Novembro 2010

08-11-2010

como un fado

marchar da casa camiñar buscar
inxenuo o teu corazon regalado
o tempo das hortas e das granxas
aprendizaxes e desenganos

a uva que da alegria ao viño
para ti so foi traballo amargo
eterna fuxida cara adiante
o teu sino case como un fado

o campo o monte e os cumes
e ti triste desde a xanela ollando
os proxectos persoais e colectivos
que case todos se foron abaixo

e todo isto sempre co teu sorriso
amiga que mo vas contando
eterna fuxida cara adiante
o teu sino e canto amargo fado

lariño

06-11-2010

ovellas negras bretema e etica

as ovellas negras

ai onte foron centos
de pequenas ovellas negras
maltratadas polos doberman
do decrepito pastor aleman
á beira do campo das estrelas


a bretema e a ética


hoxe hai moita bretema
e moitos mais doberman
no chamado campo das estrelas
pero a bretema non é
a que non deixa ver
toda esta inmensa falta de etica




o cronista
hoxe á mañan
05-11-2010

nós non te esperamos

a cidade outra vez
tomada pola gran mentira
e un bo rebaño de submisas ovellas
agarda que mañan chegue
o vello e decrepito pastor aleman
un can con disimulados
pero ainda ben afiados dentes

nós non o agardamos
e non o queremos
nen aquí nen en ningures
e as outras ovellas negras
que nen se acerquen

o cronista
onte a noite
04-11-2010

versos de julio cortázar

 


,
  otro poema para cris

Tienes a ratos
la cara del exilio
ese que busca voz en tus poemas

Mi exilio es menos duro
le sobran las defensas
pero cuando te llevo de la mano
por una callecita de París
quisiera tanto que el paseo se acabara
en una esquina de Montevideo
o en mi calle Corrientes

sin que nadie viniera
a pedir documentos


julio cortázar


poeta e narrador argentino
autor de rayuela e final del juego
versos de salvo el crepúsculo



03-11-2010

realidade e soño

disme que queres fuxir
da tua realidade
e sabes que non podes

pero foxes soñando
esperta e dormida
soñas

lariño