Xaneiro 2013
31-1-2013
estas nove escaleiras xa non levan a ningures unha parede frustou o que lles daba sentidoque uns baixaran que outras subirane un grafiti completa a surrealista estampanestas escaleiras que non levan a ningures sentome a ollar o mundolariño
30-1-2013
T034 mesa 3B037 mesa 22T033 mesa 5leo na pantalla e cada nova liña de cifras e letras é anunciada cun pitido bastante estridente as mesas son grises e o lokal ben triste a mesa o lugar do xantar o espacio de traballo e de estudoe agora o lugar onde che din que é dificil moi dificil que atopes un traballoe nalguns hospitais as pantallas e os sons son semellantes son grises as mesas e o lokal e o parlamentiño e o país unha desfeitao cronista
29-1-2013
no camiño dos piruchoscolga nunha vella xesta improvisado un columpioo triangulo rodeaponlle marco a monteferrocoas nubes e a mareano columpio falta brezoque non tardará en chover e hoxe apreta ben o ventomanolo pipas
28-1-2013
o porto o peirao o barco de pasaxeparou a chuvia o sol saee no medio da ría eu só na parte de arriba do barcopero tampouco aquíno medio e medio da ría o meu pasado mais recente asenta e atopa calma lariño
27-1-2013
Presentación de 'Sétimo Andar', número 7 dos Q de Vian Cadernos, libro conmemorativo dos sete anos de existencia do noso colectivo, A Porta Verde do Sétimo Andar. Cun limiar que resume estes sete anos de traxectoria, nel participan: Iolanda Aldrei, Rosa Enríquez, Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Verónica Martínez, Alfonso Láuzara, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Virgilio Liquito.Con portada de Luz BelosoSerá o sábado 2 de febreiro, ás nove da noite na Cova dos Ratos rúa romil 3 vigo debaixo do CastroA Porta Verde
26-1-2013
alá polo país das nubes os traballadores que restaurano centro arqueoloxico de dainzúfalan a mesma lingua que o pobo que levantou estas pedras entre os altares e o palacio as tumbas e o xogo de pelota hai mil cincocentos anos alá polo pais das nubes na entrada de dainzúhai un panel explicativoen castelan zapoteco e ingléspero ningun deles pode ler na sua propia lingua por culpa do malgoberno que mal lles paga imaxinemonos que dainzú é o centro arqueóloxico do gaiás coas tumbas dos mal-gobernantes dentro de cento e pico de anos imaxinemos os paneis e os traballadores ….acá no país da chuvia mañán en compostela...o cronista
25-1-2013
A vida dos reloxios de parede,pasa por unha fábrica de China,unha tenda en occidente,unha compra por un ansioso,unha vida nunha casa cunha parede divisoria,absurda, maciza,na que pendurar reloxos,na que pendurar o tempo e as vida,paredes nas que pendurar o tempo mercado sen vida,que vive dividida,mirando un cuarto,e sen sabelo,dándolle o cú a outro.Tic, tac, reloxo.Salta da parede,deixa de contar o tempo e camiña.Toc, toc, a vida.Tic, tac, reloxo. Toc, toc, camiña.Toc, toc, camiña,camiña,camiña,camiña camiña... iria bragado poema do colectivo libro dezaoito do circulo poetico abertolido onte no café de catro a catrono evento comparte os teus poemas por alfonso rodríguez cortizo ante a iria presente nunha mesa que por unha baixa laboral por falta de humanidade dos jefes
non puido recitar por se acaso...a pesares de ter moi ben a gorxatamen recitaron carmeliña garcía ruben de rosende e david medina
24-1-2013
como bo indixena desta estraña terraseica estou parado nunhas escaleirasnelas as veces paro e sento a escribir algun poema a cidade luces e sombrasas comedias as traxedias seica estamos parados nunhas escaleiras lariño
23-1-2013
na noite deste mércoresescribo sobre o violento mundo pero so unhas notas uns apuntesque non vos quero lembrar demaiscomo tantas veces neste espacio este mal tempo que herdamos e o peor mundo que podemos deixar francia de mision militar en mali no sahara nunha das suas excolonias con accions antiterroristas e limitadas seica contra o radicalismo islamico e españa dando o seu apoio loxisticocomplice de todos eses asasinatoscontra a inseguridade e o crime o exercito patrulla estes semanas as ruas de ecatepec das miñas compasnas aforas de cidade de mexicoo exercito que se creou supostamente para a defensa ante o ataque doutro estado e nas miñas ruas nas que escribo desde este chamado primeiro mundo cantas persoas pedindo esmola e cantas buscando comida dentro dos contenedores e segue o xuizo-farsa prestige-chapapote que paren dunha vez e que paguen os culpables ou é que van culpabilizar aos voluntarios !?o cronista
21-1-2013
hai parellas que empezan a sua vida en común nun pequeno pisonesta pequena vivenda naceron dous cativos medraron xogaron soñarone cantas outras aventurase desventuras da vidae agora qué !?no cuarto esquerda
deste restaurado edificioleva vivindo unha familia uns poucos e moitos corentetres anos tiveron duas fillas discutiron moitopero ninguén levantóu unha man veu o pai da aldea cando enviudoue foi morrer logo de nacerlle un bisnetonese cuarto esquerda da imaxe e agora qué !?a vivenda é un espacio para vivir e os bancos para que eran para que son !?o cronista
19-1-2013
Mira que tiernos vienen por la calle,Solitario Mayor y Mala Suerte,mira las manos de él en de ella el talle,mira los ojos de ella, como vacíos de ayer,y de presente, llenos.Mira como se agrandan las acerascon todo ese despliegue de detalles,mira como se apartan las miserias,y observa bien como hacen en el aire,un recuerdo de mar y noche abierta, pleno.Mira que no hay pintor que los recoja,ni lluvia que asemeje su arco iris,fíjate bien mujer, por si hay historiasque te eleven un tiempo los sentires,o que te inunden desde la memoria,hasta el que habita entre tus dos sutiles senos.Mira que tiernos vienen por la calleSolitario Mayor y Mala Suerte,mira las manos de él, en de ella el talle,mira, en los ojos de ella, va un tenerle.karel garcíatrovador cubano que actua esta noite as once en vigocontrabajo venezuela 82
e mañan estará as nove
no rincon dos artistas
19-1-2013
café rañolas gondomar á beira do río miñor o rañolas e o pedriño aqueles rapaces da noveliña de castelao os dous de sempre e nós a contar unha historia de sempre de luces e sombras humida e ventosa coma estes dias e ás veces borrosa coma esta imaxe que agardaba poemas e cancions e borrosa como ás veces a memoria unha viaxe ás comunidadesá beira do rio atoyac e o rio azulnun altiplano nunha terra chádebaixo dun grande cerro os xogos co chamaco gaspar e a cativa sole os xogos e os soños de sempreunha viaxe á colectividadeunhas voltas polos saqueos polas resistencias e revoltasfoi no café rañolas
unha historia de sempre
á beira do río miñor debaixo da nai montaña galiñeiromanolo pipas polo recital con servando onte a anxo e neves por abrir o espacio a marta por manter a porta aberta
a todos os corazós que entrastes