Abril 2013

18-4-2013

o miradoiro e as vistas




miradoiro das boas vistas

e alguns podedes pensar
que é unha redundancia
pero nas suas boas vistas
hoxe non imos profundizar
con esta imaxe da ria
que xa non é nosa

pois as veces desde un miradoiro
o que mellor se ve é unha contaminante celulosa
un grande e noxento edificio nunha pequena illa
centos de muiños de vento sobre as crestas da serra
e mellor non sigo

desde a peneda
boas tardes boas vistas
boas lecturas

o cronista

este domingo vinteun
hai unha andaina polo galiñeiro
na sua urxente defensa
manifesto poemas e cancions

17-4-2013

a biblioteca e as lecturas




na cidade vella de compostela

perto da facultade de historia
pareime en seco nesta parede
biblioteca de buenas lecturas

e porque son boas lecturas ?
e as malas lecturas onde están ?
que cousas teñen alguns católicos !

o cronista

16-4-2013

abandonada fabrica




as ruinas da fábrica

os ferros todo óxido
os retorcidos plásticos
abandono e pérdida

vida e morte o círculo
nas paredes grafitis máxicos
febreiro frío e vento húmido
nas xanelas asoman as árbores

dentro case todo estático
fora o mundo dinámico
hora punta tolo tráfico
pechase ese semáforo

o chirrido do portalón a música
os tons e as cadencias esdrúxulas
neste espacio e tempo tan cínicos
do capital na sua crise penúltima

o abandono e a pérdida
empresa hierros arteta en óxido
a nave coa sua parada mecánica
ai o voo dos fantasmas da fábrica

pipas

tomei fotos e empecei o poema
hai dous meses e medio pero marchei
logo entraron as maquinas arrasando
e seica agora van facer un supermercado


15-4-2013

da republica ll




xa poucos vellos e vellas

quedan que nos poidan contar
como se vivía naquel tempo
e que pasou e non pasou naqueles anos
e aos historiadores hai que miralles o carné
se son dos vencedores ou dos vencidos
e como late o seu corazón

a república elexida
democraticamente un catorce de abril
do 1931 ao 1936 a república
do 1936 ao 1939 a guerra contra ela
e a defensa de democracia e republica

a dictadura e a resistencia
a transacción e a postdictadura
coa noxenta monaquía actual
que foi imposta polo dictador
nunca elexida polos pobos

e onte nas rúas non se fixo
o suficiente ruido

saúde e república

imaxe do trunfo
do frente popular 1936
naqueles tempos que popular
so queria decir do pobo

14-4-2013

ando aterrando




o tempo o espacio

son ben relativos
eu dous días aterrando

de continente a continente
foime demasiado rápido
e dirán que eran moi longas
aquelas travesías en barco

nestes dous meses de ausencia
perece que perdín dous anos
este raro país da chuvia
con mal paso camiñando
perdendo as súas raices
desde dentro e fora golpeado

relativo espacio tempo
eu dous días aterrando

manolo pipas


11-4-2013

o papel e a pantalla




o papel a cores

para facer dragonciños
xogar coas chamacas
e saen dialogos historias

o papel en branco
que se enche de versos
ou esta virtual pantalla
con versos e imaxes
de afectos de golpes
de raibas e mais afectos

este espacio virtual
é chingón para as viaxes
para xogar co tempo e co espacio
seguimos camiñando e compartindo
desde o anahuac un cálido abraso

manolo pipas


11-4-2013

historias de papel




para luna esa forma alada de papel

é un pegaso un cabalo voador pois
e vaille dar de comer os desperdicios
que tamén lles botan aos cans

con laura unha nova historia
-que es ese animalito
-es un ave
-y que ave será
-de los tipos de aves que vuelan
-y como le vas a llamar
-blancanieves
-y que le vas a dar de comer
-los animales que vuelan
comen semillitas


preguntolle a camila
pola sua palomita de papel
e pasa de seria ao sorriso
-se fue volando al cielo 

tamén eu logo
teño que voar


manolo pipas

debuxo de eva castro
libro a milpa e o paliacate


11-4-2013

esperando las lluvias





                          para bertha muñoz


y quería volver a yagul

pero no me atreví a hacerlo
seguirá volando tu halcón
por encima de patios y cerros
el mercado de tlacolula
también se queda en el recuerdo
busqué otras luces otras sombras
y me perdí por nuevos pueblos
valles sierra sur sierra norte
que nos agarran bien por dentro
ya pronto las ricas lluvias
atrás dejarán tanto seco

el güero


10-4-2013

zapata e a educacion




hai noventecatro anos

foi asasinado emiliano zapata
polos traidores da revolución
entre carranza e obregón

os mesmos que mandaron erguer
o monumento do fondo da imaxe
que conmemora aquela ruptura

o dia de hoxe foi escollido
polo cnte  coordinadora  nacional
de trabajadores de la educacion
para a sua marcha contra a reforma
do neofascista goberno do pri
a marcha saiu do monumento
á revolución até o zócalo

fomos alguns miles
e mais foron polo estado de guerrero 
onde hai uns días foron represaliados
uns mestres nunha pacifica protesta
contra a reforma da educacion o


cidade de méxico


10-4-2013

silencio olmeca




unha boa reproducción

da grande cabeza olmeca
descansa polo parque hundido
debaixo das árbores entre as flores

o misterio das suas formas
segue provocando preguntas
segue escondendo as respostas
debaixo do tempo entre as horas

entre estelas i esculturas
doutros lonxanos pobos irmáns
coida de nós a enigmatica cabeza olmeca
debaixo das nubes e o smok entre silencios


manolo pipas

parque hundido insurgentes
sur da cidade de méxico

10-4-2013

neste tolo altiplano




de novo

neste altiplano
o tolo anahuac
a chaira elevada
a dous mil metros
case nada
algun pequeno cerro
e a cidade cobreo case todo
amarga


cidade de méxico


09-4-2013

serras e cerros



 




la sierra madre del norte
la sierra madre del sur
e todos os cerros

amoltepec cerro do amole
alotepec cerro das guacamayas
e o cerro vello e o cerro novo

na camioneta o vento na cara
a esquerda o cerro dos zopilotes
primeiro estaba ben arriba
e logo ficaba abaixo

había pouco tempo
e moito calor en matatlán
e o cerro das nove puntas
non o puidemos subir

o zempoaltepetl
o cerro dos vinte picos
que alguns subiron
e non os contaron ben

os varios e distantes
cerros da malinche
e o cerro do gachupín
o noso lonxano parente

o cerro pelón
o meu vello compañeiro
noutra saida e comunidade
tamén ficaba lonxe

manolo pipas

terras de oaxaca
cerro das nove puntas
a gabriela e camelia