazadas con fitas

pero este pais das nubes
de oaxaca a chiapas
ese outro mexico
segue mal trenzado

viaxe ao pais das nubes

versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro
debuxo de eva castro

ac bou eva venres 18 as 21.00
vigo rua tercio de fora 11