Novembro 2010

23-11-2010

memoria da miñoca

con papel e boligrafo
escribo no parque da miñoca
e aquí ao lado as veces
tamen publico neste soporte
desde a cafeteria do ventanal
sobre o propio parque

escribo no mesmo espacio fisico
onde hai quince anos ainda
plantabamos millo xudias cabazos
onde de cativos colliamos tritons
e apañabamos grandotas moras
e daqueles campos so fica unha arbore
o gran platano e a base do tronco
dun amieiro que secou e cortaron

os lugares do camiño da mina
o xuncal o camiño dos pozos
e tantos campos que tiñan
miles de chiquitas miñocas

no tempo dos magostos



22-11-2010

do vento seco a poalla

gostame este vento
seco de outono
dixecheme un dia
entre silencios e contos

tempo de outono tempo
no chan follas murchas
en montes que xunta o vento

outro dia gostabas da poalla
entre o xuncal e a miñoca
entre o bao e toralla

onte a noite

 

 

21-11-2010

a miñoca

a miñoca
é un animal pequeniño
animal pequeniño
pequeniño
iño



a miñoca
deste estraño parque

é un posible animal mui grande

ésta da foto é unha posible miñoca esculpida

que esconde parte da sua inmensa xigantesca medida


outubro 2010


20-11-2010

20 N

20 N
vinte ene
estas maisculas letras asi lemos
20 N
as letras dun maiusculo criminal
un numero e unha letra xuntos
20 N
camiñan coa memoria
seica da morte natural
do que tantas persoas inonentes
mandou torturar e matar
por la gracia de españa i de dios

sabemos que non descansa en paz

o cronista
na noite do 19
20-11-2010

nos llamarán a todos

me llamarán, nos llamarán a todos




… porque la mayor locura que puede hacer
un hombre en esta vida es dejarse morir
sin mas ni mas …


                                     sancho panza

1

Me llamarán, nos llamarán a todos.
Tú, y tú, y yo, nos turnaremos ,
en tornos de cristal ante la muerte.
Y te expondrán, nos expondremos todos
a ser trizados !zás! Por una bala.

Bien lo sabéis. Vendrán
por ti, por ti, por mi, por todos.
Y también
por ti.
(Aquí
no se salva ni dios. Lo asesinaron.)

Escrito está. Tu nombre está ya listo,
temblando en un papel. Aquel me dice:
abel, abel, abel . . . o yo, tú, él . . .

2

Pero tú, Sancho Pueblo,
pronuncias anchas sílabas,
permanentes palabras que no lleva el viento ..

                          blas de otero

autor de redoble de conciencia
e pido la paz y la palabra


19-11-2010

el equipaje del destierro

tu me preguntas como fue el acoso aquel que obtuve
metes la lengua en mi cabeza, en mi pesar, en mi algo
y bien te dejo suponer que abandoné mi pueblo
que huí rompiendo el crudo umbral
como un puma aterrado

pero yo te aseguro que no me han quitado nada
puesto que de esta tierra no me van a apartar

pues como van a robar mi volcana y su volcán
desviar de mi alma el embocar de mi río con su ría
hacharme en el paisaje el árbol con su arboladura
matarme en plena sien el rudo piojo con su pioja
quemar con un fogón usual mi libro con su librea
juntarse el yatagán con su dolor y su dolora

hacer agua en temporal mi bote con su bota
batir en retirada mi conjuro y su conjura
vibrar la cuerda de mi solfeo con su solfear

tu me preguntas como fue el acoso aquel que obtuve
pnes el ojo a ojear en la estación de mi memoria
y bien concedo que al final ganaron la batalla
que falta conocer el resultado de la guerra

pero confieso que yo no extravié un grano de polen
puesto que de esta tierra no me van a apartar
pues como van a extenuar mi caso con su casa
adelgazar mi saco vecinal con su saqueo
uncir mi canto universal de grillo y su grillete
vaciar de contenido mi arauco y su araucaria

cavar con fúnebre placer mi tumbo con su tumba
frenar la turbulencia de mi gesta con su gesto
el choque de mis esperantes con su espera dura
el equipaje del destierro es mi maleta de humo
puesto que de esta tierra no me podrán apartar

patricio manns

letra do trovador chileno
que gosto escoitar a miudo
con musica horacio salinas
cantada polo grupo inti-illimani
no disco palimsesto

