Xuño 2020

29-6-2020

suben as augas


navegamos no medio
dunha grande emerxencia
climática-humanitaria
e están subindo as augas
e o pouco que facemos
facémolo mal e tarde

imaxinádevos que as augas
van subindo máis apresa
das prediccións dos expertos
pero non so nas nosas costas

imaxinádevos
regueiros de augas subindo
en todos os lugares do planeta
poboados pola humanidade
nas costas nos vales nos altiplanos …
e que esas augas matan a algúns de nós
a miles de nós mentres os que mandan
segue mirando para outro lado



27-6-2020

as cativas e as aves


na terraza dunha cafetería
que da a praza-parque da miñoca
dúas cativas perseguen e espantan
as pombas e pardais unha e outra vez
espantado estóu eu da pasividade
das ocupadas adultas coas súas cousas
seila mira aí va una
dille unha cativa a outra
niñas por aí no que pasan coches
por fin reaccionan as pijas nais



23-6-2020

solsticio lumes


solsticio de verán
noite das fogueiras
pero mellor sen lumes
mentres as inxustizas
seguen a queimarnos 

 

 

22-6-2020

alarmado solsticio


o solsticio o verán
e o propio planeta
seguen alarmados
e medra a desfeita
máis no mar e na terra
que nos humanos

 

20-6-2020

caras e mascarillas 2


ese virus non se ve
e por iso poñemos
as mascarillas tapando
os narices e as bocas

pero hai algo moito máis
grave que o corona-virus
que non se quere ver
polos que tapan os ollos
algo do que non se quere oir
polos que tapan os ouvidos
sen necesidade de máis
grandes mascaradas
os estragos da nosa sociedade
de cousas de mínimo uso
consumidas sen sentido
e tiradas por todas partes

din que mañán
é solsticio de verán


18-6-2020

poesía e trova desconfinando


               a pablo vila


a poesía e a canción de autor
logo de tres meses e pico
confinada nas nosas casas

alarmada e desconfiada
voltóu aos micros abertos
do uf negra sombra esta noite

poemas e trovas desconfinando 

as caras con mascarilla

o micro coberto por un plástico

que se tira con cada uso

pero podes non empregalo


rimas e cronikas do que vos fala

e os compas cantaron a lorca
a zeca afonso e a mendinho
grandes voces doutros tempos
palabras con novas lecturas
con novos matices e aires
textos pra novas reflexións


manolo pipas



15-6-2020

rio pontes pantasmas



a vella ponte de granito deixamos
cos seus fantasmas do medievo
e da guerra do trinteseis
e seguimos camiñando
sobre unha ponte de madeira
de non sabemos que árbores
cruzando o chamado río lagares
debaixo dun grandote chopo 
que tamén saúda aos camiñantes

 

 

13-6-2020

negros e casa branca


pola memoria e a xustiza
nos paises do dolar e da libra

son derribadas estatuas
de esclavistas e colon-izadores
e son silenciadas películas
e outras obras racistas

pero o edificio máis grande
dos colonizadores imperialistas

é ese imperfecto pentágono
e o monumento máis noxento
dos racistas é a casa branca


11-6-2020

saude e sorte


sen apertas e sen bicos   
vin a unha amiga onte
e falamos de vagar
do virus a vida e a morte
cada un cos seus pantasmas
se cadra non pasóu lonxe
moita xente conta o mesmo
de este a oeste de sur a norte
calquer día isto reventa
non estamos para flores
sen despedirse dos seus
as familias que se rompen

uns manteñen as distancias
outros tentan os rebrotes
chegóu xente da meseta
sen permiso nos seus coches
dime ela que os viu nas praias
confirmados os rumores
entre o dereito e o deber
non hai memoria das mortes
e os virus coma sempre
golpean á xente máis pobre
os invisibles contaxios
que eles baixen coas calores

vai un bico polo aire
e aperta virtual ben forte
cando xa nos despedimos
decimos saúde e sorte

manolo pipas

09-6-2020

a ponte sen río



baixo a ponte medieval
do lagares por balaído
xa non pasa o propio río
e pola secuestrada pedra
xa ninguén camiña
agás pombas e pegas
buscando a súa comida


 

08-6-2020

terrazas perdido e gañado



terraza deriva da palabra terra
pero a maioría das nosas terrazas
tapan o rico humus con materiais
producto do estrago da natureza

e nesta nova a-normalidade
as terrazas dos locais van ocupando
índa máis espacio das tristes beira-rúas
e das nosas prazas e parques
pola saúde e o traballo

isto escribo tomando algo
nunha mesa dunha cafetería
nesta terraza mentres disfruto
do brincar e camiñar de pardais e pombas
e das vistas da marxinada ponte medieval
das árbores sobre o sucio río lagares
dos coitados edificios e das nubes 
neste novo espacio público
perdido e gañado


06-6-2020

contaxioso feminismo


as manifestacións do 8 de marzo
puderon ser lugares de contaxio
pero o feminismo sobre todo
contaxia boas ideas e accións
e mellora e salva vidas

e eses espectáculos de masas
como o futbol profesional os touros
os mitines de vox os desfiles
militares as misas e as procesións...
tamén son posibles lugares de contaxio
de virus inxustizas machismo e violencia
e demostrouse nestes tres meses
que sen eles vivimos mellor

pola vida e a xustiza
8 de marzo activo sempre