Xullo 2012

12-7-2012

miles de soños morenos




miles de conciencias morenas
camiñan contra o fraude electoral
nese pais que chaman mexico
a imaxe é destes dias do zocalo
da cidade de oaxaca


miles de soños morenos

caras morenas e limpas
descobertas estas caras
miles de corpos morenos
camiñando por oaxaca

baixan das comunidades
o camiño das guarachas
brechas e terracerias
estradas ruas e prazas

   das aldeas á cidade
   como logo das colleitas
   os froitos da terra nai
   son froitos da resistencia

coloristas paliacates
e algun pasamontañas
as avoas e os chamacos
mural de corpos e mantas

caras morenas e limpas
camiñando por oaxaca
no zócalo van buscar
o corazon destas marchas

antes foran os plantons
antes tamen barricadas
miles de soños morenos
murais de corpos e mantas

   das aldeas á cidade
   como logo das colleitas
   as marchas da terra nai
   son froitos da resistencia

manolo pipas

texto musicado por servando
para cantar o venres na cova

10-7-2012

dos outros códices




o códice calixtino roubado
foi a aparecer un ano despois
uns ladrons foron roubados por outros
e canta palabrería sospeitosa estes dias
mais porque non lembramos outros códices

en códices e murais
e nas estelas mesoamericanas

estaba representada a historia
as lendas e a vida cotiá
das poucas culturas orixinarias
que chegaron a crear

con debuxos unha escritura

ideografica de glifos


e chegou ao continente
a espada coa cruz
o capitán e o bispo
camiñando xuntos
masacrando aos infieis
e sometendo aos supervivintes
dominando o territorio
e destrozando todas as formas
da identidade indixena
que non lles servían
para impoñer a nova relixion


cantos templos derrubaron
cantas estelas e muros con murais
para construir igrexas e conventos

e cantos códices mixtecos
zapotecas aztecas e mayas
queimaría a igrexa católica !?

o cronista

os codices non tiñan forma de libro
eran longas tiras dunha especie
de papiro da casca da arbore do amate
e dobrabanse coma un biombo
imaxe dun códice zapoteca
un dos poucos que se salvaron


09-7-2012

desde bonaval




ai parque de bonaval

arbores e cimeterio
ao fondo a catedral

as arbores do pasado
a memoria dos antigos
os segredos agachados

codice e botafumeiro
se contaredes un pouco
ai caian tantos medos

que che pasa compostela
canto tempo xa perdido
que pasou coa tua estrela

lariño

08-7-2012

neno polo valado




o neno camiña rapido
parece que fai equilibrio
sobre o valado

de algo foxe este neno
con capucha e mochila
o neno camiña rapido
un xogo a sua travesía

cecais o neno fuxa sen sabelo
do mesmo que foxe a nai
rapido sobre o valado o neno

lariño

07-7-2012

recital polo país das nubes




viaxe ao pais das nubes
versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro

duas voces e unha guitarra
mestizas historias que acordan
entre os acordes e as melodias
na cova dos ratos o venres trece
de xullo ás dez e media da noite


versos dos libros  viaxe ao pais
das nubes e a milpa e o paliacate
ilustrados por pedro currás e eva castro

da cidade de mexico á rexion de oaxaca
de atenco ás comunidades zapatistas
do altiplano do centro ás montañas do sur
das pobres barriadas mestizas
ás comunidades indíxenas ...


servandobarreiro.blogaliza.org
envolventesaspalabras.info


06-7-2012

mirada sostenida




Mirada sostenida


Resistir es sostener la mirada.
Sostener la mirada es abrazar la memoria,
tocar sin miedo y reescribir sobre las cicatrices
capas de piel adentro.
Rehabitar las pieles que somos.
Intervenir la propia existencia
para resignificar las miradas que nos habitan.
Tras 6 años de la represión en San Salvador Atenco
y Texcoco, de las 27 mujeres sobrevivientes
de tortura sexual, 12 mantienen una denuncia
pública contra el Estado mexicano.
Mirada sostenida es un proyecto fotográfico
que plantea un acercamiento a la resignificación
individual y colectiva de la propia memoria.
Cada una de las 12 mujeres eligió un lugar
que durante el proceso de estos 6 años
le ha sido significativo y que volver
a él simbolizara una reconciliación
con su propia historia.


