Decembro 2015

05-12-2015

na rotonda secuestrada

 


décima do noso aniversario coa non combidada

policía na nosa queriiiiida e maldita rotonda

 

veciñas e rotondianos

un ano despois dos feitos

reclamando os dereitos

na rotonda non entramos,

foi proveitoso este ano

sotavento e barlovento

cidade inxusta esperpento

a nosa xustiza social

deu co amable policial

voltaremos con máis tento

 

o cronistadecoia

 

04-12-2015

rotonda-barco e nós no cabodano

 


hai un ano xustamente

nesta rotonda entramos...

 

cantos éramos? cantas vos sumastes?

cantos chegamos a nos xuntar?

cantos e cantas hoxe seguimos ?

 

rotondianas rotondianos

cantos golpes levamos?

cantos apoios e apertas?

que gañamos que perdimos?

 

como seguiron maltratando coia ?

como segue con pouca memoria

esta sucia e inxusta cidade?

 

varias veces empecei

a miña reflexión-desafogo

deste longo ano rotondiano

e cada vez que empecei parei

e as respostas as miñas preguntas

se cadra tamén podes dalas ti compa

 

imaxe de onte mesmo

e do tralado 18 de febreiro

 

unha rotondiana aperta

o cronistadecoia

 

 

03-12-2015

alfageme abre coia ao mar

 

 

logo de moito pensar nese eslogan

tan salgado

desta cidade costeira xa o vexo

e miro claro

mariñeiros e o naval andarán mui

encantados

non importa o que sintan

excluidas e parados


o importante é a facha-da

e estragar os nosos cartos!

os do cerco que dirán?

polo alcalde utilizados

esas faixas van manchasas

por policía e xulgados

que seguen coas mentiras

aos coitados rotondianos

 

logo de pensalo moito

con razóns ben envolventes

abrir vigo ao mar que ben

na rotonda o alfageme

abrir coia ao mar tamén

solta amarras meu grumete

 

a un ano despois da tolemia

do ilustrísimo alcaldísimo

vai este canto de nadal

nesta inxusta cidade

aberta ao mar...

 

o cronistadecoia

 

 

 

02-12-2015

outono de poesia



outono de poesía no uf negra sombra

na rúa do pracer versos contra os muros

libros recitais exposicións concertos...

a poesía é un arma cargada de futuro

 

cantan a celaya goitisolo león felipe

os moinantes voz acordeón e guitarra

prévert lorca brech miguel hernández

antonio de sousa e rosalía a matriarca

 

todo o poder para os poetas

leo nunha pintada dos compañeiros

e so penso no poder das boas palabras

e que nunca paren o ritmo e o verso

 

onte foi a canción e mañán

micro aberto pra poesía as 8

http://cafeuf.com/

 

pipas


 

02-12-2015

as flores nos e os gases

 

 

unhas flores aguantan máis

a contaminación e outras menos

e a nós que seica aínda

somos animáis pásanos o mesmo

pero temos pes para fuxir da contaminación

e mans e cabeza para loitar contra ela

 

en parís teñen temos estes días

a máis grande xuntanza mundial

de cínicos hipócritas e infames

mentres millóns pasan fame

e francia loita arreo contra

o chamado cambio climático

proibindo as éticas manifestacións

e dando porrazos contra as flores

e lanzando gases de liberté

e fraternité contra os manifestantes

 

na cidade do madrid común

moi amablemente a letrada alcaldesa

recomendache que se tes problemas

respiratorios non saias á rúa


e na nosa sucia e inxusta cidade

sálvamos a ría que limpa


boas flores aire e frío compas

 

01-12-2015

luz e calor para todas

 


#luz e calor para todas

pide o sentido común

pero no nadal estragan

os cartos que poñes tú

mentres moita xente nosa

sofre cortes na súa luz

 

2.500.000 de bombillas

que son 400.000 euros

como nos sobran os cartos

vai tiralos o concello

cando 65 mil persoas

son precarias no seu teito


#luzecalorparatodas
https://www.youtube.com

/watch?v=sys-eSc3OQ8