Maio 2021

31-5-2021

terra auga aire

 



o chan da de comer aos vexetais
as nubes e os regos danlles auga
o vento vai renovando o aire...

e as árbores danlle coberta
aos vexetais máis pequenos
e como irmás maiores
coidan deles

na ghaspara

 

 

29-5-2021

polos saharauis libres


o deserto e o mar
e a lúa e a estrela
amigo pobo saharaui
roubáronche a terra

neste fallido estado
que che abandonóu
marchas na túa defensa



28-5-2021

que fas catalunya


que fas catalunya ?
que caminyo segues ?
cun pacto de conveniencia
da esquerda e dereita
e extremadereita catalana
e eses mosos represores

con ser republicanos
non abonda

que fas espanya ?
cos indultos non abonda
mentres siga esa xustiza
post-franquista

 

 

27-5-2021

a palabra e o sistema


a palabra comunal
de raices mui lonxanas
trae o veleiro montaña
do outro lado do mar,
a historia é unha espiral  
que avanza lentamente
e o mundo será diferente
se arranxamos o problema,
se muda todo o sistema
sálvase o medio e as xentes

 

 

23-5-2021

na revolta lacandona



sementeira pola vida
polo berbés na revolta
do revés patas arriba
a festa da lacandona

camiñantes somos todas
micro aberto até chiapas  
navegando contra rumbo
á atoparse coa montaña

na revolta do berbés
arribada zapatista
caracois e paliacates
subíronse á tarima

indíxenas somos todas
platican bailan cubanas
cos galaicos e coas pibas
mapuches e colombianas


un camiñante


22-5-2021

caravela e zapatistas



en baiona hai un veleiro
que caravela lle chaman
coas súas sucias entrañas 
do falso descubrimento,
aqueles estraños ventos
trouxérona a baiona
que hox vive como propia
esa festa da arribada,
derruban a mascarada
as compas da lacandona

cinco seculos pasaron
e as compitas zapatistas
devolvennos a visita
e nos somos conquistados
por unha monta barco
por un veleiro da vida

 

 

21-5-2021

durito e o veleiro



na cuberta do veleiro
que lle chaman a montaña
durito rasga a jarana
mentres vai fiando versos,
este marino universo
nos pone en nuestro lugar
miedo no da naufragar
entre algas i ballenas,
que salga la luna llena
que es tan grande como el mar 

durito da lacandona
este cabaleiro andante
vai sen o subcomandante
esa parella chingona,
o durito baixo as lonas
segue improvisando rimas
nos falta el de la pipa
ay mi querido escudero,
pero allá el escribe cuentos
de esta gira por la vida

nitu nitu


19-5-2021

o veleiro e a ceiba



o mastro do veleiro
non é dunha ceiba
a árbore totémica maya
e moito mellor así 

e nese barco montaña
sementes tampouco traerán
traerán a semente
da sua comunitaria palabra
e quererán coñecer
as árbores e os froitos
das nosas tribos



 

18-5-2021

ceuta marrocos sahara


ceuta é veciña
da vila marroquí de castillejos
un nome da herdanza
da criminal colonización española
de onde saen os migrantes africanos...

esta chamada crise migratoria de ceuta
é un máis dos problemas e traxedias
que se herda da colonización
do franquismo e da transacción monárquica
deses borbóns que tan boa relación
tiveron e teñen cos monarcasdictadores
asasinos e imperialistas de marrocos

nen guerras que nos maten
nen falsa paz que nos oprima
abaixo todas as fronteiras
sahara libre

 

 

17-5-2021

da estrela de xela


festival tras festival
da poesía estaba xela
a súa voz escura estrela
vai enchendo todo o val

a roqueira e activista
nestas letras a homenaxe
con xela arias a viaxe
rápida e curta a súa vida

desde sarria a salvaterra
o verso de xela arias
vai derrubando as murallas
coa súa escura estrela



17-5-2021

guerra ou xenocidio


bombardear
un campo de refuxiados
non é unha accion de guerra
é e un acto de xenocidio

bombardear o edificio da prensa
avisando uns minutos antes
é un crime contra a verdade

xa é hora de que recollan    
na capital economica do imperio
os últimos escombros da sede da onu

 

 

16-5-2021

a groba non se vende


unha pequena serra
á beira do mar
unha das poucas
serras do país
sen muiños de vento…

a groba está ameazada
como a súa veciña
serra do galiñeiro
na que agora pararon
os esquiladores proxectos  

parou a chuvia
e agora andaredes
a camiñar na defensa
da serra cara o seu alto
 
sos serra da groba
a groba non se vende
as serras son de todas