Abril 2013

30-4-2013

finais de abril da ria ao ulla




da ría ao val do ulla

vigo iria flavia codeso
vintecinco de abril sempre
rosalía e neira vilas tamén

eu que non estiven
na organización dos eventos
fun afortunado de ser público
e de recitar nos tres

da ría ao val do ulla
acabase abril e ven o maio
maio de traballo flores e coplas
seguiremos con máis cantos

acá na ría debaixo
dos montes alba e galiñeiro
unha aperta ao ulla e a memoria
da pena do corvo en versos

pipas


29-4-2013

entre codeso e gres balbino




o codeso é un arbusto

co que se van cestos
é unha erva de san xoán
o codeso é pura terra

codeso boqueixón
á beira do río ulla
e na outra beira do val
está gres noutro concello e provincia
a aldea de gres separada de codeso
esas cousas dos de arriba

codeso está debaixo
da memoria da pena do corvo
porque a pena a derrubaron
como sempre os de arriba
e codeso agasalla unha pedra de seixo
ao seu querido veciño de gres

a asociacion cultural e xuvenil
pena do corvo fixo unha festa
da palabra da musica do teatro...
e habia nenos mozos e vellos...
todas as xeracions do país
onte en codeso homenaxeamos
a xosé neira vilas e anisia

e ao neno balbino

manolo pipas

29-4-2013

tentaremos voltar




estas vías

pasan á beira
da casa rosalía

imaxe do sábado
da nosa partida
aínda que ningún de nós
colleu o tren desas vías
pero tentaremos voltar
con máis memoria e poesía

poetas




28-4-2013

na casa que queremos sempre nova




miña casiña meu lar
casa que queremos sempre nova

poucas veces entro nos museos
porque neles atopo moita distancia
e ás veces moi pouca vida
e ela está moi perto pura seiva

tiña pensado vir acá camiñar
nos xardíns entrar na sua casa
pero aínda non atopara o momento
e tampouco me convidaran

nesta terra neste pequeno val
nestes días de primavera moito frío
ao pequeno auditorio demoslle calor
coas sentidas palabras e músicas

na última casa de rosalía
compartir a emoción a paixón
e tamén a frustración e a raiba
a min puxome mui serio
outra compañeira puido
soltar as suas bagoas
todos nós compartimos
os nosos sentires


manolo pipas

escrito no mencer do día despois
a rochi alfonso maría miguel marta
anxo alba … a todas ás que interviron
e aos anonimos corazons da sala


27-4-2013

voces rosalianas




á beira do río sar

iria flavia poesía
bo espacio pra trobar
casa museo rosalía
uns que chegan doutro val
e outros vamos desde as rías

rosas e cravos vermellos
para a autora dos cantares
nestas bocas rosalianas
só unha voz en irmandade

manolo pipas

rosaliadecastro.org
aportaverde.blogspot


26-4-2013

ruta musicopoetica




vigo padrón codeso

unha ruta músicopoetica
para esta fin de semana

mañán venres á noite
festexaremos o 25 de abril
no negra sombra de vigo
con servando e amistades

co poema de rosalia
o sabado á tarde iremos
a súa casa de iria flavia
da man da porta verde

este domingo á tarde
do sar ao ulla seguiremos
con máis amigas voces
co mestre xosé neira vilas

o cronista



25-4-2013

25 de abril grândola




Grândola, Vila Morena

Terra da Fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade!

Dentro de ti ó cidade,
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, Vila Morena

Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, Vila Morena
Terra da fraternidade!

Terra da fraternidade,
Grândola, Vila Morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena!

Á sombra de uma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola,a tua vontade!

Grândola,a tua vontade,
Jurei ter por companheira
À sombra de uma azinheira
Que já nao sabia a idade!
Que já não sabia a idade!

josé afonso

letra da cancion da revoluçao portuguesa
e na imaxe josé afonso cos trovadores
zé mário branco  adriano correia de oliveira ...
cada 25 de abril neste espacio
publicamos poemas e letras de cancions
daquel tempo de reveldia e soños
hoxe é aínda máis  necesaria
a grândola vila morena

mañan no negra sombra de vigo
servando barreiro cantarálle a abril
e rochi nóvoa, cruz martinez, rosanegra
nolím e manolo pipas porán os versos

24-4-2013

violencia no parlamentiño




hoxe mércores 24 de abril
no parlamentiño de galiza

a violencia das palabras

a violencia das mentiras
a violencia dos insultos

a violencia do poder
a violencia desa falsa maioria
dos absolutistas dos cuasifascistas

señor feijóo das noxo

o cronista



23-4-2013

o dia e as celebracions




hoxe é o dia do libro

data na que naceu cervantes
que ben

hoxe o dia dos comuneros
aqueles que se sublevaron
contra os poderosos casteláns
que ben

hoxe tamen é o dia de extremadura
e escoito na radio unha orgullosa voz
falar desa terra de conquistadores
pois xa lles vale

día do libro neste ano rosaliano
negra sombra e reveldía
e sempre cantares novos
que duren

seguimos camiñando

o cronista

22-4-2013

versos da andaina galiñeira




fomos varios miles
nunha andaina circular
pola proteccion do galiñeiro
sen pancartas nen consignas
camiñando por pistas e corredoiras
e os poucos cabalos e ovellas
ollaban para nós sorprendidos

e voltando ao punto de partida
en pequenos circulos xantamos
e fixemos un gran circulo darredor
do palco das palabras e das musicas
desta querida serra do galiñeiro

ai se os mesmos miles outro dia
nos fixeramos visibles na cidade
ai se foramos outro día ás portas
do concello e da delegacion da xunta
ás portas das eolicas e das mineiras...

de zamans ao galiñeiro

21-4-2013

poema defensa da serra




cuarta andaina pola proteccion

da serra do galiñeiro
pola defensa dos seus vexetais e animais
das suas augas minerais e ventos

cando chove na serra do galiñeiro
as augas van para o miñor e a ramallosa
e outras augas vanse  cara o rio miño
diferentes pero irmáns camiños
que dan forma a esta terra nosa

todos e todas os que vivimos
debaixo desta serra
somos fillos e fillas dela
defendamos as entrañas desta montaña
defendamos cada pedra desta serra

estamos aqui pola liverdade do vento
aqui estamos polas terras raras
nós raros e raras no medio da floresta
declaramos a nosa comunitaria palabra
estamos aqui por esta pequena
e inmensa
e fráxil herdanza

manolo pipas

versos para ser lidos
no evento logo da andaina


20-4-2013

o gaiteiro do fragoso




henrique otero

in memoriam

compañeiro henrique otero
ai mestre das rias baixas
aos buxos deche outra vida
co punteiro e mais a gaita

ai henrique vello amigo
graciñas por eses duos
compositor e solista
entre pasado e futuro

meu gaiteiro do fragoso
ai os tempos dos cruceiros
as leccions e as escolas
a oracion do gaiteiro

…...

vento da ria e das cies
turreiro e conservatorio
o sabor da nosa gaita
o gaiteiro do fragoso

  -   -   -   -  

no val do fragoso esta tarde
por henrique otero moitos tocaron

o seu agradecemento e emoción
a paixón polo mundo da gaita

manolo pipas

as cuartetas son de a cantiga
do henrique e as coplas da homenaxe
publicadas no 2010 neste espacio