Xuño 2020

05-6-2020

do virus machista


no tempo do confinamento
os confinados machistas
pasaron demasiado tempo
coas súa coitadas parellas
e subiron as agresións

polas súas agresións sexuais
en pozoblanco en 2016
o soldado e outros tres membros
da chamada manada foron
sentenciados a pequenas penas 

o virus machista segue
activo na chamada xustiza

o cronista


04-6-2020

ultima prorroga da alarma


desconfinando e negociando
goberno e apoios coa peste
uns votos que se piden e votos
que a cambio de algo se ofrecen
e as cayetanas e os abascales
entrar neste xogo non queren
seguen coa violencia da palabra
de vida e ética non entenden

última prórroga da alarma
di ese alarmado presidente
ese que ten pouca palabra
dependerá do que faga a xente
os nosos dereitos suspendidos
xa logo cumprirán tres meses
a nova realidade é máis inxusta
e dificil a cura pras outras pestes

o cronista


03-6-2020

perigosos poemas



os mesmos poemas impresos
que repartín as compas farmacéuticas
no centro de saúde e noutros espacios
peguéinos na rúa en varios lugares
e repetidas veces os papeis
foron arrincados e non para lelos
como podedes ver na foto
e a ver quen se cansa antes

o cronista


02-6-2020

do virus do racismo ianki


un novo negro asasinado
lentamente por un policía
e rápido corréu a grabación
polo terrorífico país de trump
rápido corréu a indignación

non podo respirar clamaba
o afroamericano indefenso
cos policías enriba del apretando
nese cruel país de obama-trump
o seu pescozo e o seu peito

protestas e a represión desmedida
e xa van varios mortos nestes días
e máis palabras e accións incendiarias
do presidente que espallóu o covid
nese terrorífico país de tantos virus


rodeada a casa branca

por pacíficos manifestantes

contra a élite dos pistoleiros

cobarde presidente no bunker

que pensa mandar o exército

un novo negro asasinado
nas terras estado de minnesota
moitas augas na lingua sioux
augas manchadas de sangue de novo
outra vez polo racista terrorista imperio

o cronista


01-6-2020

desescalada e loito


vaise maio chega xuño
sen bicos sen abraçadas
fase a fase avanzamos
cas mesmas sombras humanas
e desescalando en festas    
das terrazas até as praias
non hai memoria das mortes
ai queridas sanitarias
novos casos novos focos
vida en permanente alarma

o loito oficial do estado
unha nova mascarada
na moncloa e na zarzuela
nas infectadas bancadas
os deputados a insultos
sen respeto as sanitarias
e dos fachas van saíndo
as peores sombras humanas
non hai memoria das mortes
que fale a marea branca

 

o cronista