Xaneiro 2014

14-1-2014

nuvens de teca




nuvens

Ah as nuvens!

De nácar adornan meus dias
e jorram melaço aos sonhos.

Sou irmâ das nuvens,
apaixonada pelo vento flutuo
prazerosa namorando aves,
e multiforme espreguiço-me
no leito celeste.

Amo as nuvens liquefeitas,
pinceladas divinas no chapéu do mundo,
e as redondas,
sensuais nádegas de algodâo
entregues á brisa sem tino.

Venho do pais das nuvens,
falo seu idioma,
nâo tenho âncoras nem paragens,
de ouro visto-me
quando desperta o sol
minha cas o imenso azul
e minhas raízes aninham nas estrelas


teca barreiro

do libro
destellos en el vacío
lampejos no vazio
versos brasileiros
e imaxe das canarias




12-1-2014

voces na casa tomada





       a cofi e ramiro e toda a banda

a casa tomada está á beira

dunhas vías que antes eran da tribo
e por elas chegamos os do sur
nós viñamos falando de tantos mundos
de terras músicas e festas e doutras voces

e mans amigas que non puderon vir

e platicando con outra compa que baixou
nas mesmas vías pero que non puido ficar

abriu a porta da casa tomada claudia
e ramiro e alfonso do verde sétimo andar
contaron do colectivo e logo recitaron
a casa tomada nave alugada está mui fría
e alberte e verónica compartiron os primeiros
poemas que case sempre son os máis difíciles
e ao final non non vimos e van unhas apertas
sonaron as buguinas grandes caracolas do océano
nos beizos de xośe do mar e alfonso do faro
como chamando a unha xuntanza de poetas
e eles mesmos botaron os seus salgados versos

iolanda que se perdeu oiu as caracolas
ela que se despista nas cidades porque ven
da terra verde xa deu coa casa e tamén recitou
marta buscouse os días antes do recital
pero sabe que na palestra se vai atopar
aínda lonxe das suas pedras do freixo
maría das reigadas recitou os seus poemas
das últimas fragas atlánticas do río eo
e tamén presentou algunhas destas vías
regalándolle o título do libro de lino a iolanda
e os dous quedaron contentos de compartir

e fostes algunhas ricas voces máis
pero non me deu para máis a pluma
o mencer a porta a nave e as vías
pero outra voz pode completar a crónika

no mencer perto de casa e vías
o cronista


11-1-2014

a miña palabra tomo

 



a miña palabra agora tomo
nesta casa tomada á beira das vías
a vía das artes nós tomanos
tomámola con conciencia social
porque vós socializastes este espacio
os espacios que non perdan a memoria
a memoria das outras casas que perdimos
entre o centro social atreu e a casa encantada
encantado eu estou de estar nesta nave
principio e final dunhas vías tomadas
polas formas dos de abaixo

esta casa está tomada
polos corpos polas artes
a miña intervención deixo
a miña pequena parte

manolo pipas



11-1-2014

as casas e as vias da terra




nesta casa á beira destas vias no decimo
aniversario da revolucion zapatista
lembro o encontro da digna rabia

no autitorio da universidade da terra
a via campesina pues labregos contadinas
binni-hualadxi pageses a'tel-winik agrotis
camponesas .... e volto lembrar ao sureño compa
que se nos presentou como labrego do mundo
e as vias campesinas eran as calzadas romanas
os camiños dos quechuas e tantas outras vias
de puras pedras terra e area que foron empregados
para camiños posteriores e para estradas actuais
pero algunhas calzadas ainda seguen sendo utilizadas
sen que a reformaran nestes centos ou miles de anos
como na galiza en oaxaca ou no perú
e outras foron absorvidas polo bosque mediterraneo
a jungla bengalí e a selva yucateca
e nos ainda camiñamos por vias campesinas pues
vias ecoloxicas ou de permacultura dirán agora
camiños comunitarios da terra nai sen mais 
e un mestizo compañeiro da via campesina
camiña con relajo con sombreiro
de palma e paliacate verde
a terra para quen a traballa
e a terra para quen a respeta 

