semblanzas apertas elexias

28-7-2013

carta elexía para bertha




doctora bertha muñoz in memoriam


quería escribirche outro poema

e quedeime sen enerxía sen palabras
pero esta mañán pensei no teu hospital
pintado de branco e pensei no verde
das arbores dos xardins da facultade
e puxenme a escribir esta carta


quería facerche uns versos
e quedárame sen palabras
agardando a túa agarracheme
escribindo diante doutras mortes
dos meus que non coñecín
como as alunnas dunha amiga

poucas palabras faltaron por decir
pero algunhas eran importantes
e agora penso no teu hospital e nas aulas
penso nas curacions e nas tuas pláticas
nas saídas cos alunnos ás comunidades
máis pobres e alonxadas nas serras
e xa che estou escribinbo unha carta
aqueles poucos correos non deran paso
a unhas cartas en papel que era o noso

oaxaca o teu barrio os paseos as casonas
o zócalo e os nosos cafés e as conversas
pouco do movimento e moita historia
literatura e todas as culturas de oaxaca

e agora ollo as poucas fotos que gardo
e reparo nunha parella sentada nas escaleiras
serán os teus alunnos !? pero non me atrevín
a publicar esa imaxe e mandoche outra
as tuas aulas as palmeiras o gran loureiro
a fonte sen auga quen sabe cantos anos
e ao lonxe os cerros as comunidades da serra...

manolo pipas



18-1-2012

cancions de amor e liverdade




escoito o concerto do trovador

pablo guerrero no olimpia
hoy que te amo ecos de sociedad
para huir de la muerte a cantaros
...
naquel mitico teatro de paris
naquel tempo da transaccion
que transicion foi e é chamada

naqueles anos e no final da dictadura
neste teatro cantaban trovadores exiliados
e outros ian ali por un pouco de liberdade
son cancions de amor e antifranquistas
que o franquismo seguiu moitos anos
despois da morte do dictador

escoito na computadora as cancions
que hai anos escoitaba en cassette
e van as palmas do publico despois delas
e algunha vez tamen cando o extremeño
di o titulo do tema que vai interpretar

escoito agora unha presentacion
cun devil son e logo esas palmas
teñen un son bastante mais alto

o colectivo que debe ter
mais forza que o individual

manolo pipas


de pablo guerrero xa temos publicado
letras e poemas misicados duerme lisboa
hojas de menta fresca paisaje urbano ...
no olimpia de parís tamen grabaron

luis llach maria del mar bonet
paco ibañez raimon e tantos outros
e grabaron algunhas cancions
proibidas pola dictadura

24-1-2011

tatik samuel


un mensaje llegó

al celular de un compa
que decía que el tatik
estaba ya mui enfermo

en vuestra mesa habia
de la tierra frutas i flores
que ya eran como una ofrenda
por todos nuestros muertos i vivas
por los enfermos i las golpeadas

ai que triste la mañana
padre i hermano tatik
en los altos de chiapas
i en los llanos tu memoria
en la tierra tan amada
en los pueblos en los  cerros
en la milpa tu palabra

chiapas-oaxaca

a maribel i ricardo

o relixioso samuel ruiz foi mediador
entre o ezln e o goberno mexicano



30-7-2010

a outro olmo seco

 


entre as casas de chere hai un grandote olmo seco
tan vello como a aldea que cecais se foi morrendo
cando marcharon os ultimos
poboadores destes cerros

e co tempo a estas casas se lles caen as cobertas
e o olmo seco que perde as polas finas e a casca
pero o peto carpinteiro
tamen gosta esta madeira

alguns olmos sempre tiña cada aldea deste val
e de lonxe xa descobren as xentes ao camiñar
polos olmos estes pobos
e xuntos gañando o ar

e ate chere que chegaron camiñantes e olladas
e o tronco deste olmo seco que se enche de palabras
dun poeta de outro tempo
que a lupe as veces graba

