Decembro 2015

17-12-2015

a cancela

 


a cancela está pechada

pero olla ben amiga

que xa non pecha nada

 

lariño

 

 

 

16-12-2015

do vello piruli

 


o pirulí a vella residencia

o chamado hospital xeral

ten os días contados

esta máquina aínda non

o ameaza pero quen sabe

é o desgoberno quen o está

deixando morrer día a día

 

no hospital hoxe mesmo

aínda traballan pola sanidade

pública unhas cen persoas

e en poucos días moitas delas

levarán unha patada no cú

 

e do futuro do vello pirulí

todo son rumores!

o seu futuro ameaza ser

como a etea a panificadora...

 

o cronista


 

15-12-2015

banco e enredadeira

 


o banco abandonado

á beira da grande avenida

e a exuberante enredadeira

quere sentarse nel

 

imaxe de hai unha semana

a cuadrilla de limpeza

xa arrasóu todo esta vida

 

lariño


 

13-12-2015

musicas arbores neboeiros

 


a música das árbores colóuse na libraría

coas artes de anxo moure e servando barreiro

chus láuzara rochi nóvoa e máis rapazada

 

a música das árbores enchéu o andel

as árbores viñeron visitar a eses libros

que están feitos doutras árbores taladas

e novas vidas collen eses grandes vexetais

como o punteiro que tocóu o anxo moure

feito dun buxo que os malos lle derrubarn

o anxo moure ten boa seiva e ramaxe

é coma unha árbore en movemento

que levo de baixar do tren chegóu ás camelias

nun nubi-nete de madeira co seu fillo teixo

 

a madriña chus ilustróu as músicas das árbores

e deulles outra vida e movimento nun vidéo

e de servando que vou decir que pon corazón 

e voz ás árbores e ás travesías rotondianas

entre cativas e grandes entre a maxia

e a dura realidade do noso tempo

 

e entre contos e cantigas a memoria

de matías o barqueiro dos neboeiros

 

pipas

 

 

12-12-2015

do recital travesias

 


penúltimas décimas

da abordaxe okupación

 

as cativas rotondianas

queren subir ao barco

hai concentración no marco

contra a guerra outras faixas,

supendida a xuntanza

polo vello ambulatorio

fermoso este barco auditorio

pra manifesto e poemas,

e como sempre na prensa

que contarán do jolgorio?

 

e vai seguir a xornada

con bastante máis relajo

abaixo seguen os grajos

pero os cua cua nos faltan,

catro horas de propaganda

xa nos chegan compañeiros

pajarracas e remeiros

a viaxe que remata

vémonos noutras pancartas

ou entre cantos e versos

 

 

décima do recital

 

do alfageme até o faisca

foron moitas as viaxes

caravanas e abordaxes

a ese barco da utopía,

e máxicas travesías

con barquiños e paxaros

cruzaron mares e charcos

derrubaron as fronteiras,

devémosnos na coberta

do alfageme verso e canto

 

imaxe papo-rubio ruben

versos do paxaro pipas

 

 

 

11-12-2015

a musica das arbores

 


Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro,

descubriu que as árbores facían música.

Cando o vento move as pólas nace

unha sinfonía, unha orquestración.

Cando a chuvia cae nas follas soa un violín,

unha gaita, unha zanfona, cada vez

que unha treboada fai danzar os freixos

ármase un espectáculo de ballet…»

A música das árbores é un libro-disco

que conxuga a narración, a música

e a poesía para falarnos da posibilidade

dun mundo onde os seus habitantes vivan

en harmonía coa natureza e onde os problemas

se amañen facendo falar os corazóns.

 

a música das árbores con textos de anxo

moure e músicas e voz de servando barreiro

con ilustracións de chus láuzara e algúns versos

de rochi nóvoa e manolo pipas preséntase

mañán en andel entre camelias 102

as 12 do medio día

 

 

 

10-12-2015

do alfageme ao faisca

 

 

chegóu no terceiro intento

a abordaxe do alfageme

mandóu pra dentro á xente

desta volta o mellor vento,

 

abordaxe okupación

soubo a pouco catro horas

no barco e rotonda nosas

puxemos moita paixón

 

travesías resistencias

do alfageme até o faísca

nesta terra tan arisca

utopías das conciencias

 

pipas


 

 

10-12-2015

da propia abordaxe

 

