Marzo 2021

29-3-2021

v(b)otantes e gobernantes


queridos consumidores-v(b)otantes
hai listas papeletas e eleccións
e eses listillos que so pensan
en non perder os seus sillóns
a campaña electoral farsa
esperpento e sen-razón
e hai resultados e elexidos
bastón de mando ai bastón
pero mandan os da banka
os milikos e a inquisición
pero non queiman os tránsfugas
dalles premio o seu confesor
bendita a partidocracia
da transacción dos borbóns

politicos e gobernantes
servir ao pobo o voso rol
as promesas incumplidas
e cada día como non
e insultan minten e rouban
na politica competición   
as sinaturas e os acordos
levaos a corrupción   

queridos consumidores-v(b)otantes
para que tedes a constitución?
o virus dos malos gobernantes
corrosivo virus que temos nós
bendita maldita partidocracia
da transacción dos borbóns

 

 

27-3-2021

romance dun mal actor


erase un actor libertino
especializado en culebróns
pero con mui pouca memoria
e que lle gosta sairse do guión
e vai mudando de papeis
muda de partido e de padrón
que valencia é a praia de madrí
como ben sorolla pintóu
e vai de cantada en cantada
pitos e aplausos da aficción
sete vidas ten este lince
adiantada semana de pasión 

erase un romeo botando flores
a marquesa de puerta del sol
hazme un sitito en tu lista
que me vale cualquier sillón 
do centro a extremadereita
xa pouco lle falta para vox

 

 

26-3-2021

de paus e troncos



unha morea de paus e troncos
piñeiros salgueiros e carballos
víctimas do lume e dos temporais

paus e troncos agardan o tractor
pero coidados por varias  árbores
que ogallá tarden en ser leña

na ghaspara




23-3-2021

triada de amieiros

 

 

triada de amieiros
da moo pra lagarella
á beira do regueiro


21-3-2021

triada de árbores



en primeiro plano dous freixos
os salgueiros darredor deles
e detrás arriba os amieiros

na bouza


20-3-2021

necesario equinocio



reptil sobre a casca
caída dunha conífera
absorvendo esa necesaria
calor do equinocio de primavera

20-3-2021

limitada eutanasia


aprobada a eutanasia
tarde pero por fin chega
unha mui limitada eutanasia
suicidio asistido din alguns
pero con esta pequena lei
seguirá habendo miles de suicidios
con moito sufrimento
cando o poderían facer sen sofrir

a igrexa que nos deixe vivir
e morrer sen meter as súas
sucias mans nestes temas

 

 

18-3-2021

canta a pedra coa auga

 

 

esta grandota pedra
do regueiro da ghaspara
escoitadea como canta
coa auga da floresta

16-3-2021

esa batalla de madri


esa batalla de madrí 
seica empezóu co voo
dunha volvoreta en murcia...

esa batalla de madrí
comunismo o libertad
di esa candidata facha
como no nodo do franquismo
pero as errejonas e os pablemos
pouco pasan de socialdemócratas

votaráse nos colexios públicos
e noutros espacios de papá estado
pero tamén habería que poñer
as necesarias e xustas urnas
detrás dos muros dos cimeterios
dos republicanos asasinados
e nas cunetas das desaparecidas
para subir un pouco o nivel
da liberdade e da democracia




14-3-2021

peores e máis sucios


o tempo do virus
ano e pico de pandemia

miles e millóns de mortes 
un ano do estado de alarma
con restriccións sen liberdades
confinamentos toques de queda...
e quedamos pero inda non saimos
imos e somos muito peores
e muito peor vai a humanidade
e sobre todo o planeta está
muito máis sucio e arrasado

 

 

12-3-2021

inés e a bisagra


inés arrimada inés 
andaluza catalana
a centrista ciudadana
entre o psoe e o pp

esta inés a brincadeira
que fuxíu de barcelona
en madrí máis dura lona
moitos golpes ela leva

inesita a liberal
tan arrimada a ribera
que cando ven unha chea
deixa votos pra abascal

mais inda non toca fondo
como haxa eleccións
cederálle outros sillóns
para ayuso e gabilondo

partido bisagra lindo 
ciudadanos comodín 
queremos murcia i madrí 
con quien pague el recibo


por donde se va pal centro
pregunta inés arrimadas
a centrista descentrada
ao seu querido espello

tanta bisagra e veleta
que pra moción de censura
uns tres centrados de murcia  
van mudar de papeleta

coitada inés arrimadas
no llegó con ayusazo
que también hai tamayazo
ai ribera que me matan


 


11-3-2021

isabelita de madri 3


a presidenta de madrí 
que a vox debe o seu sillón 
isabel de chamberí 
tenlle medo a unha moción
decapita a ciudadanos
e comboca eleccións
que desafinado el trío
de la foto de colón
como añoro aquel tiempo
del aparta-hotel de sol   


a trumpista do pp
desarrimada de aguado
a machista isabel
foxe do virus murciano
quere seguir no poder
co permiso de casado
fumiga ben a asamblea
e á dereita da outro paso
ai que blando es el almeida
que tendrá con ciudadanos?  
socialismo o libertad
o slogan do ayusazo