Marzo 2012

12-3-2012

unha folla tras outra




os salgueiros primeiro

logo van os carballos
os gomos que se abren
o verde vai medrando
unha folla tras outra
son silenciosos cantos

bosque parque da bouza
a once de marzo
domingo mediodia
o verde é un regalo
e no chan follas secas
van creando o manto
unha folla tras outra
tamen calados cantos

lariño


11-3-2012

roteiros neste roto pais




onte polo lusco fusco

saimos a camiñar
e fixemos un roteiro
na cidade industrial

eramos moitas e poucos
e fixemos un roteiro
nesta cidade tan rota
cantadeiras e gaiteiros

este roteiro fixemos
costa baixo e ate o porto
mais non tocamos amiga
ainda non tocamos fondo

hoxe outro roteiro temos
na cidade capital
o roteiro das mulleres
outra loita sen igual

roteiros neste pais
de costas á terra e mar
temos outro o vintenove
roteiro folga xeral

o cronista

imaxe do roteiro do oito
de marzo
na nosa cidade
ainda industrial


09-3-2012

encontros poeticos




poxa de poetas


poetas da hostia en verso nunha poxa
na que poderá facerse coas almas de
ledicia costas nolín gonzález e lucía aldao
presentadas por maría lado
no bar hipólito mañan sábado as dez
da noite av castrelos 26 vigo


circulo poético aberto

encontro de penúltimo acto
e presentación recital de manuel barbosa
co seu libro bandeiras de galiza
tamén mañán sábado as once da noite
no café uf negra sombra
na rúa pracer 19 en vigo


09-3-2012

versos da marcha das mulleres




Ai, Mariano, con esta reforma

quedamos sen dereitos
a partir de agora
Ai, Feijó, con tantos recortes
deixas sen recursos
a quen menos pode
Ai, Mariano, con esta reforma
non se crea emprego
crease escravismo
Ai, Alberto, non nos vendas motos
privatizas todo
para os teus amighotes

       .  .  .  .  .

Os traballos das mulleres
son moitos e gratuitos
e cando temos un choio
o soldo é ben pequeniño

Ai o patriarcadoo que nos deixou
violencia, machismo e subordinacion
ai o patriarcado ten que rematar
se loitamos xuntas ímolo lograr

Vou eu , vas ti, vai ela
loitar é o que nos queda
vou eu, vas tí, vai ela
loitar é o que nos queda

anonimas mulleres

versos cantados e repartidos
onte
na manifestacion de vigo
os primeiros coa musica do esmaghare
os segundos coa melodia do verdegaio


08-3-2012

poemas do mundo e meio




                 l       

Costuramos histórias com o barro

nas jornadas de lua,
lume em dor.
Prendida está a tardinha por sonhar
quando tenden as irmás carícias
sobre a areia do mundo,
este châo de dança e solidâo
esperança telúrica dos ventos
que nâo sabem calar,
nós...

              ll

Sentamos ao pe das carbalheiras
entre fontes aínda.
O nosso som tem o eco das cantigas velhas,
margems de histórias a navegar
águas quotidianas de conversa
que escrevem alboradas
milénios de filha a herdar
os segredos do ventre
e os caminhos
amigas do cervo junto ao mar

                lll

Nâo queremos mais vermelho que o da vida
ao pé dos leitos e os fogôes,
nâo queremos mais amor que o mesmo amor
quando enchemos os copos deste tacto
em ágape de lua a mundo e meio
meio mundo somos e sabemos
escrever no tempo de sonhar ,
páginas de longa e velha paz

iolanda aldrei

poema do libro colectivo
mulheres entre poesia e luita
assembleia de mulheres do condado
condadolilas.blogspot.com



07-3-2012

mujeres de ciudad juarez




Mujeres y compañeras

de hijas de regreso a casa
estar en casa es tan poco
ay lo que ellas reclaman

Ciudad Juárez cruel frontera
las compas asesinadas
unos cuerpos que aparecen
de otras no se sabe nada

Ay Juárez ay Ciudad Juárez
cuantas hijas has perdido
cuantas madres y abuelas
entre el silencio y el grito

Norma Andrade compañera
otra vez balaceada
se levanta y no perdona
las hijas de regreso a casa

Ay Juarez ay Ciudad Juárez
cuantas hijas has perdido
cuantas madres y abuelas
entre el silencio y el grito

diego minas  3-2012

http://nuestrashijasderegreso
acasa.blogspot.com


04-3-2012

do marrucho ao bou eva




deixeivos compas no marrucho

entre charla asamblea e concerto
e crucei a hipocresia da arribada
de baiona con tan mala memoria
pasei á beira da ría e pensei nela

e cheguei a vigo á taberna do bou

os versos de monteferro
entraron pola porta verde do bou eva
aniñaron nos arcos nas mesas na barra
entre as voces do setimo andar
os poemas de porto e os versos
de lois pereiro na voz de malvares
e cantamos con guillerme e bastardo
coma vos cantariades no marrucho

se non tedes sachos traguémolos nós
arados de ferro e ca....

manolo pipas

04-3-2012

monteferro vivo




na noite e no mencer

choveu na ria en monteferro

en monteferro a faixa
a flor nós e os nenos
as apertas as palabras

o camiño colectivo dos afectos

as cinzas voaron como a vida

alá onde durme o sol
pasando monteferro e as cies
camiñante viatge a itaca

as cinzas voaron como a vida


manolo pipas

nunca pensei que voltaria

ao miradouro de monteferro
a recitar uns poemas
e que baixaria outra vez
pero en colectivo
a ese
fermoso rincón da ria

vivo monteferro vivo
homenaxe a xose reigosa


03-3-2012

memoria do bou eva




este pequeno anaco de papel
cunhas poucas palabras escritas
unha minima folla no vento
asi é a nosa vida

bou eva vou coa memoria vou


o porto os peiraos lugares
para a partida e para a chegada
ai estes lugares tamen para a fuxida
a terra a cidade o porto os peiraos

aquel barco debia navegar
cara a buscada liberdade
o barco da necesaria fuxida
do ultimo do derradeiro soño

o bou eva vai pola vida
vai pola vida o bou eva
ai bou eva que aí ven
que ven por ti a barbarie

ai bou eva bou eva
o barco que se convertiu
nunha trampa nunha prision
nun forzado forzado suicidio

polos mortos e a morta do bou eva
estas palabras versos non esquecen
memoria antifranquista memoria
non esquecemos non esquecemos

manolo pipas

texto publicado á mañan e na noite
recitado no centro social bou eva

na imaxe tres folletos dos eventos
do ano 2006 pola memoria



01-3-2012

colectivo recital da porta verde




a porta verde do setimo andar

os q de vian cadernos
e o coral libro pegadas
propoñen un recital poetico
musical colectivo e aberto
este sabado tres de marzo
no centro social bou eva
vigo rua tercio de fora once
as oito e media da noite
e logo a actuacion musical
de guillerme e bastardo

saude e cultura viva

na imaxe a presentacion
de pegadas na cova dos ratos