Maio 2012

15-5-2012

a festa da vida




da conversa ao parto


o paseo e a praza
o encontro e a conversa
e canto que compartimos
do tempo da vida e da morte
dos camiños de moitos de nós
e logo marchei ao recital
e o dia despois xa me levanto
pensando no parto e nas partidas

partir
é repartir unha cousa
partir é sair dun espacio
poñerse a camiñar
e compartir é ter
ou poñer algo en comun

o paseo e a praza
o encontro e a conversa
e canto que compartimos
e logo da noite veu o parto
co seu ritmo e con doula e parteira
co seu tempo no voso espacio ...

o parto
o voso parto
as crianças que se separan
pero que saen para estar
e poñerse a camiñar xuntas
e compartir as crianças
as crianças compartides con nós

o parto o nacemento como festa
a celebracion de duas novas vidas

manolo pipas

polo nacemento de elisa e eduardo
que pediu a chiquita celia moreiras
apertas e bicos karina e pablo

14-5-2012

xanela do bosque




o vello tronco

abrenos unha xanela
para ollar o bosque

o castiñeiro
de seoane do courel
e a sua infinda xanela

agardemos un pouco
que xa brinca un esquiu
e logo un trasno

lariño



13-5-2012

maio da terra e das letras




ai dezasete de maio

cincoenta anos e mais vidas
unhas poucas van agora
un tributo cunhas rimas

maio cantares e follas
rexurdir e sementeira
e presente a negra sombra
que non deixa as nosas letras

maio cantigas de amigo 
recuperadas pra terra
o tempo dos trovadores
a raiz das nosas letras

maio vai de catro a catro
zarpamos nesta marea
o mar o barco e mais nos
a liberdade das letras

maio das cousas da vida
o pobo que se revela
republica guerra exilio
e sempre en galiza as letras

maio o soño a realidade
cantas as noites de pedra
nos gullivers de ningures
irmaus na terra e nas letras

maio pasa entre as murallas
mais sombras na vosa mesa
as tertulias buscan luces
ti gardas as tuas letras

maio profundo dos eidos
o courel todas as serras
vida e morte e elexias
non para o rio das letras

maio este ano que traes
galiza coma tarefa
moitos camiños andados
mais memoria para as letras

maio cantaremos sempre
seguimos na resistencia
son tantas as negras sombras
irmaus na terra e nas letras

manolo pipas

imaxe do exterior
da libreria andel


12-5-2012

aí ven o maio




Ahí ven o maio / de frores cuberto
Puxéronse á porta / cantándome os nenos;
i os puchos furados / pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños, / calados e quedos;
que o que é polo de hoxe / que darvos non teño.
Eu sonvos o probe / do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!

Cando eu me atopare / de donos liberto
i o pan non me quiten / trabucos e préstemos,
e como os do abade / frorezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas / dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio / sin bruxas nin demos;
un maio sin segas, / usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

curros enriquez

do libro aires da miña terra
e imaxe dos maios de ourense
ai se curros escribira hoxe
os poderosos e a crise
e as pestes da nosa terra

11-5-2012

este espacio foi pirateado


este envolvente espacio
amiga lectora amigo lector
hoxe foi estrañamente pirateado


textos en diversas linguas e grafias
esta mañán aquí foron publicados 

por algunha man que descoñecemos
e logo xa os borramos

tentaremos que non volte pasar
pero seica ten estas cousas
este libertino mundo virtual

aprobeitamos para lembravos
que á esquerda no caderno de visitas
podedes deixar algun comentario

unha aperta

10-5-2012

pampillos e ourizos




alguns campos hai tempo

que non agardan sementeira
pero os vexetais e os animais
non a botan de menos

antes os pampillos saian
nos campos onde houbera millo
sen sementeira desapareceron
pero logo volveron estas flores

campos muros silveiras sabugueiros
agardo que nestes campos de coia
ainda fique algun ourizo cacho mais
que hoxe atopei un morto na cuneta

entre as flores de sempre
aparecen unhas novas
pero cecais xa ninguen faga
colares de pampillos

