Xaneiro 2014

31-1-2014

musicas e cancions dun encontro




refúxiome na música moitas veces

as melodías que na casa escoito
ou que me acompañan coma fondos
son case todas ben envolventes

as músicas e cancións coma alimento
unhas veces coma froitas que masticas
como liquido que bebes aire que respiras
co ritmo da tua vida espacio e tempo

un alalá un fado unha chacarera
un son un swing unha sonatina
que estilo e que voz ti necesitas
que música ou canción ti desexas

manolo pipas

imaxe da mesa
recital andel onte



29-1-2014

entre cantoras e poetas recital




de uxío novoneyra a suso vaamonde

de miguel hernández a violeta parra
catro grandes voces que agora cito
como podían ser outras catro
que tamén me probocaron versos

uns textos para facer un recital
palabras apertas homenaxes elexías
a algunhas voces que me acompañan
de mercedes sosa a eduardo galeano
de josé afonso a rosalía de castro
tamén podía poñer no cartaz
de pedro de hai uns días

e juan gelman e josé emilio pacheco
que vivían no mesmo barrio mexica
marcharon cos seus cadernos de poemas
e pete seeger seguiunos co seu banjo
palabras apertas elexías homenaxes


entre poetas e cantoras
recital
de poemas de manolo pipas
combidado o trovador servando barreiro
mañán xoves 30 de xaneiro
as 20:00 pola libraria andel
camelias de beatriz 102 vigo



28-1-2014

mestre da outra cultura




       na memoria de kuy

actor da outra cultura

mestre das outras leccións
segue vivo o teu exemplo
nas marchas e nos plantóns
na resistencia dos pobos
co teatro e as cancións

vinte anos zapatistas
cumpriu a revolución
asambleas escuelitas
todas as declaracións
nós non esquecemos compa
desde atenco até chilón

compañeiro dramaturgo
activista e corazón
seguiremos o camiño
da nai terra e da razón

manolo pipas

o compa francisco
kuykendall foi asasinado

pola represión de peña nieto
presidentedictador de méxico



27-1-2014

poema de pacheco




manuel bandeira camina

por la colonia hipódromo
(agosto 30 de 1985)

He observado en la calle a un bicho extraño.

Entre las bolsas de la esquina
buscaba su alimento en la basura.

Cuando encontraba algo,
sin olerlo ni examinarlo,
se lo tragaba vorazmente.

No era un perro ni un gato ni una rata.

Era, Dios mío, un ser humano.

josé emilio pacheco

cidade de méxico 1939-2014
poema do libro miro la tierra
imaxe do centro da súa cidade


26-1-2014

o cabaliño de buxo




o cabaliño de buxo

no fondo da libraría
agarda por unha nena
que se faga a súa amiga

o cabaliño de buxo
a este rincón da ría
chegou das terras do ulla
cargado de fantasía

o cabaliño de buxo
do querido neira vilas
pra meniñas e cativos
trouxo contos e cantigas

manolo pipas
na libraría andel


25-1-2014

memoria do xabarin




xabarín 18
18 anos dun proxecto normalizador
un libro e unha exposición de cadros
clausurada hoxe na libraría andel
con poemas relatos cancions e debuxos
e impulsada por dous centros de ensino
eei monte da guía vigo e cep sequelo marín

a mascota o amigo o herói...
as lembranzas das que medraron
coas suas modernas cancións
e a ollada critica daquel tempo
e do noso tempo dos fillos do xabarín
co seu mundo medio estragado polos darriba

18 anos dun proxecto normalizador
entédese que con el a pesares do poder
se normalizou un pouco o galego
pero tamén con el se normalizou
a televisión do fraguismo

eu non puiden participar
neste colectivo e nesesario libro

pero fun combidado a recitar
e compartín poemas doutros animaliños
ai miña galiña azul xa publicado aquí
e o cabaliño de buxo que vai logo
a imaxe da cronika é dun cadro
da exposicion que tamén vai no libro

pipas



24-1-2014

voces que me acompañan




entre poetas e cantoras

textos para facer un recital
palabras apertas homenaxes elexías
a algunhas voces que me acompañan

ama de mikel laboa
a serra e o bosco de novoneyra
balada do outono de josé afonso
de victor jara abre la ventana

agua diosa de guadarrama tapacamino
las palabras andantes de galeano
de filipa pais praia das lágrimas
o neno labrego de neira vilas

os ventos dos pobos de miguel hernández
de violeta parra volver a los diecisiete
de gabriel yacoub les choses les plus simples
compañeira de fuxan os ventos

 

imaxe de oaxaca
manolo pipas



22-1-2014

entre poetas e cantoras recital




entre poetas e cantoras
de novoneyra a suso vaamonde
de miguel hernández a violeta parra...

recital de manolo pipas
o xoves 30 de xaneiro
as 20:00 na libraria andel
camelias 102 vigo

entre poetas e cantoras
palabras apertas homenaxes elexías
a algunhas voces que me acompañan

textos dos libros do autor
e outros publicados neste espacio
debuxo e cartaz de pedro currás



21-1-2014

chuvia e chuvia




a chuvia non para

coma unha música
desta terra húmida
en tempos da lúa

a chuvia na mañán
e na tarde escuras
coas húmidas preguntas
dos tempos da lúa

lariño


20-1-2014

lenta tarde




as nubes de matamá

medio enmarcadas na casa dos avós
na tarde lentas a pasar
preparando os seus chaparróns

pipas


18-1-2014

noutra terra




outro aeroporto

outra terra outro mar
outras nubes outros meridianos 
vai calor e ti tremas
cando baixas do avión
e sobes outro escalon da vida
as maletas pechadas
polas chaves das feridas
que pode ou non curar o tempo

levas nas maletas grandes
roupas libros cadros e discos
e instrumentos que non darás afinado
e na pequena a tua biografía
en papeis orixinais e copias
axendas fotos e cartas
e documentos con estúpidos cuños

outra cidade outra carretera
e outro semáforo que che fai parar
e logo di que pases
pero se cadra agora non queres

outro barrio outr@ veciñ@s
outra casa outros cuartos
outros sorrisos outras penas
outro complicado equilibrio
e as mesmas maletas
que coas chaves das lembranzas
ti non podes abrir
    
prova coas chaves da utopía

manolo pipas

16-1-2014

palabra de juan gelman




"Miente la muerte cuando dice

que Juan Gelman ya no está"
Eduardo Galeano


Referencias, datos personales

A mí me han hecho los hombres que andan bajo
el cielo del mundo
buscan el brillo de la madrugada
cuidan la vida como un fuego.

Me han enseñado a defender la luz que canta conmovida
me han traído una esperanza que no basta soñar
y por esa esperanza conozco a mis hermanos.

Entonces rio contemplando mi apellido, mi rostro en
el espejo
yo sé que no me pertenecen
en ellos ustedes agitan un pañuelo
alargan una mano por la que no estoy solo.

En ustedes mi muerte termina de morir.
Años futuros que habremos preparado
conservarán mi dulce creencia en la ternura,
la asamblea del mundo será un niño reunido.

Juan Gelman