Maio 2020

30-5-2020

caras e mascarillas


avanzas cara a min
coa mascarilla na cara
e so te podo recoñecer
cando estás a dous metros

que pouco deixan ver
das caras as mascarillas
pero que fermosos
os teus ollos negros
penso outro día ollando
a unha descoñecida


entre caras


 

28-5-2020

as pistas da toupeira



a amiga toupeira
no parque público da bouza
non perdéu o tempo esta noite

a nosa amiga toupeira
que teña moito coidado
deixando as súas pistas
que tricornios e pikoletas
están mui bravos estes días

un veciño

27-5-2020

aves na terraza


ollando unha gaivota e unha pomba
arrimándose as mesas dos humanos
lembro a película os paxaros
e penso que xa tardan
moito en atacarnos

na miñoca

26-5-2020

somos luvas e mascarillas


a pesares do confinamento

seguimos chegando mui lonxe

e nos fondos das golpeadas costas
e nas redes dos pescadores
esas luvas e esas mascarillas
tamén din  imos sair mellores ?

 

 

 

 

25-5-2020

natureza e confinamento 4



dúas señoras maiores
sentáronse no noso banco
a descansar e falar das súas vidas
as coitadas malvas e outras ervas
xa están gomando


no barrio


24-5-2020

virus reforma laboral


vai retirar a moncloa
a reforma laboral
ese golpe aos dereitos
que o pp foi aprobar
toda ou so parte dela
inda se ten que aclarar
o goberno bipartito
outra vez sen unidá
enredado polo virus
vistatriste e ferraz

van retirar xa era hora
a reforma laboral
cos apoios dos de bildu
outros a reflexinar
moderados sindicatos
din diálogo social 
e xa andan moi rabiosos
dereitas e patronal
e des-unión europea
e todo o capital

un parado


23-5-2020

de volta no monte



polas terras de freixo
tres meses sen subir
e a ghaspara a terra do avó
e ela non se lembróu de min
ou se cadra si

 

 

22-5-2020

iñigo e alberto estraña parella


o íñigo e o alberto
esa estraña parella

o carballo de gernika

e o arkolito das pepeleiras
o urkullu de zaldíbar 
e o feijóo das residencias
seica teñen sintonía
de gasteiz a compostela
convocando eleccións
no medio dunha emerxencia
ríndose cada xornada
de médicos i enfermeiras

o urkullu e o feijóo
esa estraña parella
que cínicos elementos
da letra grande e pequena
garantías sanitarias
prometen os dous colegas
o que non poden cumprir
comparsas nesta desfeita
submisos pobos norteños
xentes bascas e galegas
aturan o sen-sentido 
no medio desta pandemia

o íñigo e o alberto
esta estraña parella
do  pp  e  do  pnv
amigos pola dereita
os dous serios presidentes
patxarán likor de ervas
en permanente campaña
son socios por estratexia
polos mortos de zaldíbar
e as mortes das residencias
urkullu e mais feijóo
serán xulgados na audiencia?


o íñigo e o alberto

esta cínica parella

os dous teñen outro virus

poden matar cunha aperta !

cantas mortes valerá
unha sucia presidencia !?

o cronista votante


21-5-2020

expertos e listillos


alarma confinamento
desconfinamento desescalada
fase 0  fase  1 fase 2  fase 3 …
e nova normalidade

e o goberno do reino
e os gobernos das autonomías
falan segundo o seu grupiño
de espertos e especialistas

as expertas e os expertos
serán como os periodistas
contan o que manda o xefe
e moitos son escollidos
segundo a súa ideoloxía

a vella e nova realidade
vese segundo as gafas de cada un
e cóntase segundo o patrocinador

pero se non se coñece o virus
se case non hai experiencia con el
se nunca tivemos un confinamento
se nunca paramos parte da economía ...
non hai nen expertos nen especialistas
e case todo é unha mascarada

o cronista


20-5-2020

notas desta crise mundial 6


a sanidade foi a irmá menor
da administración

fernando simón    epidemiólogo


non pedimos usar mascarillas

antes porque había escasez
fernando simón     voceiro

do goberno na crise 

¿Estar inactivos durante 6 semanas
fixo máis para desfacer o capitalismo
que todas as décadas de activismo?
lyla june    pensadora
indíxena norteamericana

sanitarios currando

i ricos contaxiando
gabriel rufián  

deputado independentista

algúns violentos
rojigualdas das caceroladas
nunca puxeron un cazo ao lume
porque teñen a alguén que llo faga
e as bandeiriñas e bandeirazas
non protexen do virus

seguimos a ter moito respeto e medo
e hai quen non se atreve a recoller
unhas luvas de plástico na beira-rúa
e increpa a quen o fai para tiralas
a un contenedor de medos

e hainos que teñen moito medo
pero a perder a súa sucia poltrona
como o feijóo e o urkullu
que combocaron as eleccións
no medio da pandemia
xogando coa nosa saúde

o cronista


19-5-2020

isabelita de madri 2


máis culebróns de isabel diaz
de ayuso e 1ª de madrí

isabel isabelita     
presidenta de madrí
do pp con ciudadanos
e con vox polo redil         
licenciada en ayusadas        
no goberno caciquil   
                           
isabelita de sol      
presta para competir
so puido dar medio paso
nesas fases do covíd
mentiras e propaganda                     
poucos feitos pra subir
pal virus filosofía
illa puede compartir
unas misas i oraciones
al grande s agustín

isabel díaz de ayuso
chuleta con pedigrí
gran amante do deporte
e fan do urdangarín
moito pasodoble i chotis
bailóu polo mes de abril
lindo barrio salamanca
ejemplo del buen vivir
esos rojos de moncloa
como nos hacen sufrir
con franco esto no pasaba
querida guardia civil

isabel de la almudena
s isidro i s quintín
populista da mantilla
da zarzuela i dominguín
carlos quinto i lola flores
do cascorro e máis do cid
ai mi osa i mi madroño
que no cojan el covíd

isabel das ayusadas     
de esperanza aprendiz
quere comerse a casado
grandota de chamberí
ai que blando es el almeida
de él se hartan de reir
los pablemos i errejones
i los sanchitos de aquí


isabel de la privada
non se priva duns rubís
isabelita das ventas
vendería até madríz

o cronista

18-5-2020

carvalho e carballeiras


querido carvalho
desta terriña nosa
que fora dos carvalhos
e dunhas senlleiras carvalhas
das árbores da tribo
que deron o nome
a muiñeira carballesa
das totémicas árbores
que deron centos de bosques
carvalheiras e carballeiriñas
antes do virus do arcolito

os paus a leña as táboas
as grandes vigas da casa
as landras e o recuperado
pan e dóce de landras

carballos
cerquiños ou revolos
carballos albariños
e carvallos enanos
sobreiras ou corticeiras
acinheiras e caxigos
árbores quercus irmáns

carballo e o carballiño
carballeda de avia
carvalhal e carballés
carballiza carballudo
carballido carba
nomes de lugares camiños
aldeas concellos apelidos...

e o noso centenario e rodeado
camiño da carballa de coia


manolo pipas