Agosto 2020

14-8-2020

a nena sen os contos do avó 1


coitada a nena coitada
xa non ten ao seu avó
contándolle as historietas
de mortadelo e filemón
da banda de alí babá
cos seus corenta ladróns
infantas con deportistas
e príncipes con dragóns
de nobres e bandoleiros
do tempo de napoleón
e lendas dos sere mares
do elcano e do azor

coitada esta nena loira
sen os contos do señor
coas súas xestas africanas
cando  era  cazador...
coitada suspira a neta
sen o seu querido avó
que contan que se perdeu
que se perdéu cun avión
en que país non se sabe
non se sabe en que misión

trece días ya perdido

que llamen a lobatón

tendrá frío el abuelito
pasará mucho calor?

continuará


12-8-2020

necesaria chuvia


logo de corenta días
de calor seca e lumes
voltóu a rica chuvia
a terra a pesares de nós
segue regalándonos vida

 

 

11-8-2020

de borbóns e guillotinas


franceses son os borbóns
igual que aquel que os conquistóu
o chamado bonaparte napoleón

e logo de moitas broncas
a hoxe mal chegóu
a borbónica monarquía
ai se naquela guerra e conquista
rodaran os cabezóns
de todos os borbóns
empregando a madame guillotina

un afrancesado

 

09-8-2020

espaço vivo salzeda



a ofizina cultural
venda nova de salzeda
abre o seu espaço vivo
coas efémeras choqueiras
nun eido ben desbrozado
coitadiñas das silveiras

necesario espaço vivo
graciñas a serxio e eva
cultura comunitaria
con choqueiros e beretas
venceremos ese virus
se coidamos do planeta

na oficina cultural
seguimos con cea vexeta
das hortas dos arredores
e algunha cousa allea
outro sábado voltamos
con máis versos pola terra

rimas manolo pipas
foto abilio rodríguez


 

08-8-2020

fuga madri sanxenxo vigo...


seica foi a rota do fugado
madrid sanxenxo vigo …
que foi visto no aeroporto
e que des-honra pra nosa terriña
recibir a ese corrupto
e decíase que fora cara portugal
pero non lle pega unha república

dun país que tumbóu unha dictadura
e xa se fala do reino-dictadura
ultramachista dos emiratos árabes
dirixida por asasinos
como o espacio de acollida
do corrupto pai do rei de españa

lugar que lle pega mui ben 

entón en sanxenxo visitóu
aos seu queridos amigos navegantes
pero en vigo que falta de respeto
non chamar ao alcaldísimo
para saudalo e que lle pagase
unha respetable mariscada

o cronista


06-8-2020

do fillo do fugado


acabada a súa xira triunfal
por todos os seus dominios
rexións autonomías e nacións
sen estado submisas ou rebeldes
e despois de pactar-obrigar
a fuxida do seu pai a outro país
o herdeiro de franco deixa
o seu palacio do reino de castilla
e vaise de vacacións ao seu palacete
nas illes do reino de aragón
dese estado fallido de espanya


o cronista


04-8-2020

e o fugado onde está ?


e para onde fuxiu
onde está fugado o señor ?
no reino do colega marroquí ?
no veciña república portuguesa que si
foi capaz de derrubar a dictadura
na bananeira república dominicana ?
na seu querido reino de arabia saudita
ou nalgures coa súa corina querida ?


o cronista



03-8-2020

o gran corrupto fugado


o posiblemente home
máis corrupto e ladrón do estado
español fuxindo da xustiza
fúgase do seu reino
cos medios e os aplausos
dos aparatos e as cloacas do estado
mandando unha carta de despedida
ao seu posible complice máis grande
e fillo que segue sentado na poltrona
que lle resposta cun agradecemento

os dous cobardes e hipócritas
non contan a que pais
se dirixíu o fugado da xustiza


non foi o primeiro nen o segundo

nen será posiblemente o último

borbón que se fugue


a herdeira do franquismo

a monarquía está cagada
o virus é a monarquía

 

 

 

02-8-2020

a pegada de carbono


a pegada de carbono
que nós deixamos na terra
arrasa a vida do globo
imparable a súa desfeita