Xaneiro 2013

05-1-2013

animaliños de papel que voan




pequenos dialogos

sobre uns animaliños
de papel que voan

con dawa
-que pode ser
-un dragon de papel
-que lle vas dar de comer
-historias
-e de beber
-sabiduría

con nuria
-que pensas que é
-un unicornio azul
-que lle vas dar de cear
-palabras
-e de beber
-aromas

coa chiquita lisa
-que poder ser
-unha gaivota
-que lle vas dar de comer
-pelos da tua barba

non me atrevin a preguntar
que lle ia dar de beber

manolo pipas

debuxo de pedro currás
libro viaxe ao país das nubes


04-1-2013

no castro a memoria




entre o monumento

da necesaria crónika anterior
e esta recente pedra da memoria
hai moitas árbores cheas de vida
e unhas áncoras e uns cañons
e unha fortaleza que fan
memoria da morte

entre o gran monumento
e esta austera pedra
hai case medio seculo
de inxustizas e mentiras

ai monte do castro
que foras devolto
polo ministerio da guerra
ao pobo de vigo
durante a república

ao pe da pedra
alguén deixou estes días
un ramallo co seu bo sentir
pola nosa memoria

o cronista

03-1-2013

enferma forma do castro




á beira das arbores

no vello parque do castro
neste mirador sobre a ría
nesta cidade cun punto maldito
tamen hai unha forma vertical
unha gran forma vertical tamen enferma
pero moi enferma desde o seu nacemento
cunha estraña e contaxiosa enfermidade
que tamen da unha enfermiza sombra

la espada y la cruz
esta cruz de los caballeros...

que a talen xa dunha vez
ou tiramola nós cuns martillóns

o cronista

imaxe da cruz do castro
imitación da do valle dos caídos
neste monte onde os franquistas
asasinaron a 136 homes
e que o alcade do psoe non quer derrubar



02-1-2013

das arbores do castro




os chopos de castelao

non están sós na cidade
hai máis arbores con medo
nos paseos e nos parques
algunhas están enfermas
por tantas podas salvaxes
e a proposta do concello
motoserra pola base

estes dias polo castro
nos arredores da charca
moitas arbores tumbaron
coma magnolios e acacias
e desde a primeira corta
os patos están sen auga
e se morren do concello
xa dirán non pasa nada

primeiro por castelao
e agora polo castro
e as arbores de samil
de seguro están tremando

o cronista

01-1-2013

da celebracion 2




unha caixa de disparos

tamen perto da casa
que atopei esta mañán
e coa que alguns corpos
deberon rematar o ano
e darlle a ben-vida
ao seguinte ciclo

escribira o gabriel celaya
e cantara o paco ibáñez
que la poesía es un arma
cargada de futuro
pero eses versus...

o cronista

01-1-2013

da celebracion 1




unha botella baleira

e uns vasos de plástico
abandonados esta noite
nun banco grafiteado
perto da miña casa

de plastico son os vasos
os garabatos e a palabra
que cecais poida definir
parte desta pasada noite
de consumista celebracion

o cronista