Maio 2014

31-5-2014

a illa bufarda




As que moito sopran o lume prenden


Chegados os tempos da desorientación
polas correntes do futuro e os mares
do pasado, atopei o libro “Lugares perdidos
da xeografía galega” de Quenbusca Atopa.
Había mapas de lugares marabillosos
dos que nunca escoitara falar. Fascinoume
unha illa pequena e ben bonita,
perdida entre o o Atlántico e o Cantábrico,
chamada Illa Bufarda.


Un luns ao sol dende a costa galega
vin unha illa ben bonita á que lle saquei
un par de fotos. Pasaron os días
e cada vez que vía as capturas
algo me dícía que debía visitala.
Aluguei unha chalana e saín ao mar,
non sen medo. No camiño,
outra habitante subiuse ao barco,
ela tamén albiscara Illa Bufarda.


Illa Bufarda nace como un proxecto
cultural sensible e comprometido
coa promoción e a divulgación
da cultura dende un eido ben definido:
a linguaxe audiovisual.

As Bufardas son pequenas xaneliñas
das tradicionais construcións galegas
polas que se filtran os raios de luz.
Mirando por elas podemos ver
e encadrar historias, imaxes,
paisaxes, debuxos e realidades
para logo proxectalas fóra da illa.

http://cargocollective.com/illabufarda


E onte esta nave e illa bufarda
atracóu no café de catro a catro
e as súas tripulantes sabela e adriana
amosáronnos os seus salgados traballos


28-5-2014

o maio das mulleres




dúas mans de mulleres

con todo o seu mimo
danlle vida aos grans de area
e ao café sobrante da infusión

a area salgada desta ría
e o café de lonxanas terras
que acompaña as nosas
conversas dóces ou amargas


e con outras femininas mans
e unhas areas coloreadas
foi medrando no chan
este reivindicativo maio
dos dereitos sexuais e reproductivos
da marcha mundial das mulleres





27-5-2014

titiriteiras triadas




intensa respiración

colle aire solta notas
o títere acordeón

o teu boneco é de trapo
máis non solta trapalladas
bos os mimos e os relatos

títere redondelán
o choco ten oito patas
ti oito dedos por man


á xente titiriteira
tanxanina e o pastor
autor de debuxos e deseños

de festival e titiriteiro disco

manolo pipas


26-5-2014

quince anos titiriteiros




quince anos titiriteiros

o festival como medra
redondela está a fartar
a vila faise pequena

prazas paseos e salas
emocións pra todo o mundo
a organización xa pensa
por palcos nos viaductos

de redondela xa parte
un foguete pro universo
para compartir i espallar
o sentir titiriteiro

e chegados até aquí
sae o sontitiriteiro
dezanove son os grupos
que lle cantan aos bonecos

robertos polichinelas
miniaturas cabezóns
o festival cada maio
gaña novos corazóns


polos quince anos do festival
xente titiriteira editou un disco
onde os músicos de redondela
celebran os monicreques
graciñas a os carambolos e maría
fumaça por sumar unhas coplas
envolventes a súa canción

manolo pipas


25-5-2014

reflexionando e franquismo




seguimos reflexionando

esta é a carta do censo electoral
e nun colexio fantasma podo botar
eijo garay foi un obispo franquista
e asi se chamaba este colexio
até hai uns anos que o seu nome
foi mudado por illas cíes

parece que o censo electoral
non coñece estes democráticos feitos
será que é un organismo fascista
seguimos reflexionando
e coa memoria actuando


o cronista



24-5-2014

terra auga vida ...guerra




a terra a auga

a brisa a chama
a lúa a árbore a montaña

a espiral a tribo a casa
a raiz a serpe a nube a ave
a travesía a camiñada

a vida a morte a calma
a luz a cova a illa a sal
a aldea a fala a alma

a fonte a canción a memoria
a caracola a asamblea a praza
a cidade a marcha a revolta...

