Xaneiro 2013

18-1-2013

pingas de chuvia




cada pinga de chuvia no cristal

é coma un verso dun cantar

entra pouca luz pola xanela
fora a musica de chuvia e vento
dentro os humidos poemas
deste convulso tempo
bo camiño unha aperta

lariño

17-1-2013

a cativa e os garabatos




unha noite logo dos titeres
na rua do pracer catro chocolates

e uns garabatos debuxos regaloume brezo
mentres nós falabamos das nosas cousas
trece lindos brezografos ficaron no caderno
entre as follas dos meus versos e coplas

dias despois preguntamoslle pola imaxe
e dinos brezo que é unha gaivota

lariño

a brezo beti e miguel
e que sigan os garabatos

16-1-2013

pedindo na rua




un home sen recursos
está pedindo na miña rua
botolle unha moeda e pidolle
permiso para facer unha foto
e acepta se non sae a sua cara
e ensinolle as duas que fixen

digolle que vou publicar unha
acompañando a miña cronika
e falamos un bo rato da crise
e de cando viviamos moi ben
el chegou da fría meseta
vai a un comedor popular
e á noite dorme nun albergue
pero está de paso na cidade

español “sin” recursos
pode parecer un texto racista
polos seus rasgos el podia ser
de calqueira outro pais europeo
e xa o confundiron cos rumanos
e hai moitos deste pais pedindo
que unha forgoneta vai deixando
nesta e noutras ruas do barrio
e alguns son persoas lisiadas
que se cadra trouxo algunha mafia
do seu pais para que pidan na rua
e explotalos como pasa noutras cidades

outr@s van por livre
pero esas son outras historias

 o cronista

15-1-2013

os ventos da resistencia




a chaira de oaxaca

á beira do oceano pacifico
no istmo de tehuantepec
a terra dos pobos zapotecas
ikoots ayuuks e mestizos

esta é a chaira do vento
o vento que da vida e que trouxo
as transnacionais eolicas
que rouban e estragan esta rica rexion
na que os compas se organizaron
asamblea de pueblos indígenas del istmo
en defensa de la tierra y el territorio


por oaxaca funcionando
varios miles de muiños
fertiles terras do istmo
eles din que están retando
pero ben que están roubando
iberdrola con gamesa
e fenosa con endesa
como unha nova conquista
e dos muiños as vistas
deixan claro esta desfeita

estes dias foi agredido
o noso compañeiro carlos bedxe
da radio comunitaria totopo de juchitán
pola defensa destes pobos terras e ventos

nalgunha ocasión coma na imaxe
na chaira os ventos da resistencia
tumbaron alguns muiños

manolo pipas

mais informacion nos espacios
http://tierrayterritorio.wordpress.com/
zapateando.wordpress.com/2013/01/14/
reportando-estado-de-bedxe-compa-
de-radio-totopo/


14-1-2013

nova viaxe ao pais das nubes




viaxe ao país das nubes

recital de poemas e cancions
nas terras da milpa e dos guaraches
do paliacate e do pasamontañas

viaxe ao país do millo e dos frijoles
ás terras do chile do cacao e do café
viaxe ao país das nubes e do vento
e dos ventos da resistencia

versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro
sobre os mestizos libros
viaxe aos pais das nubes
e a milpa e o paliacate
ilustrados por eva castro
e pedro currás

será debaixo
do ameazado galiñeiro

no café rañolas de gondomar
na rua otero pedraio 5
o venres 18 de xaneiro
as dez da noite lua crecente

foto na chaira do pais das nubes
debaixo da serra atravesada
á beria do oceano pacifico
hai catro anos


13-1-2013

aviso da fortuna da vida




ay hijo de la fortuna
de tu cuba y de galicia
del mar golpe y caricia
e hijo también de la luna,
nuestra tierra es solo una
cos seus soños e feridas
e apostache na partida
coa voz e coa guitarra,
apretada a tua chamarra
sones avisos de vida

entre o caribe e a ría
dalle yhosvany candela
verso e guitarra por velas
no teu barco de utopías,
ai que digna travesía
do turquino ao galiñeiro
o corazón o primeiro
compartes con todos nós,
tantas as revolucións
unha aperta compañeiro

manolo pipas

hijos de la fortuna e aviso de vida
son discos de yhosvany palma
a primeira decima foi escrita hai
tempo entre a cantina candela e casa
e a segunda onte no bar cabiria
e recitada na húmida e cálida noite
onde cantou o compañeiro cubano
cun cuarteto ben salgado

12-1-2013

o xantar da ria




mesa da cova dos ratos

que agarda por un xantar
non foi nas pasadas festas
nen tampouco é familiar
éste é o xantar da ría
un papeo vexetal
pola defensa do medio
esta cova accion social
xuntamonos nesta mesa
do interior e o litoral
entre barra e monteferro
pola ría o persoal
unha crema unha paella
auga e viño castelán
dunhas cepas de mencía
que tiveron que emigrar
e a tarta de galletas
con natillas a fartar

a mesa tamen escusa

pra nos ver e conversar
cada sabado segundo
do mes tes este xantar

o cronista


11-1-2013

a rua esperta




esta rua miña vai espertando

ainda moi cedo sae da cama
estira os seus moitos brazos
e mete no corpo un vitrasa
un atsa unha moto e uns carros

a rua que na noite algo descansou
sempre polo dia ten mais traballo


mañán en compostela
seica hai unha curiosa festa
miraches? hai unha festa de vigo
pero eu debo seguir atravesado
nas travesas perto desta imaxe
vai unha aperta compas emigradas
desde o sur da cidade obreira

o cronista



10-1-2013

das pasadas festas




abandonado no chan
ao pe dun contenedor
como se fora lixo

o pe sae fora da bolsa
descobrindo que foi devorado
se cadra polos meus veciños

os restos dun xamon
que atopei esta mañán
devorado e abandonado
polo pasado nadal

o cronista


09-1-2013

rua arriba rua abaixo




rúa arriba rúa abaixo reveldía

este oficio da palabra cantar
construir comunidade autonomía

abaixo e de pé estas cancións
e imaxes coa dignidade do garcía
entre galiza e chiapas todo corazón

na radio na palestra na praza
a terra non se vende a terra 
compromiso música e palabra

manolo pipas

abaixo e de pé o disco
o traballo do compa garcía mc
cadernodogarcia.blogaliza.org


08-1-2013

as follas e o vento




as follas secas dos carballos

o vento vai amontoando

as follas do meu caderno
o vento enche de versos

nas follas do calendario
pasa o vento do meu diario

nas follas que se amontoan
pasan ventos solpores auroras

lariño

06-1-2013

outro animaliño de papel




aqui sentado
o xoves so fixen

un animaliño de papel
e a cativa de violeta
que subiu pola rampa
colleumo da man
e dixome
g u a u

manolo pipas