Maio 2011

17-5-2011

a chiapas de pereiro



(Octavio Paz escribiu hai moitos anos
unha frase que me ía servindo de bandeira,
entre a negra e a vermella: “La revolución
que viene es la fiesta, el principio del principio
que regresa”. Pero agora creo que xa non lle
interesa o pincipio dese regreso. E
podo pervertirlle a súa frase: “A Revolución
que ven é a de Chiapas, as víctimas maias
do principio que se rebelan, regresando a
un futuro desexado…” Todos somos Marcos!
Todos EZLN, nas selvas Lacandonas do que
nos foi prohibido!...)


(Amor e sangue en Chiapas)

Ando á procura dunha ollada súa

que me confirme a fé que teño nela
e avanzo a cegas coa maior firmeza
noutra rebelión xusta que interna
nunha urxente esixencia de certezas
para este corazón revelde e zapatista
obrigado a loitar polo evidente
cunha serea furia
antiga e sabia

Desde o amor que resiste ó que reprime
con ella por compaña como antes
ou eu só ben armado de nostalxias
deixareime invadir de sangue  maia
para que retorne á sua propia terra
ou consiga vivir outras mil vidas
en loita contra o mundo
se é preciso
crebándolle o pescozo
e desviando
á historia do seu curso
xunto coas mesmas víctimas
de sempre

lois pereiro

poema do seu libro
poesía última de amor
e enfermidade

16-5-2011

poeta de culto




     eu morrerei novo 
     como manuel antonio
     eu nunca escribirei en castelán

          

                       lois pereiro

 


home e poeta fronteirizo
ese cruce de camiños que son vías
ese tren de monforte cara madrid
que lle abriu tantas portas
esa cidade que en poucos anos
pasóu a ser cidade maldita

pereiro poeta profético
con tantos golpes da vida
tanto amor tanta enfermidade
tantas portas que se pecharon
ese tren que non quería coller
ese final da vía na morte

lois pereiro
poeta da negra sombra
náufrago de catro a catro
novoneyra pasóuche o relevo
a quen llo pasarás ti agora
sen sabelo?

poeta de culto din
cecais poeta maldito
meu amigo

 

manolo pipas




15-5-2011

noites en branco de pereiro


Noites en branco como sabas húmidas

nas circunvolucións do meu cerebro
tendidas sempre ao vento do perigo
da erupción e da combustión eterna
doutra pel desexada que ardería
no lume que a sua visión provocara

En min aniñan sempre ano tras ano
as aves migratorias
que buscan climas cálidos 
nun exilio forzado polo inverno
vencidos desarmados e cautivos
os seus feridos corazóns perplexos
que a dor vai tinguindo nun odio frío

Unha estación no inverno, outra no ceo
temporalmente amable e despexado,
e ó final sempre a triste pulcritude
doutro ensaio xeral do soño eterno

lois pereiro

poeta ao que se adica este ano
o dia das letras galegas
texto de poesía última de amor
e enfermidade 1992-1995

14-5-2011

veñen as eleccions


o tempo das eleccions

tamen chegou ao noso camiño
outra conquista do asfalto
que sustitue a un formigón desfeito

un veciño ten contacto no concello
e logo dunhas chamadas chegaron
a buscar os seus votos

o chapapote
pero este mais civilizado
está na porta da miña casa
baixo os xeranios
e a bandeira do nunca mais


12-5-2011

pedras ergueitas


ergueitas pedras

sobre o abandonado muro
abandonadas sombras

pedras ergueitas
como as pedrafitas
ou pequenos menhires

pedras ergueitas
pouco definidas formas
como esculturas frustradas

ergueitas sombras
abandonadas pedras
esquecidas formas

as chozas


11-5-2011

sen sentido cañon


este cañon abandonado

aki perto na ria en monteferro
estame estache apuntando
e ainda inutilizado da medo

pregunto a esta arma de masiva
destruccion polas suas accions
cando estaba activo pregunto
cantas vidas el truncou

esta memoria da medo
da panico e da terror
apuntando sempre
o sen sentido do cañón


10-5-2011

pedra e illas




unha pedra                      

chea de liquenes
nun dia de sol e nubes
na punta dunha peninsula
e ao fondo que lonxanas
para nos inalcanzables
esas pequenas illas

na ria
hai uns dias


10-5-2011

da traxedia africana


falan da traxedia grega
da palestina traxedia
das varias mexicas traxedias
das varias traxedias libias
da africana traxedia

nos medios falan das traxedias
voces de supostos periodistas
como comentaristas de expectaculos

ese barco libio que estivo
a deriva uns quince dias
e que voltou ao seu porto
con ducias de persoaas mortas
porque os paises da otan
que fan a guerra nesas costas
ollaron para outro lado

ese barco da traxedia libia africana
non é un barco de inmigrantes
que son desprazados africanos
das penultimas guerras

 
09-5-2011

de galiza non se vende


nas ruas de compostela

de monteferro ao courel
de massó a reganosa
terra viva digna para todas
a montaña a chaira o val
o rio a ria a vila a cidade

e camiñamos a alameda
e as ruas da cidade do sar
polas ruas de asfalto que ven
de saqueos en lonxanas terras
e polas ruas de pedras de granito
de penedos e montañas troceadas
ai cantas feridas deixamos na terra
ai cantas abertas feridas

na praza da quintana dos mortos
entrou moita vida entrou terra
viva e digna que non se vende
a risa o berro os xogos
o teatro a poesia e a musica
e foi na praza case ao final
cando caiu unha carga de chuvia
é a nosa humida terra pois
non podia ser doutro xeito

 
07-5-2011

coa nai terra



anunciase en compostela
a medio dia deste oito de maio
manifestacion de consignas
de protestas e propostas
das fillas e fillos da nai terra
de galiza non se vende

si en compostela
un dos corazons desta terra
e un dos espacios
que primeiro nos foi roubado

en compostela
maio dous mil once
a terra para quen a respeta


06-5-2011

guerra sucia


leo a expresion guerra sucia

nunha entrevista sobre a dictadura
argentina no mil novecentos setentesis
pero pudera ser noutros lugares e anos
leo sobre a chamada guerra sucia
pero se todas as guerras son sucias
e tampouco se pode falar de guerras xustas
e poucas cousas hai mais sucias que a guerra

leo sobre os grupos de tarea
e a tarea foi desaparecer a miles de persoas
e os recen nacidos entregalos aos asasinos
das suas nais e pais e a outros complices

leo sobre os avós e avoas que buscaron
aos seus netos que descoñecian quen eran
e logo foron outros nenos que buscaron
aos seus avos e a memoria das suas nais e pais

si poeta e sobrevivinte juan gelman
cada uno tiene que asumir
su responsabilidad en la derrota


04-5-2011

solpor na cidade


solpor na cidade

como un sol que sacia a fame
as arbores por baixo do castro
as apagadas farolas e un carro
coas suas luces de xoguete
o solpor na nosa ria
sempre envolvente