Novembro 2020

30-11-2020

cecilia


as cordas da túa guitarra
e as teclas do piano
proféticas e tráxicas
cecilia nos teus cantos
como se laian

 

 

29-11-2020

unha erviña



mínimo espacio de terra
para unha pequena erva
na memoria das viñas
unha grande alegría

 

 

27-11-2020

teitos e inxustizas

 


na cega e inxusta cidade
de vigo dúas horas e cen metros
separan ou máis ben unen dúas
concentracións de solidariedade
en dúas prazas do casco vello

as seis da tarde apoio
a mulleres e homes sen teito
no dia internacional
das persoas sen fogar
e as oito xa de noite
apoio a persoas que teñen
un teito que non quixeran 
presas por ser independentistas

no primeiro evento
palabras e cantigas
na segunda faixa
longos silencios

pero nas dúas concentracións
estan a denunciar o mesmo
a falla de xustiza

imaxe do solpor de onte
lentamente ardendo  

 

 

26-11-2020

palabras do covid


tempo do corona virus
a distancia a-social
mascarillas e mascaradas
confinamentos e restriccións
as fases e os desfasados
positivos e asintomáticos
o estado con malos síntomas
hai que dobregar a curva
e outros queren dobregar
aos ministros e ao goberno

confinamentos e restriccións
incidencia acumulada
indecencia acumulan
moitos gobernantes
e moitos da oposición

alarmas un dous tres e catro
con riscos baixo medio
alto e extremo
e os de risco extremo porque
non teñen confinamento mais extremo

 

25-11-2020

canción sin miedo


Que tiemble el Estado, los cielos, las calles
Que tiemblen los jueces y los judiciales
Hoy a las mujeres nos quitan la calma
Nos sembraron miedo, nos crecieron alas

A cada minuto, de cada semana
Nos roban amigas, nos matan hermanas
Destrozan sus cuerpos, los desaparecen
No olvide sus nombres, por favor, señor presidente

Por todas las compas marchando en Reforma
Por todas las morras peleando en Sonora
Por las comandantas luchando por Chiapas
Por todas las madres buscando en Tijuana

Cantamos sin miedo, pedimos justicia
Gritamos por cada desaparecida
Que resuene fuerte: ¡Nos queremos vivas!
¡Que caiga con fuerza el feminicida!

Yo todo lo incendio, yo todo lo rompo
Si un día algún fulano te apaga los ojos
Ya nada me calla, ya todo me sobra
Si tocan a una, respondemos todas

Soy Claudia, soy Esther y soy Teresa
Soy Ingrid, soy Fabiola y soy Valeria
Soy la niña que subiste por la fuerza
Soy la madre que ahora llora por sus muertas
Y soy esta que te hará pagar las cuentas

Justicia! ¡Justicia! ¡Justicia!

Por todas las compas marchando ...

Cantamos sin miedo, pedimos justicia...

Y retiemblen sus centros la tierra
Al sonoro rugir del amor
Y retiemblen sus centros la tierra
Al sonoro rugir del amor
Y retiemblen sus centros la tierra
Al sonoro rugir del amor

vivir quintana

cantiga estreada no zócalo
de cidade de mexico por mon laferte
vivir quintana e o coro el palomar
o pasado 8 de marzo

 

 

24-11-2020

estampa



parece que vai chover
e logo cairon
unhas poucas pingueiras
e un vento frío

 

 

 

22-11-2020

querida lúcida nuria


  a nuriña e begoña cris lira
  mamer larri xan alex uli
  e toda a factoría

querida lúcida nuria
outro ano seica vai
día a día noite a noite
seguimos a camiñar
e as túas compas xa ves
como a foron a liar

un video de afectos

teatriños e recital...


desta volta que che conto
non hai cea nen xantar
agardemos que ese virus
nos deixe outro día xuntar
que vaian ben eses rizos
tan rebeldes como o mar 
os bicos mais as apertas
terán que ser virtuais

 

o das pipas 

22-11-2020

falsos nomes


porto alegre brasil
un dos portos e cidades
das máis tristes do mundo
e se cadra xa o era antes
do brutal asasinato do negro joâo

as illas canarias
que non europa en áfrica
non son as illas afortunadas
pero teñen máis fortuna
que as veciñas costas africanas

a estatua da liberdade
está nun dos estados
menos libres do globo
que é o país que máis
agrede a liberdade dos outros

 

21-11-2020

como pedrafitas



como se fosen pedrafitas
alguns cachotes dos muros
memoria doutros tempos e vidas

na ghaspara 

20-11-2020

vinte ene confuso


vinte ene cos franco
pasando os últimos días
nas torres pazo de meirás

vinte ene sen o asasino
presidindo o arco de triunfo
en forma de cruz do valle 
por segundo ano consecutivo
en corente pico anos
da chamada democracia

e morren por sacar os tanques

e vinte ene co herdeiro
do dictador fugado
e nestes últimos anos
o virus do neo-franquismo
non paróu de medrar na rúa
e nas institucións


a fundación francisco franco

legal por la gracia de dios

fáltalle o f de fascista


vinte ene mui confuso




19-11-2020

ritual do café


algúns días á semana
e a diversas horas
tomar un café con leite
ler algún periodíco
e se cadra escribir
un poema ou crónika
nunha cafetería
era un ritual

 

 

18-11-2020

dúas cabuxas



camiño das ghasparas
dúas cabuxas saúdanme
case todas as tardes
que paso polas rumiantes

cando están fora a nai
está atada por se foxen
pero hoxe o saúdo é queixa
por estar as dúa presas