Xaneiro 2021

31-1-2021

as árbores e as follas



moitas árbores levan
semanas totalmente espidas
outras aínda teñen
unhas poucas follas
que logo van perder
e outras especies de árbores  
teñen follas todo o ano

 

 




30-1-2021

bandeiras e farmacéuticas


o corona-virus covid
que uns chaman chino
e tamén andan a falar
da cepa inglesa do virus
da variante sudafricana
e da cepa brasileira ...

e chámanlle anglo-sueca
e unha empresa farmacéutica
a hipocresía é outro virus
o capital non ten bandeiras
e con escuros contratos
cos que mal nos representan
esas noxentas empresas están
a facer o negocio do século

29-1-2021

sen folgos pra escribir


varios días sen publicar
e tiña empezados varios
textos da serie do virus
pero non tiña enerxía
pra seguir traballando neles  

os centos de caraduras
que se colaron para vacinarse
as varias mascarillas e luvas
que cada día recollo na rúa
as trifulcas politicas
as empresas farmaceuticas
os medios de comunicación
e a chapuza das novas medidas
cos que pecharon e cos que non
e deixan traballar e contaxiar…
deixanme sen folgos para escribir

 

 

25-1-2021

hosteleria drama e traxedia


cada cafetería e bar é o lugar
dun drama ou traxedia
moitos pecharon e outros
penan nas rúas e prazas

nos lugares que poden abrir
en cafés e tabernas hai fitas
e barricadas de seguridade
para que non ocupes a barra
e non te sentes nunhas mesas
e hoxe na miña cidade
como en moitas so podemos
empregar parte das terrazas
e se cadra os lavabos
até as seis da tarde


en dous dias na galiza
haberá máis restriccións
e as terrazas pecharán tamén  
pero isto so servirá de algo
se pecha todo o non esencial
desde as fábricas de coches
até as tendas de roupa
e perfumerías

as nosas rúas e prazas
apestan a dramas e traxedias

 

 

25-1-2021

máis illa que salvador


o señor salvador illa
desde que chegóu o virus
que de antes non podo falar
sempre foi máis unha illa
illada do continente-realidade 
que un ilumidado salvador

demasiadas meteduras de pata
volantazos e deixadeces
del e do seu escudeiro simón
moitas delas difuminadas
pola peor xestión da pandemia
da sua veciña señora de ayuso

non dimitíu cando llo pedían  
e o filosofoportunista ministro
agora é un cobarde que foxe
dun dos peores momentos
desta pandemia sanitaria e social
e quere ser salvador de catalunya
pero non deixa de ser unha illa
que perde extensión pola subida
do mar polo cambio climático

 

24-1-2021

árbores derrubadas



a gran nevada
algúns alcaldes
e os temporais destes días
derrubaron moitas árbores
unhas mortas polos lumes
dos ultimos anos

pero cheas doutras vidas
e outras árbores
moito máis vivas ca nós

23-1-2021

os listillos das vacinas


primeiro foron uns alcaldes
logo un consejero e esposa
e mais funcionarios da conselleria

de sanidade pero non de solidariedade

e seguiron por todo o pais parentes

de vacinados uns secretarios

e toda clase de oportunistas
e os últimos un da sotana
e un peixe gordo do exército
que se adiantaron que se colaron
para poñer a vacina

e hai quen di de non poñerlle   
a segunda dose da vacina
pero isto seria malo para todos nós 
eu retirariaos da sanidade pública
e que pagasen todas as doses
das persoas que ían antes ca eles





21-1-2021

porcos bravos e sapiens

 


no regueiro do monte
os chamados porcos bravos
teñen un lugar especial
para embadurnarse de lama
e logo se refregan
no tronco dunha árbore

polo regueiro baixan
tristes plásticos botellas latas
trapos … da aldea dos sapiens  
deses bichos domesticados 

e no monte
cando marchamos os homos
anoitecendo os porcos bravos
baixan ou suben aos poulos
buscando algo de comida
na terra que era deles
e cando se retiran non tapan
os moitos bucacos que fan
pero os porcos bravos saben
que nós somos moito
máis porcos ca eles

 

 

18-1-2021

caravana de migrantes


unha caravana de migrantes
centroamericanos choca
coas forzas de represión
na fronteira guatemalteca
cando queren sair de honduras 

o seu soñado destino
é país de obama-trump
pero antes deben chocar
coa fronteira do país da malinche
cando na migrantes caravana
xa haberá moitas guatemaltecas



caravana de migrantes
golpeados i escluidas
vós soñades cunha vida
sen patróns e sen tratantes,
desde sula a río grande
avanza esta caravana
polas rexións destrozadas
por virus e furacáns
violencia e capital
so lles queda a esperanza    


 

 

17-1-2021

tres desgracias


o virus a nevada trump
a nevada trump o virus
que fixemos e que facemos ?
con trump o virus e a nevada

estas son as noticias
que mais tempo ocupan
estes dias nos medios

e se cadra as tres teñen
a mesma cruel orixe
a nosa sociedade decadende
e o noso consumo atroz 

tres desgracias con parecida
incompetencia para resolvelas
emerxencia climatica e social

 

 

15-1-2021

a desfeita e a vida


outro río contaminado
outra selva arrasada
outro petroleiro derramando...
pero aínda que a vida
sempre volta e vence
o prezo é demasiado alto
neste planeta envolvente

 

 

 

13-1-2021

anaco de granito



anaco de granito
chantado no campo
polo vento e a chuvia
con forma sensual tallado

tallado anaco de granito
pola natureza lentamente
cunha forma sensual
que cada día florece

por freixo