Febreiro 2014

17-2-2014

búscame de santiago feliú




Búscame donde sientas que está ardiendo,

donde se eternizan los recuerdos,
donde no me encuentres, donde estuve,
donde se olvidaron de quererte.

Si todo el amor del mundo está tiritando,
cada segundo cuesta un siglo de espera,
dime si lo que sientes no es lo profundo,
en cada momento del alma de esta escalera.

Búscame donde la ilusión tuvo hijos,
sobrevolando un sueño que acuna el tiempo,
en la más melancólica melodía,
incinerando infiernos para tu vida.

santiago feliú

búscame(sobrevolando un sueño)
letra do seu disco
náuseas de fin de siglo 1994
seguimos buscando a santy
pero el marchou na viaxe máis longa


16-2-2014

reclamo do mar




o mar reclama

todo o que perdeu
unhas pedras uns metros
o que lle roubamos o que é seu

foto estes dias pasando
baiona logo de baixar do bus
un pouco antes de que voltara
a chuvia e o vento





14-2-2014

o sensato e a pirata




febreiro neste catorce / seica se foron casar

unha nuria e un pascual / mira ti que día escollen

a pirata e o sensato / logo de boa travesía
formalizan a súa vida / con testigos nun xulgado

furancheira e paelleiro / nativa con valenciano
os foguetes so faltaron / pola chuvia e polo vento

ai pirata e ai sensato
para ilustración eu poño
unha romántica foto
da parrula co seu pato


eu non puiden no xulgado
estes versos recitar
que a xuiza faloume mal
cando tentei un retrato
logo foron recitados
nunha mesa por un bar...


o cronista
cunha imaxe
na bouza onte


13-2-2014

pola sanidade publica




porque nós non padecemos de ética
porque non temos enferma a conciencia
porque nós non coxeamos da palabra...
pero nos doe como desmantelan
a nosa sanidade pública
e porque tamén nos doe o aborto
pero máis nos doe a precariedade
e a fame de miles de persoas
por todo isto e máis manifestámonos
hai unhas horas pola sanidade pública

na imaxe unha concentración onte
fronte a clínica povisa na mañán
e eles son ben poucos e nós
hoxe éramos varios miles
imaxinémonos que nos turnamos
e mantemos esa e outras faixas
varias horas ao día nas portas
dos hospitais por unha sanidade pública

o cronista



13-2-2014

follas novas na bouza




na bouza vella os salgueiros

vedes como botan follas
entre tantos temporais
a pouca calor abonda

da natureza aprendendo
o seu verde que renova
se algún salgueiro ela tumba
a outros novos dalle forza

que chova e sopre o vento
e longa vida pra bouza

manolo pipas


12-2-2014

memoria da bouza e coia




unha parella xa maior

que naceu no barrio ou veu de fora
dencansa á beira dun reclamo
é unha foto do barrio da bouza en coia
penso que a finais dos setenta
sentados á beira do campo gitano
así chamado popularmente por nós
polo campamento que había perto del
e a esquerda as cocheiras dos tranvías
onde nós xogábamos de nenos
e detrás delas os ameazantes edificios

onde está o campo de fútbol
agora temos o parque da bouza
e debaixo dela a bouza vella
piñeiros e carballos e a charca
coa seu rico ecosistema húmido
pero aínda faltan espacios culturais
e esta foto atopeina con outras exposta
na biblioteca neira vilas do calvario
nunha charla sobre os ultimos anos
de coia das leiras aos grandes bloques

o despoxo dos que ali vivían en pequenas casas
e a construcción do novo barrio incumprindo
o proxecto orixinal coa masificación dos edificios
as barriadas dormitorio de infraestructuras materiais
e equipamentos deficitarios e as poucas zonas verdes
as drogas chamadas duras e a delincuencia
que quen sabe como e porqué entraron
e de todo isto se defendeu pacificamente
o asociacionismo do barrio da faixa da imaxe
o movimento cidadán de dorna rueiro luar ...

e ainda hoxe algúns dos nosos vellos camiños
mal asfaltados de coia seguen sen beira-ŕuas
e con iluminación deficiente para chegar ás casas
como surrealistas reductos da coia rural orixinaria

o cronista
desde o camiño de figueirido

11-2-2014

dos camiños da coia vella




non teño ningunha foto / do camiño orixinal

polo que nós tantas veces / subíamos  pro xuncal
na memoria gardo ben / lavadeiro e manantial
amieiros e tritóns  /  lagartos e silveiral
os nosos xogos de nenos
entre a cidade e o rural
...
un nome da coia vella
mantén vivo este lokal 


ai o camiño da mina / que arrasóu este concello
deixando so unha casa / co seu xardín e abeto
xunto á praza da miñoca / a memoria dos labregos
os nomes dunhas rúas tapan / con fotógrafos senlleiros
e seguro que os finados
non comparten estes feitos

