16-7-2010

o magnolio

pequeno poema para unha vella
e grandota árbore desterrada
a copa do vello magnolio
é moito mais ancha que alta
unhas polas retorcidas van subindo
e outras baixan como querendo
tocar as afastadas raices
desa maraña que cobre parte do chan
que se está a encher de follas
e petalos murchos

entre os vellos muros do pazo
as flores do vello magnolio
ese lonxano arrecendo
ese sabor doutro continente
pazo de castrelos
xullo 2010