17-11-2010

nocturna mariña

a lua mais pequena saiu das tristes augas
con ganas de medrar cos restos destas praias

que lonxe van as dornas dos vellos pescadores
e a lua vai con eles ate que o dia volte

as nenas xa non dormen con esta lua estraña
e buscan nas estrelas os soños que lles faltan

afundense nas augas as illas paseniño
mais resisten os faros coa axuda dos golfiños

o vento nos piñeiros as aves cos seus chios
e as nubes tan caladas xa lanzan desafios

e vai a baixamar abandonando as algas
que reclaman as costas pra non perder a maxia

o reloxio de area dez metros ten de alto
e vai medir o tempoque a noite esta durando

as nenas pola praia van recoller medusas
e naufragxs de marzo cargados de preguntas

manolo pipas

un vello poema do tempo

anterior ao chapapote

13-11-2010

historias do chapapote 6

cumprense hoxe oito anos
do dia en que o maldito barco
empezou a golpear as nosas vidas
e case nada cambiou como que ningun
dos culpables pagou polos seus crimes


ésta é a polo de agora a ultima entrega
dos poemas do chapapote
unha aperta




manolo pipas



 
-
a pedra da ferida

un ano despois
do principio da desfeita
ergueron na vila de muxia
no outeiro ollando ao mar
a gran pedra da ferida
que non é a desta foto


como homenaxe din eles
pero sobre todo nesta vila
eles manteñen a ferida aberta
no mar e na terra
e nas nosas vidas


12-04

.
a casa das despedidas


unha casa que desborda / un xardin con tres iglus
de donde dis que ves tu / de que monte de que costa


no pais do chapapote / duas noites e dous dias
seis que chegan catro idas / a casa de bote en bote


ti que quedas i eu xa marcho / eu que fico e ti te vas
o pais do nunca mais / levará moito traballo


nesta hora de marchar
ben sentidas as apertas
cando dis que ti regresas
eu xa sei que voltarás


outro ate logo mais / non precisamos palabras
pero a nordica rapaza / xa se solta en castelán


unha nova despedida / entre bagoas que non solto
ai que mundo tan revolto / non te vaias ai bambina


unha lonxana postal / chapapoteiros correos
pero a nos cecais o tempo / non nos volva cruzar


marcho so no castromil
co meu feixe de lembranzas
seguirei facendo quadras
por tres picos que non din


karnota-vigo 7-05

 


.
o nunca mais e a bandeira


o noso nunca mais
xa fora berrado e escrito nas pancartas
nas protestas polo barco mar egeo


e a bandeira do nunca mais
pintada por unhas anonimas mans
nunha das primeiras protestas polo prestige
e logo miles de veces reproducida
e a lonxanos lugares foi levada
que ate a atopei por oaxaca nunha radio na serra


anos despois tamen atopei unhas poucas bandeiras
enrolladas e tiradas nun contenedor de lixo
que nestes anos me permitiron ter reposto
cando a miña bandeira da porta da casa
se esfarela co paso do tempo
o sol e o vento


vigo maio 2010

.

o rumor

en lariño hai un rumor
un rumor hai en lariño
unha voz do mais salgado
utopias de golfiños


en karnota hai un rumor
un rumor hai en karnota
o tempo do chapapote
a batalla e a derrota


en muxia hai un rumor
un rumor hai en muxia
o mar a terra e nós
e a morte contra a vida


galiza 2009

.

voluntarixs

esther veu de castelló e antonio de canarias
marisa deixou ourense e sven é de alemania
itziar ven de vigo e o carlos deixou parla
de marrocos veu abdul e de barcelona clara


de vallekas mikele e as elisas de parma
alicia ven de zamora e de suecia johanna
adolf ven de elch e de placenza a lara
de canadá ven brian e gemma veu de cangas


de sevilla veu manu e de sabadell laura
de esmoriz ven paulo e mameda de barna
bill chegou de escocia e pichi de moaña
irene ven do barqueiro e mina ven de malaga


marcelo é de mallou
e tere de gran canaria
debora de philadelfia
e de suecia veu ania


que viva pois
o internacionalismo
chapapoteiro


lariño-lira 03- 06

.

