Agosto 2020

31-8-2020

pel con pel


pel con pel
chamábase un espacio
de afectos e creatividade
para nenas e cativos
criar amar xogar
puña debaixo do nome

o fermoso lokal

por esta pandemia 
tivo que pechar
e dúas mulleres
recolleron esta mañán
as súas últimas cousas
mentres unha cativa
parecía que quería xogar
cos frascos de limpeza
que paradoxo

nenas e cativos

non son tempos
para pel con pel
man con man
cara con cara
non son tempos
para to-car-se
para apertas e bicos
e medrar en liberdade

 

 

 

30-8-2020

avenida da sanidade publica

 

en cádiz mudaron o nome
da avenida do fugado borbón
pola avenida da sanidade pública
coa necesaria polémica e criticados
polos mesmos que venderon
a nosa golpeada sanidade

ademáis de borbóns varios
e outros inxustos monarcas
aínda que é unha redundancia
e asasinos militares
e conquistadores
nas nosas cidades tamén
hai rúas da independencia 
da constitución da paz ...
cousas pouco tanxibles
e mesmo polémicas
pero tardóu en chegar
a sanidade pública
aos nosos rueiros 

 




28-8-2020

a terra vida destrucion e vida


a lava dun volcán
sae cunha temperatura tan alta
que podería fundir un ferro
deixar en cinzas a unha persoa

non esquezamos nunca
que este planeta é un ser
como un inmenso ser vivo
que construe e destrue
e construe máis vida
co seu variado ritmo
dun xeito natural
cunhas reglas non escritas
e non coma nos os humanos
que probocamos moita máis
destrucción e morte que vida

 



24-8-2020

poética do espaço vivo



o espaço vivo
no solpor do sábado

foi ocupado por tres voces
que deixaron a súa palabra

os indixenas carballos
e os invasores arcolitos
tampouco saen na foto
nen as hortiñas ecolóxicas
a cea de vexetais
o son das veciñas campás

o canto dos paxaros

e outras tres voces máis

no micro aberto


tamén tedes que imaxinar
ao querido público
a amiga organización
as obrigadas mascarillas
e as cálidas palabras
que na noite seguiron

 

do recital con

abilio e alfonso

e eva serxio e ana


manolo pipas




22-8-2020

a flor de gabo e mercedes


a rosa marela de gabo e mercedes


               na morte de mercedes barcha

o escritorio de garcía márquez
sempre tivo unha rosa marela
para acompañar as gabas palabras
cando camiñaban as súas novelas

na súa casa de méxico e antes
en parís barcelona en cartagena
non faltaba a flor dos bos presaxios
que puña mercedes musa e compañeira
e mesmo morto o escritor a rosa
marela logo foi velando a súa ausencia


manolo pipas 

 

 

 

21-8-2020

o fugado e outros pelexos


antes de ir al exilio
yo me pego un tiro
dixolle a un amigo o emérito
pero debeu perder a escopeta
a vergoña e o valor

pode haber monarquías repúblicas
e repúblicas absolutistas e dictatoriais
escribíu un catedrático emérito
e ex-ministro de xustiza
e comparto a segunda frase
máis non a primeira

persoeiros da ucd o psoe e o pp
asinaron un manifesto de apoio ao borbón
ex-vicepresidentes ex-ministros ex-alcaldes
ex-presidentes de autonomías
e outros cargos con bo pelexo
para entendernos moitos incompetentes
un feixe de corruptos algúns represores
varios ladróns e o criminal de martín villa


un con memoria



20-8-2020

ollando pra ría


na pasarela ollando pra ría
tres vellos están acollidos
debaixo duns piñeiros
vellas historias do mar
de luras da vida e da morte
conta o vello mariñeiro

no bar escola náutica
sona o vello bob marley
non   non chore máis
non   non chore máis...

 

 

20-8-2020

parece que sobramos


baixo unha chuvia miúda
fun camiñar pola praia
case baleira de humanos
que pouco facemos falta
máis ben sobramos



19-8-2020

repichoca poética



repichoca poetica
lixo capital colapso virus …
recital no espaço vivo
eido xandoval venda-nova
salzeda de caselas
venres 22 as 20.00
abilio  alfonso rodríguez
manolo pipas e micro aberto
e logo cea popular vegana
inscripción previa
no 622193026
e faite socia
da ofizina cultural

 



18-8-2020

zaldíbar emiratos zarzuela


no vertedoiro de zaldíbar
apareceron restos óseos de humanos
que poden ser dos dous traballadores
arrastrados polas irregularidades
da empresa e do goberno basco
no derrumbe de hai seis meses

apareceron tamén parte
dos restos da monarquía española
nos seus amigos emiratos árabes
o borbón fugado din que está vivo
pero diso aínda non hai probas
o máis golfo dos borbóns
fuxiu pro golfo pérsico

as dúas novas na prensa
aparecen na mesma páxina
pero hai máis lixo nos borbóns
que no vertedoiro de zaldíbar

o cronista

17-8-2020

leonor sen os contos do avó


coitada nena coitada
xa non ten ao seu avó
contándolle as historietas
de mortadelo e filemón
da banda de alí babá
e os corenta ladróns
infantas con deportistas
e príncipes con dragóns
de nobres e bandoleiros
do tempo de napoleón
coitada esta nena loira
sen os contos do señor
coas súas xestas africanas
cando  era  cazador
e cos mares conquistados
co elcano e co bribón

de palacio en palacete
coitada neta leonor
sen o seu avó querido
que se perdéu cun avión
en que país non se sabe
non se sabe en que mansión
trece días ya perdido
que llamen a lobatón
tendrá frío el abuelito
pasará mucha calor?
fáltalles  o  patriarca
o máis grande dos borbóns
pra contarlles batallittas
da franquista transición
cos seus compinches suárez
fraga  felipe  e  pujol

leonor que coitadiña
fáltalle o avó juancar
cos relatos de princesas
e piratas de ultramar
de marbella a melilla
de estoril a gibraltar
de sanxenxo ao caribe
de mallorca a dubái...
seica teñen pouca chicha
os contos do seu papá
que xogue a polis e cacos
cos seus queridos curmáns
cos pillos urdangarinos
e o campechano froilán

coitadiña a leonor
sen os contos do avó

manolo pipas

16-8-2020

tristes camiñamos


tristes camiñamos con mascarillas
elas máis ou menos apretadas
tapando parte das nosas caras
pero o trapo tamén nos tapa
boa parte da tristura humana