cronikas de tempos de crise

10-7-2012

dos outros códices




o códice calixtino roubado
foi a aparecer un ano despois
uns ladrons foron roubados por outros
e canta palabrería sospeitosa estes dias
mais porque non lembramos outros códices

en códices e murais
e nas estelas mesoamericanas

estaba representada a historia
as lendas e a vida cotiá
das poucas culturas orixinarias
que chegaron a crear

con debuxos unha escritura

ideografica de glifos


e chegou ao continente
a espada coa cruz
o capitán e o bispo
camiñando xuntos
masacrando aos infieis
e sometendo aos supervivintes
dominando o territorio
e destrozando todas as formas
da identidade indixena
que non lles servían
para impoñer a nova relixion


cantos templos derrubaron
cantas estelas e muros con murais
para construir igrexas e conventos

e cantos códices mixtecos
zapotecas aztecas e mayas
queimaría a igrexa católica !?

o cronista

os codices non tiñan forma de libro
eran longas tiras dunha especie
de papiro da casca da arbore do amate
e dobrabanse coma un biombo
imaxe dun códice zapoteca
un dos poucos que se salvaron


02-5-2011

a las ruinas de nueva york



Esta, niños, ciudad que veis ahora
a los vientos errantes ofrecida,
con blanca furia y llama dirigida
de otros tiempos cruel gobernadora,

rindió por fin su lanza retadora
y hoy yace en rota piedra convertida,
Nueva York, en el siglo conocida
por puta mucho más que por señora:

Aquí Broadway lució su rica empresa,
la Bolsa ó su griterío
y la virtud murió golpeada y presa.

Este desierto páramo sombrío
a guardar no alcanzó reliquia ilesa,
sino la sangre, enorme como un río.

nicolás guillén

poeta cubano de longo recorrido
de raices negras e internacionalista
moitas veces cantado entre quilapayún
inti illimani e pablo milanés
texto de la rueda dentada 1972




 

12-4-2011

cantiga do desemprego


Fumo un cigarro deitado

no mês de janeiro
fecho a cortinad avida
espreguiço em Fevereiro
e procuro trabalho
nesta esperança de março

Já me farta tanto Abril
e aquilo que nâo faço
espreito por un funil
a promessa de Maio
porque esperar prometido
nessa eu já nâo caio

Queimo os dias de Junho
no sol quente de Julho
estrego as mâos de contente
num sorriso de entulho
para teu grande desgosto

Janto contigo en silêncio
e lentamente esquecido
digo-te adeus em Agosto
meu Setembro perdido
numa esquina que eu roço
e penso em Outubro
o menos que posso...

Mas quando sinto a verdade
daquilo que cansa
nunca houve vontade
do tempo de andança
sinto força em Novembro
juro luta em Decembro

fausto

trovador portugués
da cançâo de intervençâo
con este tema dos setenta
hoxe tan tan vixente
coa esta imaxe do seu disco
madrugada dos trapeiros


11-4-2011

solpor do mundo


o solpor

deste sabado
como o mundo
cunhas nubes
moi escuras
que o deslucen

e din que estamos
xa no solpor
do noso consumista
decrepito mundo

deslucido
pero fermoso
solpor da imaxe

na ria


28-2-2011

a ria non se vende


varios miles de  persoas

camiñaron na mañan de onte
desde as ancoras de bouzas
ate a laxe do porto de vigo
baixo a consigna
a ria non se vende

no final da marcha
houbo un xuizo popular
ás autoridades portuarias

si a ria non se vende
pero a terra e o mar
tampoco deben ser
para quen os traballa

a ria so quere persoas
que a respeten
e mais nada
e nada menos

o cronista

na ilustracion
un anaco do chan
da praza das travesas
que pisamos sen decatarnos
e ai como pisamos as rias



11-7-2010

a bandeira e as bragas

contan que na entrega

do pazo de meirás ao dictador

alá polos primeiros anos corenta

pazo mercado por suscripcion popular

pero por familias obrigadas a poñer os cartos

contan que nesta enesima entrega

dun espacio publico ou privado ao dictador

darredor do pazo habia moitas bandeiras

para crear o ambiente necesario

e logo do acto na mesma noite

desapareceron misteriosamente case todas


uns poucos dias despois nas casas dos arredores

empezaron a aparecer nos tendais das veciñas

bragas bermellas e marelas e das duas cores

que neses tempos de escasez non se podian

rexeitar unhas teas abandoadas


. . . . . .


levaba eu uns dias fora do país

e atopeino cheo de bandeiras bermellas e marelas

bandeiras de todos os tamaños posibles

nos balcons nos escaparates e nos mostradores

nos carros e no lombo da xente como capa

bandeiriñas na man dos nenos e pintadas na cara

e moitos ian con camisola bermella mais non marela

e ate as rapazas da panaderia e as camareiras do bar

ian coa camisola bermella como uniformadas

e eu frotaba os meus ollos e non entendia nada


unhas bandeiras eran co escudo postfranquista

outras co masacrado touro da festa irracional

e algunhas co escudo do dictador

e non atopei nengunha bandeiriña republicana

e eu seguia sen entender nada


oin varias veces que por iniciativa popular

pero alguen me dixo que pola dictadura dos medios ...

mentres que case na clandestinidade

se están a retirar moitos simbolos franquistas

como estes dias a cruz dos caidos no ferrol


as bandeiras do circo para o pobo

neste tempo de crise economica

e ainda mais crise social etica

crise de memoria...

a bandeira e as bragas

tempo ao tempo


o cronista a 11 de xullo
Distribuir contido