e a guerra que guerra tamén
é unha palabra feminina
pero a guerra non é da muller

a sementeira a flor a colleita
a porta a estrela as brasas
a ollada a palabra a aperta

hoxe o chamado día
da muller antimilitarista
nova versión do poema
terra auga brisa chama
xa publicado nestas follas

manolo pipas


24-5-2014

por un posible concerto




esta banda tocóu onte

no auditorio do concello
xa non lembro cando os vin
levaba tempo sen velos

pro concerto dos cempés
déronme dúas entradas
e quedei eu cunha amiga
ali mesmo pola praza

un de nós que chegou tarde
sete minutos so foron
pero as portas se pecharon
que nos deron ben nos morros

suplicamos os da porta
nós podíamos entrar
sen facer ningún ruido
e sentarnos por atrás

pero as normas son as normas
os da porta afirmaron
nós pagamos os impostos
para ser atropellados

e seguro que os do grupo
non comparten este roubo
fomos cinco sen entrar
e dentro seica eran poucos

o cronista


22-5-2014

xogo de palabras




oito sílabas por verso

catro versos a cuarteta
dezaseis son as palabras
e oitentetres estas letras

paseivos eu media hora
a facer esta cuarteta
contade ben por se acaso
que son eu máis ben de letras

manolo pipas



20-5-2014

somayeto o xefe da tribo




Somayeto wafa cumbala

Dicota wafa cumbala
muadiatchine wafa cumbala
ngovulo wafa cumbala
secunho wafa cumbala
Ndolô cumbala Ndolô Ndolô
Ndolô cumbala Ndolô Ndolô
Ndolô cumbala Ndolô Ndolô

O xefe da tribo morreu
O sabio da tribo morreu
O médico da tribo morreu
O gurú da tribo morreu
O fundador da tribo morreu
Todo o mundo na aldea está triste
As persoas están chorando a morte
Están desorientadas e sen saber que facer
A dor, o pánico e a impotencia apoderáronse
de todo o mundo na aldea


alberto mvundi

letra do disco musseque de alberto
cadro de malangatana de mozambique

albertomvundi.blogspot.com.es

18-5-2014

os bombóns e os pasos




déronnos onte postre

e aos nenos tamén uns bombóns...

o día despois das letras
non hai resaca literaria
nen resaca digamos folklórica
que isto foi o que primou onte
e non as letras e a canción de autor

onte non deberan
estar pechadas as librerías
pero na nosa cidade houbo unha
que tivo os seus andeis abertos
firme a súa barricada

pasou o outono e o duro inverno
aran os tractores e sementamos

e agardemos que chova un pouco...

como cada dezasete de maio
manifestámonos uns poucos

na rúas e en todas partes
un paso adiante galiza

non máis pasos para atrás
revélate dunha vez penélope!

o cronista


17-5-2014

musseque alberto mvundi




maio canción mestiza

de novo áfrica na cova
altamente de regreso
a musseque e a mandioca

por angola ese brindis
por galiza e as terras todas
alberto mvundi e familia
sempre solidarias trovas

amigo e cantor fuxido
atrás a guerra de angola
ti compartindo sorridos
a canción é sempre nova

musseque de alberto
presentado onte na cova
con margarita gael e xela
musseque en lingua kimbundo
é o
lugar onde hai area
ponte cidade-campo
espazo transcultural...

manolo pipas

16-5-2014

poema palestino



Cando pasaron por enriba dela

a moreira dixo:
-Fai o que queiras
pero lembra
que o meu dereito a ter froitos
nunca morrerá

Tallarei todo o que pasou,
todos os meus segredos,
nunha oliveira
do patio da casa
(…)
Tallarei todo o que o sol me di,
o que a lúa me murmura,
e o que a laverca me conta
no pozo que abandonaron os namorados
Para lembrar
quedarei aquí tallando …
na oliveira do patio da casa!

tawfik zayyad