Novembro 2020

17-11-2020

vinteseis aneis




vinteseis aneis conto
no tronco do caido piñeiro
cando tiña uns dez metros
de altura sobre o chan do poulo
pero a parte baixa do tronco
sen cortar ficará entre os fentos


polos distintos aneis do tronco 

vemos que houbo neste tempo

uns anos mellores ca outros 

na ghaspara

17-11-2020

ferreiriños e merlo



dous alegres ferreiriños
de pola en pola do carballo
e un rápido merlo
voando baixo
chío a chío
por freixo


chan da ghaspara

 



16-11-2020

unha nova tenda


un cartaz na porta
dunha tenda anuncia
que abren outro espacio

noutro barrio desta cidade
hoxe  dezaseis de novembro
cos bares pechados é un bo día
para abrir unha nova tenda de alimentos

15-11-2020

modernas esculturas


a autoridade portuaria
de vigo do pp inauguróu
na estación marítima
unha escultura de homenaxe
aos soldados da guerra de cuba

concello e deputación do psoe
van inaugurar outra escultura
do sagrado corazón de jesús
no monte da guía

parece que xogan a quen
é máis patriota e máis moderno
o pp quedóu nas últimas colonias
e o psoe uns séculos atrás



14-11-2020

humanos cans parrulas


sobre un tramo do lagares
pasean humanos con mascarillas
e cans con bozais ou non
na auga dúas parellas de parrulos
e fálolles pero non din nin cúa

 



13-11-2020

naufraga a sociedade


a nosa sociedade
naufraga cada día
nas praias e nas fronteiras
nos campos de desprazados
nos peiraos de persoas almacenadas

 

 

 

13-11-2020

café para levar


café para levar
pon fora nun bar do barrio
pegado a outra cafetería
que non abre desde marzo

collín e levei un café
apoiando a causa perdida
pero uns días despois
volvín con culleriña e taza

 

12-11-2020

fermosas setas



comestibles os velenosas
fermosas estas setas
pero tanto me ten o detalle
que non me vou meter con elas

 



11-11-2020

climatica certeza


emerxencia e alarma
e desfeita climática
e non hai dúbidas
é unha certeza
que camiñamos
cara o abismo

 

 

 

10-11-2020

virus certezas e dubidas

 

do virus aínda pouco se sabe
e mentres aumentan as certezas
tamén hai cada vez máis dúbidas
do seu contaxio e das secuelas

e este virus vai mutando
golpeando tamén a ciencia
que tamén dubida nas vacinas
e segue medrando a desfeita



 

 

09-11-2020

por tres cafés


hai tres días
tomei tres cafés
na mañán tarde e noite
en tres cafeterías do barrio
e lin tres periódicos
e deixei tres propinas
na mañán tarde e noite

que baixe o virus e volten
os cafés en trinta días

 

 

07-11-2020

isaac diaz pardo


isaac díaz pardo
díaz pardo cen anos
artista pensador mestre
e un dos homes
con máis ética deste país

seica no gaiás

na chamada cidade

da cultura expoñen

a súa grande obra 

nese mamotreto
e na súa consellería
non hai ética ningunha