Marzo 2012

31-3-2012

ollo de pedra




un ollo de pedra ten riobó prada

ollo vello e novo duro permanente
o rio o prado a pedra e a ollada
e unha palabra ben envolvente

entre o val do sar e o do llobregat
riobó prada ten un ollo de pedra
e de pedra tamen o conversar
atlantica e mediterranea aperta

longa noite de pedra
ollo de vidro
os mestres marcaron
o teu camiño

manolo pipas

un ollo de pedra na rede
rioboprada.blogaliza.org
e que ollos están agachados
baixo o nome de riobó prada


29-3-2012

pechado por folga xeral ?




vou cara o centro da cidade

as once da mañan uns lokais
pechados que onte puxeron
na porta
papeis dando a razon
outros teñen autocolantes
que deberon poñer outros
e na rua central do meu barrio
están abertas tres cafeterias
e varias entidades bancarias
xa sen nengunha identidade
e logo da manifestacion
de volta para casa son xa
mais os lokais abertos

pechado por folga xeral
pero quen pegou a consigna
non foi o dono do lokal

aberto pese a folga xeral
a entidade bancaria
probocando ao persoal

e algunha consigna xeral
arrincarona e tirarona
e fica pisada no chan

o cronista

o dia despois dime unha amiga
que me saiu unha cronika derrotista
que non falei da movilizacion
pois si que estivo ben que se paralizaron
case todos os espacios da cidade
e seica foi un exito no pais e no estado
desta volta si que lle fixemos
algo mais que coxegas ao capital
unha aperta


27-3-2012

o 29 folga xeral




xoves vintenove de marzo

o dia da folga xeral
contra a patronal e a banca
tardaba esta folga xeral

mañan paremos o mundo
contra a reforma laboral
contra o goberno neofascista
xa tocaba a folga xeral

contra a europa dos darriba
que facemos co capital
pola europa dos de abaixo
unha e outra folga xeral

o cronista

o ano pasado xa houbo
houbo unha folga xeral
e fixemoslles coxegas
e se vai de dous dias ou mais

25-3-2012

wiricuta




Abrimos as portas

e logo de pedir permiso

e ofrendar con flores,

galletas, augardente e canto

comezamos a procura

da cornamenta luminosa

de Watemukame.

Xa se discernía 

o novo ciclo-mundo,

á sombra do huizache,

baixo a atenta mirada

de todo o sagrado lugar.

A intelixencia do Universo

a propiciar revelacións durmido,

e alí estabas con toda a plenitude árida

para sanarme, para limparme

leváchesme en peregrinación

ao país de Wirikuta.

Deixando a codia

para ir ó miolo

no centro da nada

na plenitude

de todo.

                O García “Espalda Kemada”
                             Febreiro, 2012.

22-3-2012

lectura de textos eróticos




cheguei a ti

polos teus moitos sinais
as palabras as mans os sorrisos
e os sinais das tuas feromonas
e o mel nos beizos


envolvesme
con palabras e silencios
e o teu corpo envolveme
envolveme o teu sexo

co mel nos beizos
lectura de textos eroticos
venres 23 de marzo café
teatro gabana o real moaña
as nove e media da noite
organiza a lonxa literaria

21-3-2012

gritar na linha da garganta




todas as palavras podem ser

a violência de uma queda
pelo campo de fósforo

ouço-te vento nos braços da necesidade
de todas as coisas que nâo existem

todas as palavras podem ser um acrescento
ao sol pela boca de vénus
nas gretas da lembrança
-a irresistível posse da descrença

no bailado do mar cobrir o cavalo
com corpos de luz ao abismo

coloro-me na praia com os olhos
fechado sobre a chuva

as palavras sâo precisas como o imperativo
de gritar na linha da garganta
e no ácido da bílis de descobrir o sangue dos astros

fecho-me na pele escura da tua voz

carlos vinagre

do seu libro ranhura que presenta
o venres 23 as nove e media da noite
na cova dos ratos
con alfonso láuzara
e manolo pipas e a actuacion
de servando barreiro



