Xuño 2022

28-6-2022

paxaro e marco


o paxaro póusase
sobre o marco da finca
e cara adentro e cara afora
e diante e detrás del
todo é seu




26-6-2022

entre nador e melilla

 

áfrica chora polos seu fillos
áfrica é o meu unico amor
pintóu un ninguén nunha pedra
no monte gururú dos inmigrantes
da vila fonteiriza de nador

entre nador e melilla
represor e asasino estado marroquí
cómplice estado e goberno español
e cómplices mafias de traficantes
entre melilla e nador
entre áfrica e europa


outro ninguén


 



24-6-2022

a noite as brasas


a noite as estrelas
no interior da ría
a lúa e a fogueira

das chamas ás brasas
os froitos da nai terra
polo solsticio de verán
cumpridos chegan ás mesas

ofrendas e versos
baixo a música angolana
encontros e despedidas
e a colectiva queimada

en fixón negros
co espaço vivo


16-6-2022

paco do uf


                 a luís e rafa

paco do uf que longo
tempo de cafés e músicas
de exposicións e películas
longo tempo de conversas

paco do café uf
e do negra sombra
que breve seguíu
a túa vida fóra do café

longo tempo compañeiro
boa viaxe boas sombras 
e saúdos ao espírito
do vello loureiro do patio 

manolo pipas



12-6-2022

ninguens


ninguéns
as excluidas
os desaloxados
as migrantes
os bombardeadas
as violadas
os desaparecidos …
non hai nada que produza
tanta pobreza e miseria
como o capital e as guerras
a otan putin e os vaticanos


. . . . .

 . . . . . .

ninguéns

os excluidos 
as insubmisas
os camiñantes

as resistentes
as persoas comunais


apuntes e lembranzas
dunha intervención poética

onte no evento dos ninguéns
cos textos día do medio ambiente
até o corenta de maio
de mariupol a tinduf
cantos e traxedias gregas
e o noso colapso

manolo pipas