Decembro 2015

31-12-2015

tempo e cadernos

 

 

na imaxe os cadernos

que me van acompañando

no día a día nos últimos meses

cadernos de borradores de poemas

tarefas apuntes pensamentos notas

novos correos e teléfonos

 

na capa de cada caderno

poño unha imaxe dun pensamento

dunha desfeita dunha proposta

un empeceino en agosto

con siria e todas as guerras

o último caderno nacéu en outubro

por todas as cativas nais e avoas

por todas as boas lecturas

 

manolo pipas

 

 

30-12-2015

amigo apalpador



por esta terra da chispa

xa camiña o apalpador

persoaxe do caurel

que trae imaxinación

cada quen a barriguiña

que se apalpe con paixón

 

pola galleira de ourense

actúa o apalpador

pode repartir castañas

pero caramelos non

el non regala xoguetes

que os fagas ti   propón

 

por estas terras da chispa

na galleira por ourense

este amigo aparpador

fai pensar á nosa xente

e propón entre cantigas

un mundo máis consecuente

e con bicos e apertas

vai deixando boa semente

 

vai como apalpador anxo moure

músico acompañante servando

barreiro e o equino caramulo!

a min apalpoume a barba

a chiquita vera da laura !


o observador do apalpador

 

29-12-2015

parella pepe anisia

 

 

paseniño

de vagar e sorrindo

pedalada a padalada

aí vai esta parella

liña a liña texto a texto

a comerse o mundo

naqueles anos sesenta

en bocados pequenos

anisia e pepe en bicicleta

 

pipas


 

26-12-2015

sensato pascu

 

 

escribiume nuria

pascu di que agora a poñer

candeas brancas e herbas

tipo romero tomillo llantén

rituais paganos para axudar...

 

e eu empecei a escribir

uns versos de esperanza

pero o día despois pascu

nós e o poema e seguimos

por onde non queríamos

 

ritual dos nosos antigos

sensatas candeas brancas

ritual de roméu e tomillo

e llantén ervas sensatas


as candeas coas ervas

o ritual pola vida

non chegóu ai meu amigo

que foi case a despedida

 

o roméu o tomillo o llantén...

faltóunos o levantino likor

de cantuesoe o likor café ...

estas pequenas palabras

poden facer ben ou mal

pero a min sabenme a mui pouco

 

pascual pascu el hombre sentado

o animador de monecos e historias

o compañeiro tranquilo

que como o sol veu do levante

e chegóu á terra da chuvia

 

onte á noite estaba escribindo

e apaguei a computadora

e fun pasear pola nosa bouza nuria

o bosque seco e o bosque húmido

a lúa estaba demasiado chea

os patos e as parrulas xogando

coma naquel outro poema

que fermoso o son das follas secas

dos carballos cando as pisas

e imaxinei que saian da charca

e que baixaban dos carballos

os monecos de pascu a saudarme


e quería tomar algo quente

pero o noso café estaba pechado

e case mellor así e seguin camiñando

camiñando seguimos todas e todos

 

lembro agora ao sensato pascu

e a alguns de nós naquelas colectivas

paellas e fideuas que el facía

con tanto gosto na casa de pedro e rani

en cangas cos cativos a xogar

e na miña casiña todos nós en círculo

comendo da sensata paelleira


en círculo unha abrasa-ada colectiva

para acompañarnos entre todos e todas

 

manolo pipas

 

24-12-2015

quinteto embaucador

 

 

papanoel ou santaclaus

con eses magos de oriente

outra vez que nos visitan

que curiosa esta xente

 

os tres magos papanoel

e tamén o apalpador

un quinteto de barbudos

de sorriso embaucador

 

papanoel e santaclaus

con eses magos de oriente

non propoñen nestas datas

unha vida consecuente


os catro que son de fora

e o barbudo da terriña

seica maxia teñen moita 

máis non son fadas madriñas

 

os tres magos papanoel

e ás veces o apalpador

seica andan propoñendo

que viva a consumición

 

e posdata con paixón

haiche malas e máis boas

utilizacións do apalpador

 

o cronista

 

 

 

23-12-2015

espantallos

 


espantallo no medio da leira

moneco espantador de paxaros

espantallo chantado da horta

parado na terra pero voando

 

o espantallo é un feito utilitario

no medio da paisaxe

o espantallo un feito cultural

unha obra de arte

 

versos aventados na presentación

de espantallos de manuel sendón

e logo no andel abrimos uns brancos

se cadra dalgunha viña darredor

dalgún espantallo do libro

mentres un cativo voaba nas mans

dun paxariño de papel para casa

 

manolo pipas

 

22-12-2015

arbores fadas barcos rotondas...

 


historias de árbores e fadas, de barcos e rotondas

 

recital de servando barreiro e manolo pipas

con presentación do libro-disco

a música das árbores de anxo moure

servando barreiro e chus láuzara

rochi nóvoa e outra rapazada

e do caderno poético o barco a rotonda e nós

do rotondiano cronista de coia

domingo 27 ás 6 da tardena parro da barriada

rúa baiona 9 antigo barrio de pelaios

 

historias de árbores e fadas,

escolas livres e espacios colectivos

asembleas e caravanas

lembranzas da bouza e de coia

historietas de rotondae barcos

utópicos ventos e travesías

naufraxios abordaxes...

 

recital de apoio á rotondiana

asemblea aberta de coia

 

 

 

22-12-2015

dias semanas horas

 

 

ollo o almanaque

días semanas e que máis

o reloxio marca unha hora

un tempo para camiñar!

 

vai o solsticio de inverno

o almanaque é cadrado

e o reloxio redondo

o tempo un regalo

 

mencer de hoxe

 

 

 

21-12-2015

mareas solsticio...

 


as mareas as marés

sempre están aí dando vida

e algunhas veces facendo dano

 

pasa un barco e pasa outro

e hai temporais e galernas

e ás veces os capitáns erran!

e eses faros sen fareiro...!?

 

o solsticio marca o fin

e principio dun pequeno

ciclo de tres meses

un suspiro para o mar

 

e ti e vós

chamados nós

que decides!?

 

lariño

 

20-12-2015

cantidades de poder

 


pouco poder para os gobernantes

ningún poder para o capital

ningún poder para os predicadores

nada de poder para a banka

nada de poder para o militar

 

un pouco de poder para as poetas

para os danzantes para as trovadoras …

bastante poder para os realistas

moito poder para @s de abaixo

moito poder para as soñadoras

 

imaxe no escenario

do café uf negra sombra

 

pipas

 

19-12-2015

do patrimonio cultural

 


illas ríos e outeiros

e os nomes dos lugares

canta memoria teñen

canta levan e traen


memoria desta terra

covas lendas e mitos

raices e identidade

refráns cantos e ritos

 

das mámoas ás muiñadas

dos castros aos alalás

cultura antiga da chuvia

quen sabe cara onde vai

 

 

logo do triskel de charlas

sobre o patrimonio cultural

na cova dos ratos

por xosé lois vilar alberto

romero e xavier groba


manolo pipas 


 

18-12-2015

grandota pedra

 


desta pedriña tan grande

en coia pequeno penedo

a súa historia non coñezo

se cadra ninguén a sabe

 

xunto ao campo da petanca

e porriba da húmida bouza

voan sobre a pedra as cotorras

ignorada pola xente que pasa

 

ben grandota esta pedra

ás veces páraselle un can

e logo do granito cheirar

se o fixo outro can mexa nela

 

lariño