co doado que sería
empregar os nomes vellos



hoxe na bilioteca neira vilas
martinez garrido 21 as 19:30
darán a charla a coia das leiras
aos grandes bloques

manolo pipas


09-2-2014

desde salvaterra a manolo




agarrei o comboio das dúas
e fun con tempo para salvaterra de miño
e na parada de porriño lembrei
un dos primeiros festivais nesta vila
xa en salvaterra saía o sol por portugal
e camiñando de vagariño crucei a ponte
cheguei a monçâo e perdinme entre as murallas
empezóu a chover e voltei seguindo cos ollos
o río que arrastraba taboas vimbios e ramadas
parou o vento e a chuvia e pasei a ponte
de novo en salvaterra subin a fortaleza
e dentro camiñei un pouco so un pouco
que son moitas e vivas as lembranzas
e de novo a chover e non podía ser doutro xeito
que somos fillos e fillas da terra da chuvia

a homenaxe foi outro festival da poesía e da música
dos títeres do humor dos amigos e da resistencia
na entrada as caricaturas de pepe carreiro
o carrabouxo xaquin marín e ignacio hortas
e na sala tocaron os cuncheiros e houbo algún baile
e presentou o leo cos seus desobedientes irmańs
falaron os teus compañeiros de cemsa
e recitaron o daniel o brais e o nolim
cantou o tino baz co mar aberto
para tentar liberar todas as prazas
o àrias curto coa memoria do outro activismo
o gustavo puxo voz ao viale moutinho
e lembrou a marta bos momentos dos festivais

o colectivo xestal xan xico e toniño cantou
ao manuel alegre e ao adriano correia
de oliveira a trova do vento que pasa
há sempre alguém que diz nâo
e tanxarina fixo un pasa-rúas dentro da casa
que onte foi de todas e tamén da cultura
era xa ben entrada a noite e había uns nenos
e cos títeres tamén nos fixeron nenos a nós

cantou a uxía coa sua familia
os cantos da familia galego-portuguesa
e falaron os teus camaradas de nós-up
e neste espacio das nacións sen estado
o son da poesía euskalduna do aranbarri
que tamén recitou na nosa lingua
e eu que tomo pouco tiven que pedir
un copo de likor café para subir as tres
escaleiras para botar os meus versos

o kiko neves recitou fumando o teu pitillo
e falaron os teus compas da sociedade
cultural e deportiva do condado
e lembramos ao carlos estaca
ao toñito das bicicletas

e aos outros finados do festival
e o suso vaamonde tamén presente

o xurxo souto botou bravos cantos
foron os ritmos do país do son da triga
e seguiu liska! co seu ska combativo

na imaxe da crónika imaxinanos a todos e todas
cantando irmaus con estes rapaces e rapazas
a quenlla onte coma hai uns corenta anos
fuxan en salvaterra de miño poesía e música

onte recitei os poemas arrecendo a poesía
e manolo soto poesía xa publicados acá


pipas


08-2-2014

homenaxe a manolo soto




Homenaxe a Manolo Soto “O Rata”

activista cultural e independentista
en Salvaterra de Minho na casa da cultura
sabado 8 as 19:00 horas da tarde
organizado pola SCD do Condado
e coma no festival da poesía alí estaremos
con poemas e músicas e outras artes
por esta solidaria matria da chuvia
que quere ser ela mesma
manolo soto sempre connosco



07-2-2014

das arbores de samil




xa mediado este inverno

febreiro tempo de podas
ás arbores darlle un toque
sacarlle algunhas polas
e que lles entre máis aire
e plantar árbores novas

as árbores a coidar
por elas polo que dan

mais este cruel concello
segue árbores talando
por tres piñeiros enfermos
moitos máis sacrificados
o serrón dese alcaldito
vai por samil desbocado

as árbores a coidar
por elas polo que dan

o cronista



06-2-2014

compañeiro rabudo




1 coplas pro rabudo

cicloxénese saliva / polvos e ostras con perlas
que non che falte o humor / meu amigo noitarega

a túa pluma rabuda / non a parará o sistema
os teus relatos da vida / que os espallen as mareas

non te vin polo san brais
que ti andabas noutras lerias
nacho mirás o rabudo
compañeiro unha aperta


2 pasodoble do rabudo

cóntasnos que te radiaron  / e non é porche na radio
hai anos nela nos vimos / e antes fora por uns palcos

mireite no faro da voz / que así falamos en vigo
non tiñas mui boa cara / e o fotógrafo era amigo

ese cancro que mal bicho / porqué quererá pelexa?
que ben vos quedou o arco / con esa pluma de flecha

vémonos cando nos toque
por bembrive entre gaiteiros
acordeime da salgueira
e dos vellos compañeiros


a nacho mirás fole
que cada día nos conta
da sua loita en  rabudo.com


manolo pipas


05-2-2014

liquidos da terra




ai desta terra a vide

a uva e o viño

desta terra a maceira
a mazán e a sidra

ai desta terra o barro
a cunca e o tinto

por bembrive