20-3-2012

xardin desordenado




desordenado xardin de poemas

musicados e cantados
por un peculiar grupo de distintas
xeracions terras e estilos

xardin desordenado de poetas
contemporaneos nosos
e da segunda metade do pasado
desordenado seculo

desordenado xardin de textos
antes sementados en libros
e agora con musica colleitados
e desordenado disco e concertos

outro letrista

benvida a primavera
con este desordenado xardin
musicas de santiago ferragud
para quince poetas interpretados
con marlene rodrigues blas segura
david outumuro e isaac garabatos
na imaxe o interior do disco
que se presenta o venres en gondomar
as 20.30 no auditorio luis tobio


18-3-2012

lembranzas do bar das travesas




contoume o meu pai que antes

de eu nacer algunha vez ao sair do choio
cos compañeiros viña a este bar a tomar algo

contoume a miña nai
que de nova viña ao hipólito a buscar viño
para levarlle ao meu tio e aos compañeiros
que aki perto traballaban nunha zapateria

moitos anos despois hai duas semanas
eles voltaron a este bar e falaron co hipólito
de como os obreiros viñan ao bar
a que lles quentaran a comida
e mercaban viño e jasiosa
e falaron da vida do barrio daquela
e lembraron como ese home
que está detras da barra sendo neno
correteaba co seu irman por este bar
e logo me dixo a miña nai
cando abriu o hipólito foi un aleluya
era o bar mais moderno dos arredores

manolo pipas


18-3-2012

bar hipólito unha noite




unha noite de febreiro logo

de falar de facer o recital

o piano con duas sillas
o reloxio de parede
tres mesas ocupadas
o son das suas conversas
outro ritmo livre
dame bar hipólito
un pouco de jazz

escribo na computadora
e unha rodaxa de limon
flota no meu zume de uva
ten un palillo cravado
e podo xogar con el
dame bar  hipólito
un pouco mais de jazz

unha exposicion de fotografia
mans retratos da nosa musica
na rua os pitidos dos carros
chega outro corpo
e sumase a unha mesa
dame vello bar hipólito
outro pouco de jazz

na barra o hipolito fala
con dous vellos compañeiros
xa voltan a sua mesa
os que sairon fora fumar
e fora a lua baixando
baixanos vello bar hipolito
outro pouco pouco de jazz

sona un trio un trio sona
piano contrabaixo bateria
so unha viaxe musical
na mesa da miña esquerda
unha rapaza pon o seu poncho
e coa sua amiga xa se vai
danos vello e novo bar hipólito
outro pouco moito de jazz

manolo pipas

estes versos cos outros poemas
do bar hipolito reciteinos onte


16-3-2012

hipólito vello bar




ai bar hipólito vello bar

contame un pouco da tua historia
atravesache cincoenteseis anos
sen moverte nada das travesas

ai bar hipólito vella casa
agora como un pub como un cafe
pero as baldosas que te delatan
e aquel tempo do cafe de calcetin

ai bar hipólito do barrio das travesas
naceche bar de comida para os obreiros
a barra segue case igual faltanos a cociña
e á beira da cheminea está agora o piano

ai meu bar hipólito que me contas
conto catro ventanais duas entradas
unha porta parece que nunca se abre
e a outra porta non se quere pechar

travesas non é o nome vello da praza
coma moitos pensan nen o nome
ven das travesas do tranvia
travesas era este grandote barrio de coia
xa hai cincocentos anos o lugar
para atravesar de coia para vigo


14-3-2012

solitaria silla de monteferro



esta solitaria silla

subindo pra monteferro
ben que merece unhas rimas
en arte menor uns versos
e cecais unha cantiga

esta silla solitaria
ofrecese como asento
e disfruta desta calma
do que queda deste monte
e das vistas desa praia

esta silla que propon
que a sombra dos piñeiros
poida alternarse co sol
que non a bote ninguen
do seu querido rincon

subindo pra monteferro
esta solitaria silla
protexida dos piñeiros
e con miradoiro ao mar
ofrecese como asento

imaxe do dia 3


12-3-2012

do noso tempo recital




recital de manolo pipas

no bar hipolito

sabado 17 as 21.30
av castrelos 26 vigo

versos escritos
nunha mesa deste bar
na cidade na ria...


- vello bar hipolito
- a certa idade
- memoria do bou eva
- poetica e xeografia
- ano dos bosques
- monteferro poemas

- as mans da musica ...