o chapapote e os incendios

e no dous mil seis moitas terras da galiza
e especialmente os montes de karnota
foron novamente estragados polos incendios
e ate se falou da marea negra do lume
e cecais os que os prendian eran amigos
dos que botaron o barco a pique
e seguiron facendo outras desfeitas


e na abandonada conserveira de ardeleiro
que nuns meses foi empregada polos voluntarios
pouco despois dos incendios
foi o obradoiro para retocar as esculturas naturais
dos piñeiros queimados nos montes de karnota


lira-vigo xuño 2010

.

karnota onte

a penultima vez que estiven en karnota
foi en setembro do 2009


a marea alta e o sol xa baixando
e unhas nubes querian cobrir o pindo
e a dereita do faro de lariño
por debaixo do campo de futbol
que estaba cheo de fantasmas
so tiven que levantar unha mediana pedra
e manchei uns dedos de chapapote


posdata
de mallou leveime unhas uvas
unhas castañas e unha aperta


9-09

.

ultimo regreso

volvin en maio deste ano
pero so estiven unhas horas
e saudei aos nosos fantasmas
entre lira e lariño




13 de novembro
oito anos despois
12-11-2010

a porta e o andar

a porta verde setimo andar

presenta o seu segundo libro
os versos destas nove voces
resistentes creadores en galego
t
raballadoras da palabra e do ritmo
amigos e compañeiras de filo-cafés

verde a porta a terra e a lingua
enerxica e comunitaria proposta
r
eveldes olladas e sentires
do setimo andar da poesia
entregada nos vosos espacios

setimo andar poesia alén
en vigo presentado na cova dos ratos
tempo despois en espinho e o porto
i
de regreso os poemas na ria
moaña foi a nosa nova palestra
organizada na quintela entre libros

a porta verde o setimo andar
navega coa sua poesia alén
debullando historias por bueu
ai compostela que agora agarda
ritmo e palabra en nove voces

 

o cronista

setimo andar poesia alen
libro do espacio a porta verde
será presentado na libraria couceiro
este sabado 13 as doce e media

da mañan compostelana


11-11-2010

saharaui saharaui


entre o deserto
o oceano e as estrelas
un pobo invadido polo seu veciño
cando se retirou o anterior invasor
a historia tantas veces repetida

trintecinco anos xa van
e un pobo case ignorado
porque é pequeño é devil
e o seu invasor é poderoso
a cruel historia tantas
e tantas veces repetida


lariño

10-11-2010

o pobo do deserto

eu nunca estiven no deserto
nunca pisei a sua area
eu non coñezo o seu tempo

non pasei da calor do dia
ao frio da sua estraña noite
non me deu na cara o seu vento

eu non coñezo ao pobo
entre o oceano e o deserto
pobo nomada entre as dunas e as estrelas
as suas jaimas os seus cantos o seu tempo

eu non coñezo a este pobo saharaui
pero oin parte da sua historia
falei con algunha das suas exiliadas
e por eso hai tempo que estou coa sua loita
unhas veces na rua coas pancartas
e agora neste espacio libre como o seu ceo
aquí con estas poucas palabras

en vigo a 10 de novembro
09-11-2010

palabras e silencios

tantas voltas damos as palabras
que nalguns verbos e adxetivos
as veces esvaramos e caimos
e damos contra o chan coa cara

varias voltas damos aos silencios
e nalgunhas olladas e aloumiños
as veces esvaramos e caimos
e no chan buscamos novos verbos

palabras e silencios ás voltas
son os pasos do noso camiño
pero as veces esvaramos e caimos
e sentimos enriba unha lousa

ás voltas palabras e silencios
ollamos para atras e levantamos
amiga as feridas nós levamos
neste camiño que imos facendo


lariño