Mujeres que ponen el pecho

Diez historias de vida
que convergen en la represión y se reencuentran
en la resistencia y la búsqueda por un proceso justo. Diferencias desde la edad –que abarca
de los veinticuatro a los sesenta y cinco años–,
de nacionalidad, de suelos, de ocupación, de voces,
de sueños. Solo algunas eran activistas. No todas
se conocen. La idea de la denuncia surge dentro
de la cárcel en los primeros 15 días de su detención
para exigir la libertad de los presos políticos.
Con el tiempo y tras la liberación de los presos,
toma sus matices en la búsqueda por alcanzar
la justicia a través de un proceso jurídico,
de señalamientos públicos, de la exigencia
por la no repetición; de reconstruir un proceso
de justicia alternativa, de la recuperación y sanación
del propio proceso, y principalmente, de romper
el silencio y pronunciar su palabra de mujer
que hace cimbrar a este país.

Liliana Zaragoza Cano

a seis anos da represion
en atenco e texcoco
un novo
espacio da resistencia
http://miradasostenida.net/

05-7-2012

polos outros mexicos




cantiga do campamento 

xunto ao bote o campamento
unhas dentro i outros fora
e non dan pasado as horas
desde as reixas ate atenco

as mulleres violadas
agora en folga de fame
hai fame de liverdade
desde a terra ate as palabras

os ollos da outra campaña
seguiran rompendo espellos
con mestizos pensamentos
desde atenco ate chiapas

son de todos os colores
as caras do campamento
e seguiran por atenco
medrando as mestizas flores

manolo pipas

texto do outro mexico do libro
viaxe ao pais das nubes 06
con mais ou menos fraude
o asasino enrique peña nieto
vai ser presidente de mexico
el que é un dos culpables
da represion e crimes en atenco
imaxe do campamento-plantón
de santiaguito en maio 07
polas duascentas persoas presas
por vicente fox e peña nieto

04-7-2012

do bermello ... lume




por un inmenso incendio forestal

nun accidente morreu onte en valencia
un traballador contra os lumes

… sois los heroes de los niños
sois el orgullo de vuestras familias
sois un ejemplo para este pais...

son titulares da prensa destes dias
pero non son para os bombeiros
son para outros traballadores
que cobran millonadas por golpear
unha cousa redonda hora e media
un dia ou dous dias á semana
e que eses dias por facer
o seu traballo no extranxeiro
levaron outros millons de regalo

un exemplo para a este pais

o cronista


02-7-2012

senhora do almortâo




Senhora do Almortão

ó minha linda raiana
virai costas a Castela
não queirais ser castelhana

Senhora do Almortão
a vossa capela cheira
cheira a cravos, cheira a rosas
cheira a flor de laranjeira

Senhora do Almortão
eu pró ano não prometo
que me morreu o amor
ando vestida de preto

Senhora do Almortão
ó minha linda raiana
virai costas a Castela
não queirais ser castelhana

tradicional

cantiga popular portuguesa
grabada por zeca afonso
dulce pontes e outras voces

01-7-2012

esprimindo paixons




esprimindo as tuas paixons

nacen pezas de ceramica
revelando o seu misterio

as laranxas os limons
mans sobre barro e froitas
e o branco sobre o negro

esprimindo as emocions
saen estas poucas palabras
que enchen o vaso de versos

soedade dos corazons
esprimir  e  compartir
cos grandes e cos pequenos

pipas

01-7-2012

cerámica para almorzar




uns cacharriños de barro

escribiume unha amiga
para o sabado expoñer

ceramista alfareira
materia que colle corpo
que ela xa vai compoñer

gres altamente cocido
formas azuis sobre o branco
que pintaron esas mans

tazas pratos e bandexas
azucreiro e meleira
debuxos da terra e o mar

e vasos xerras e cuncas
o te o zume o tomate
unha mesa pra almorzar

noutra louza van os pinchos
bo  tintorro  do  país
o convivio e o cear

manolo pipas

para beti pola exposicion
de ceramica inaugurada onte
en alfar vigo h cortés 5
espazo para a louza de autor