e as noites de lua chea neste tan revolto maio
a sombra deste olmo seco que cecais feriu un raio
vai provocando outros versos
duns alunnos de machado


maio 2009

haberá que voltar
a  este maxico  val

17-6-2010

o blues e outras ervas

el blues y otras hierbas
outras ervas do seu parentesco
a musica da negritude
que divulga o noso compañeiro
e ainda que o rapaz é branco
debe ter o seu corazon ben negro

e di que de miles davis espera
que agarde por el no inferno
con nova banda e novos discos
grabados en mortal directo

nadie a quien nadie conoce
asina as cronikas este blueseiro
ah ben pois eu debo calar
quen se esconde detras dese verso

unhas ervas para curarse
para curarnos unha musica
unha musica coa sua viaxe

na ria estes dias

elbluesyotras
hierbas.blogspot.com
é un espacio na rede
por e para esta musica





20-5-2010

pequena galerna de musica

na memoria de cesar martinez



arden os cangos arden

e ardeu a nova cidade vella

e queimouse tamen limens

xa perto da noite das fogueiras

e dispersaronse outras muxicas

entre casimiros mouras e albeidas



foronse carlos miguel suso e luis

e estes dias a cesar perdimos

e cambiaron tantas veces os ventos

mais a galerna pasou deseguido

por este cabo do mundo do sur

cun impostor no seu camiño


arden os cangos arden

os atlantes como unha piña

regresou simbad voltou a serea

e todo o mar como unha fuxida

pero é ainda mais ala da neboa

onde hai mais verdades que mentiras



cantamos grândola en castrelos

e alguns pouco mais cantaron

e novas rosas para rosalía

de tantas terras chegaron

pero esta terra é un berro seco

que non da vencido ós ananos



arden os cangos arden

e ardeu case toda a cidade vella

e nos ainda seguimos buscando

o clandestino son da escura estrela

e alguen canta historias do florencio

aos nenos á beira doutra cacharela



a casa do patin que se abriu

esa noite que non quería alborada

danzaron crechas dhais e armeguin

e todas as cosmogonias na danza

e os teus ollos amiga de que tribo son

de que monte son de que praia

manolo pipas maio 2010


texto do ano 2001

ao que tristemente sumei uns versos

na segunda e ultima estrofas

poema pequena memoria

da musica folk dos anos 90

da que cesar formou parte

escoiteino a primeira vez con galerna

e a ultima que lembro foi con emilio cao



os outros compañeiros lembrados

son o trovador suso vaamonde

miguel varela de manuela e miguel

luis areán o flautista de dhais

e carlos liz o meu compañeiro na radio

co programa arden os cangos
19-5-2010

poema guitarra e voz

o veterano cantor no teatro
de triste figura bo compañeiro
ai ti sempre vestido so de negro
un home a unha guitarra pegado

poema voz e guitarra
tonada

paco ibañez cancion republicana
pioneiro mestre exilio e regreso
ai ti sempre vestido so de negro
mais con todas as cores da palabra

poema guitarra e voz
cancion

cancion que non pode volver atras
vellos e novos poetas no camiño
ai ti sempre de negro so vestido
cantor agora e sempre a galopar

poema voz e guitarra
palabra

en vigo
a 19 de maio do 2010

23-4-2010

trova de abril

a lua de abril

vai con lento paso
arrastrando sombras

de febreiro e marzo
sombra de azinheira

que na raia medras
na manhá es lusa

na tarde galega

a lua de abril

vai con lento paso
buscando grândola

e as cantigas do maio
sombra de azinheira

que nao sabes a idade
cantos anos xa van

sen cravos sen liberdade

e murchan os vermelhos

neste mes sen cantos
do velho zeca afonso

e o irman adriano
e a lua de abril

pasa con lembranzas
por grândola morena

que será liverada

lariño 98

esta letra
foi musicada e cantada
por servando barreiro


Distribuir contido