Xullo 2020

31-7-2020

palmeiras e araucaria



palmeiras e araucaria
as pequenas na beira-rúa
e a grandota no parque
e as tres sofrindo
a agresiva cidade

 

 

28-7-2020

da gripe a ao covid


cando se empezóu a falar
da chamada gripe a
eu regresaba duns meses
de activismo polos méxicos
e algúns que o descobrían
se espirraba mirábanme mal

cando vou pola rúa
sen poñer a mascarilla

con varias distancias sociais
alguns non me miran ben
alguns que se apartan

o medo
e o control social
seguen avanzando



25-7-2020

a matria e os dominios


outro 25 de xullo

na terra dos castros

e dos mil ríos
galiza a matria
de castelao e rosalia
pero deixemos os soños
e falemos da realidade
o país do arcolito
dos lumes e do chapapote
galicia os dominios
dos franquistas do pp
e segue a resistencia

 

 

23-7-2020

galaxia ese barco


setenta anos de galaxia
tempo abondo unha vida
a decana editorial
ten moita sabiduría
un vintecinco de xullo
con prosa e con poesía
foi botado este barco
na compostela franquista
por galeguistas prudentes
con loas a rosalía              

este barco de memorias
do sarela foi pros mares
tocóu portos subiu ríos
fixo moitas amistades
mais tamén pechóu as portas
a outros patriotas pensares
sacando algo de borralla
con piñeiro e con freixanes 
toca agora ao fran castro
maniobrar con esta nave

setenta anos de galaxia
tempo abondo unha vida
a decana editorial
ten moita sabiduría...

 

 

20-7-2020

pombas e humanos



este mínimo parque
so tres árbores e as pombas
e os bebedeiros e comedeiros
que lle repoñen os humanos

 



17-7-2020

coitado novoneyra


din os soños e os paxaros
a morte non é certo

os versos de uxío novoneyra
estampados nuns trapos de zara

soños e sobre todo pesadelos
teñen as explotadas por esa marca

 



15-7-2020

loureiro e buganvilia

 


a árbore e o arbusto
o grandote e indíxena loureiro
ofrécese a foránea buganvilia
para que esta gañe altura
e combine co seu verde

 

 

13-7-2020

suicida pais


este decrépito
e suicida país
segue camiñando
cara o abismo



12-7-2020

votando botando

 

 

as crianças do tempo do chapapote
están a votar por primeira vez

 

que se pode votar en 15 minutos
foi a mentira máis pequena
da campaña de feijóo
eu fixeno en media hora
outros faráno en hora e media
e como non espabile

a desorganización
as oito da tarde miles
van ficar fora coa papeleta


curiosa democracia

que lles proibe votar

aos contaxiados do covid

nen por correo nen índolles

polo sobre á casa ou hospital

 

no tempo do prestige
debimos botalos ao mar

o chapapoteiro


11-7-2020

virus verin burela


a nosa sanidade pública
neste último ano
estivo simbolizada por verín
ao que a xunta quería
roubar o seu hospitaliño
e as movilizacións evitárono

nos últimos neses a nosa sanidade
estivo marcada polo virus
e as mortes das residencias privadas
premiadas polo pp de feijóo
e agora polos contaxios
de burela e da mariña
e da chapuza do goberno

entre verín e burela
debería estar a tumba do pp
pero …

o cronista

11-7-2020

as cousas das cativas



fermosa e curiosa
construcción das cativas

se os maiores aprendéramos
un pouco delas

na miñoca

 

 

09-7-2020

e quen nos coida agora ?


sentado no bus
coa apretada mascarilla
igual que unhas vinte persoas
no traxecto de ida
e logo no de volta
penso nos ultimos anos
do tempo chapapote
entre lariño e lira
sentados varias horas
limpando pedras
de todos os tamaños
protexidos polas mascarillas
e coidados polo ferido mar

pero o mar
xa está farto de nós
e quen nos coida agora ?