chiapas xaneiro 2009
do libro a milpa e o paliacate



09-1-2014

as pinturas das chuses




láuzara chus vázquez

as dúas tocallas pintoras
a aura que unha vez anhelara

os vosos mundos cotiás
fundidos nos mundos
que soñades nas pinturas

expoñen obra en pontevedra
unha ponte une as chuses
que seica non se coñecían
e as augas das súas cores
e o líquido das súas formas
xúntanse tamén nun río
que vai levantando pontes
coma o cartaz da exposición


chus láuzara e chus vazquez
expoñen no edificio da chunta
e pontevedra campolongo
na inauguración tamén
recitou asun estévez
e falaron as compañeiras

manolo pipas



08-1-2014

da deusa do mar




o temporal do mar
rachou a pedra de abalar

e días atrás un raio
coa axuda da abandonada
instalación electrica
queimou o templo católico
da virxe da barca de muxía

chorase a virxe e a barca
e chorase a deusa do mar
e tamén a pedra de abalar

non hai lugar de culto
máis fermoso e con máis sentido
que unha rompente ou que un outeiro
co altar das propias pedras da natureza

lariño




07-1-2014

dos simbolos de portugal




este home símbolo de portugal

este home nacido nunha barriada pobre
da colonia de áfrica oriental
que durante moito tempo
desangrou o imperio portugués

un grandísimo deportista
daquel tempo no que se gañaban o soldo
e din que moito mellor persoa
eusebio o futbolista que o dictador
non deixou que fora xogar ao extranxeiro

na que fora capital do imperio
eusebio foi despedido no estadio da luz
que oculta a historia e a realidade

e nalgunhas crónikas do eusebio
aparece citada a amalia rodrigues
como o outro símbolo portugués
a muller a voz do fado de lisboa
símbolo sen querer da dictadura
e dunha sociedade machista

fálase de que o fascismo portugúes
se mantiña tamén gracias a outras efes
o futebol o fado e a fe de fátima
e entre o futebol e a fátima
moito e moito fanatismo

o cronista




05-1-2014

proibido xogar




esta parede

non ten nada especial
é unha vulgar parede
nunha praza interior
dun baixo para ser alugado
e os balonazos nada poden romper

xogade rapaces xogade
ir contra as normas e as proibicions
moitas veces é necesario e da gosto

o cronista

04-1-2014

lucia cuarteto e o mar




a lucía góstalle contar historias

cada presentación dos seus temas
pode ser un conto

ela que é a máis pequena da banda
sóbese á batería para presentar
os músicos e as composicións

e o concerto é unha travesía
vigo porto cuba colombia argentina ...
canta auga salgada e dóce canta auga
e unhas boas paradas en berlín

co bar hipólito ben abarrotado
non era doado facer unha
boa foto do grupo banda
pedro lucía karl joâo
lucía cuarteto e o mar

graciñas polos temas dos discos
e polos novos bela confusione
auxiliar de marimbeiro
alfonsina y el mar...

manolo pipas


03-1-2014

parque e temporal




deixei o banco e a fonte

e seguín a camiñar
mollado o bosque e o pazo
os xardíns e o seu pombal

e o auditorio de castrelos
un requiem debía tocar
pola acacia que tirou
este último temporal

lariño


02-1-2014

banco e fonte




meu vello banco de pedra

mesmo á beira da fonte
mollado hoxe non estás
para que eu en ti repouse

agora non teño sede
mais non podo rexeitar
esta auga de castrelos
vella amiga do lugar

lariño


02-1-2014

outro ano pois




un exceso de saudade

deixa unha estraña resaca
non estar onde quixeras estar
e non estar con quen quixeras
camiñar un pouco tempo

e din que vai un novo ano
chove venta e vai limpando
vai asentando o que precisas
o inverno ten o seu aquel
e camiñar outro tempo

góstame o número trece
pero este non foi un bo ano
nen no persoal nen no colectivo
e quen sabe que nos depara este
camiñemos outro pouco tempo

lariño