 

pajarillos o comando

sae da casa da abella

dous ke levan a escaleira

papo-rubio e papagaio,

detrás van dous pajarracos

non hai buitres na rotonda

juasápanos a cotorra

rápido pra a paelleira,

e con torcita escaleira

abordan os dous de coia

 

corren os porteadores

desaparecen nun tris

arriba vai un tapiz

das faixas das nosas dores,

eses perdidos valores

dignidade e reveldía

e chegóu a policía

ben armada desperpento

-este barco es del concello

por favor non se nos rían

 

coa bandeira livertaria

buscando o camiño certo

dous rotondianos moi tercos

pola defensa dos parias,

o capital é a malaria

mais non estamos perdidos

seguiremos decididos

viraremos a balanza,

levantamos unha lanza

por todos os excluídos

 

imaxe ruben bernárdez

sentimos que non hai foto

da escaleira da abordaxe

 

o cronista


07-12-2015

recital travesias resistencias...



travesías resistencias e utopías

recital de poemas e cantigas

de servando barreiro e manolo pipas

venres 11 de decembro as 20.30

no lokal social faísca

rúa toledo 9 o calvario

 

barcos e caravanas en asemblea

a enerxía das cativas a memoria dos avós

homenaxes de rosalía a neira vilas

de georges moustaki a zeca afonso

revoltas pres@s e resistencias

fronteiras migrantes e mestizaxes …

o tempo a caracola as fadas e as árbores

viaxes por galiza portugal oaxaca...

 

unha mestiza aperta



 

07-12-2015

ke fixemos ke dixeron ke sentimos

 

 

uns activistas uns rotondianos

unos hombres uns piratas....

protestaron contra o concello

... se hicieron selfis... se encaramaron ...

dixeron nos medios e nos enteiros

pirata é o moreno flaco este que arriba

chingóu o mecheiro no quinto pitillo

pero outro rotondiano nos mandou

nun globo outro acendedor e augas

e plátanos chamandonos monos

que non nos falte o humor compas

e o cronista é outro bicho

que foi de radio livre piratona

e levaba as mandarinas

 

noraboa parabéns fenómenos...

dixéronnos amigas e parentes

e que dixo o alcaldísimo?

e font o jefazo da polisía?

a emperatriz e @s imputad@s?

 

que tal se estaba alí arriba?

preguntáronnos se navegamos

pois sen mover o barquiño

navegamos pra diante e pratrás

e máis que cando andamos en internete

 

dixeronos que o pasamos mui ben

pois si que houbo momentos mui bos

e que subir ao barco era unha débeda

que tiñamos coa asemblea e as veciñas

cos represaliados e cos represores

polos do cerco e polas xentes do mar

pero sen hipocresía e campaña electoral

unha débeda coas excluidas todas

 

din que creamos expectación

pois non queríamos dar espectáculo

pero outros por menos cobran

e a asemblea polo seu pacifismo

pagóu multas e pode pagar máis

 

faláronnos do risco que pasamos

perigoso é andar en carro

as fins de semana pola noite

perigoso é subir nunha patera


chamaronnos valentes

valente é a traballadora precaria

que hoxe soa trae unha criança

a este tolo mundo

 

o piratón

 

06-12-2015

a abordaxe e as cativas

 


dixéronnos as cativas rotondianas

cotorritas abellas carmiñas...

que elas tamén queren subir

ao vello e amigo barco

 

preguntóume o diego

que nos dixo o alfageme

nesas catro horiñas

que lle fixemos compaña

 

este barco colocado

de costas ao colexio público

díxonos que está mui triste

afastado do mar e das persoas

e preguntóunos para que serven

a constitución e a xustiza

e díxonos que a súa pel

o seu casco se está pudrindo

e que desde a rotonda a cidade se ve

moito máis inxusta que desde o peirao

 

e na coberta do barco nós pensamos

que ben o pasarían nel as cativas

con obradoiros xogos cantigas ...

e que contento con elas e ales

estaría o querido alfageme

 

o rotondiano


 

05-12-2015

da xusta abordaxe

 


décimas da xusta abordaxe

un ano e un día despois

 

un ano despois dos feitos

veciñas e rotondianos

o alfageme abordamos

reclamando os dereitos ,

mui intenso foi o treito

pola xustiza social

tonto alcalde policial

con mentiras e maldades,

nós pomos comunidade

os afectos e a sal


hai un pirata vixía

no pau maior do alfageme

abaixo outros que remen 

pola xusta reveldía,

eu escribo a poesa

coas rotondianas rimas

chegan amigos e primas

mandan fotos e videos,

xogamos ao veo veo

secretas e mandarinas

 

nese mastil do alfageme

dous rotondianos subidos

reflexionan no perdido

e gañado nestes meses,

abaixo mui boa xente

apoiando a nosa loita

a policía da a nota

bombeiros que se retiran,

e baixamos da tarima

segue a defensa de coia

 

desde o alfageme

o cronistadecoia