imaxe de figueirido



09-5-2012

viaxe aos pais das nubes




duas voces e unha guitarra

mestizas historias que acordan
entre os acordes e as melodias

versos dos libros  viaxe ao pais
das nubes e a milpa e o paliacate
ilustrados por pedro currás e eva castro


os cabelos e as trenzas
dos debuxos de eva
entrelazanse
como os titulos destes textos

para recitar e cantar


viaxe ás terras da malinche

unha soa ou duas trenzas

flores contracorrente
 
a caravana da outra campaña

miles de soños morenos

aldea bolon ajaw

estampas da digna raiba

durme chamaca durme

a milpa e o paliacate

servandobarreiro.blogaliza.org
envolventesaspalabras.info
unha aperta


08-5-2012

as nubes a ria o monte




en abril por fin choveu

segue a chover neste maio
as nubes cobren a ria
que sempre son un regalo
as nubes e a cor das augas
o unico que non trocaron
os nomes de cada lugar
as veces xa son pasado
cantos recheos na ria
que falen as illas e os faros
muiños de vento de pedra
ai os castros arrasados

vixia monte lobeira
ouvea non sexas malo

catro semanas de chuvia
seica encheron os pantanos
pero a terra non lle abonda
que so chupou o cavado
as nubes cobren a ria
nos seguimos camiñando
a maxia da baixa mar
o arrecendo a salgado
maio das festas das flores
as sementeiras de maio
as cidades e os recheos
e a memoria do pasado
vixia monte lobeira
ouvea non sexas malo

manolo

06-5-2012

domesticos felinos




o cosme e outros felinos


       para mamá


o birollo e o borrachón
o palomo o bernardino
e o papote ai que gatos
que domesticos felinos

cinco gatos cinco vidas
cada unha da pra un conto
cando un se nos marchaba
logo aparecía outro

gatos negros branquinegros
outros pardos do país
e chegou un siamés
do rural con pedigrí

   domesticos felinos
   ai que cabróns os gatos
   son eles que nos teñen
   a nós domesticados

cosme chámase o felino
seica natural de arbo
el viña a pasar uns dias
e ficou por varios anos

faille gracias a calquera
non se entende ben cos cans
algun rato trae pra casa
pero gordo está demáis

felino malencarado
estragou algo os sofás
pero é listo como un allo
e so lle falta falar
 
   domesticos felinos
   ai que cabrón os gatos
   son eles que nos teñen
   a nós domesticados

    manolo


05-5-2012

a torre e o faro




a torre

o antigo faro
hercules
o heroi o mito
grego romano

debaixo
da vella torre
o poboado castrexo
de anonimas xentes
esquecidos guerreiros

a torre
o antigo faro
do tempo dos romanos
e de lonxe
un simbolo fálico

o cronista


04-5-2012

o berro e a alma




un berro din que vale

noventeun millons de euros

a pintura orixinaria do berro de munch
empregamola nas envolventes
para ilustrar unha cronika contra as guerras
e lembro como hai moitos anos tamen
foi portada do ar! a revista antimilitarista

a imaxe do berro xa anonima
acompaña as persoas e os movimentos
como nesta imaxe dunha camisola
pero ese berro é hoxe o cadro
mais caro vendido nunha subasta

o berro de edvard munch
pintor que se autodenominaba
diseccionador de almas !
E quen mercou o seu cadro
ten alma ?

o cronista

03-5-2012

a muller da esquina




unha muller de mediana idade

que case nen me coñece
cando paso polo barrio
sempre me sauda

esta muller rumana unhas veces está
na esquina da panaderia
outras na porta do supermercado
ou na esquina da fruteria
e so me coñece de entrar neses lugares
e pola moeda que algunhas veces
lle deixo na sua cestiña
que agradece cun sorriso
e cun que dios le bendiga

con tacto dixenlle que non me diga asi
que non teño nada con ese señor
e miroume ben rara e seria

os seguintes dias
as veces so me da as gracias
pero outras non se lembra
e bota a sua fraseciña
eu poño cara rara
e ela bota a man a boca

manolo pipas