Maio 2020

17-5-2020

tristeiras letras carvalho


dezasete de maio
ai carvalho calero
tristeiras estas letras
novo golpe ao galego
alarmados estamos
mais nós hai moito tempo

a historia da lingua
luz brillo e tempos duros
a doma e castración
os séculos escuros
longa noite de pedra
afogando o futuro

longas noites e sombras
a lingua está a vivir
ai ricardo carvalho
en maio como abril
como xuño son meses
so para resistir

manolo pipas


17-5-2020

17 de maio alarmados


dezasete de maio desconfinando
dezasete de maio en fase 1 pra 2
e as fases da xunta son desgaleguizarnos
dependendo do momento e dos medios
o virus é o pp e o españolismo

maio domingo dezasete carvalho calero
unha xornada que debía ser de festa
dezasete de maio en estado de alarma
cos dereitos confiscados pois
e as letras e a lingua levan anos
en estado de alarma

publicado as 11 e media
da mañán cando debía chegar
á alameda de compostela
na tarde publico unhas rimas

o cronista


16-5-2020

aperta de carvalho calero


Aperta

Oh , a justa armonia
daquela aperta nosa,
rítmica, silenciosa,
matemática, pura,
compasada, perfeita.
Beizos eran sorrisos
ollos eran olladas,
perto dos uns ou outros
sen achegar-se a rentes,
todos serenidades.
Oh, a aperta serena,
geometria, justeza,
cheia, redonda, donda,
sen ocos, sen arestas.
O ser e o deber ser,
o real e o ideal:
hegel na nosa aperta


poema de vieiros 1930
edición e grafía de 1980
en pretérito imperfeito

obra poética 1927-1961


ricardo carvalho calero 

15-5-2020

do lixo da pandemia


miles de luvas da pandemia
enchendo as papeleiras
e luvas e máis luvas
tiradas polas beira-rúas
luvas de latex vinilo e plástico
tiradas nos xardíns e nos campos

luvas recollín doce
no xardin do supermercado onte
e luvas e mascarillas
o vento foi levando e ciscando
por toda a avenida
as mascarillas e luvas
do virus e da pandemia
miña amiga sanitaria
arroxadas ao asfalto e a erva

que noxo dades
homos non-sapiens


o ecoloxista 



14-5-2020

o culebron de isabelita


o enrevesado culebrón de isabelita

díaz de ayuso e 1ª de madrí

romance dun cego que oe cheira e apalpa ben

isabel  i-sa-be-li-ta
que menudo culebrón
chegache aí por descartes
das corruptas e os ladróns

que bo tempo o da botella

da cristina e gallardón
ayuso alunna da aguirre
dúas cóleras de dios
rabietas e pataletas
á monchoa como non
mascarillas mascaradas
viva la privada señor
das residencias so importa
que os vellos voten por vós

isabel das fraseciñas
carreiras e resbalóns 
di a moza creo creo… 
pensa que isto é relixión
azoute dos sindicatos
e de penosas xestións
as pizzas e as iankicolas
pras cativas con amor
os calamares do ifema
que che mandóu o feijó
e aquel mitin encuberto
con bicos e achuchóns

isabelita de madrí
non aforra os lagrimóns
católica i-sa-be-li-ta
nunha misa en do terror
cara de poker man dura
i esa estraña dimisión
cando manda o kapital
e a saúde vai despois
as fotos da madalena
un pousado con primor
e a cuarentena dourada
no aparta-hotel de sol

que me den la fase uno

o mejor la fase dos 

isabelita de ayuso
ke tremendo culebrón
se fuerte i-sa-be-li-ta
tamén lle dixo o rajoy
mentiras e ameazas
nesa boca de piñón
rabietas e pataletas
á monchoa como non
na zarzuela caladiña
submisa do seu señor
isabel i-sa-be-li-ta
virgen de puerta del sol
des-fo-llan-do a margarita
sigo a aguado o voi con vox

o cego cronista

 


13-5-2020

de volta nas terrazas


estreada esta terraza
na memoria do xuncal
estraño este parque praza
cantas cousas pra lembrar
entre tritóns e cabazas

o vello e último plátano 
entre as cerdeiras noviñas
que falarán dos humanos?
confinan e desconfinan
a soberbia contaxiando

parque e praza estraña
miñoca foron chamar
na mala desconfinada
pouco hai que celebrar
i estóu so cos meus pantasmas


manolo pipas


12-5-2020

apertas e floresta



un paseo polo parque
e coma sempre a nai floresta
a cada rato unha e outra vez
danos a súa cálida aperta

na bouza

 

11-5-2020

os afectos e a distancia


a unha prudente distancia
cada un das outras distante
ben distantes as nosas caras

encontros con bicos adiados   
os afectos mellor a distancia
nas rúas mellor sen abrazos

que os nosos corpos non se toquen
sen unha debida protección
que nen siquera se rocen

aparcado o calor humano
nos hospitais nas residencias
e máis afectos nos aplausos

pomos os afectos nas palabras
o teu calor humano aparcado
afectos cos acenos e as olladas


manolo pipas


 

10-5-2020

peste e desconfinamento


a peste desconfinando
e que che podo decir
seguro que no teu barrio
notas tanto coma min
mesmo cos ollos pechados

a irresponsabilidade
é o noso virus e peste
egos e insolidariedade
que contaxia algunha xente
vella e nova realidade 

van fallando as distancias
e voltóu o botellón
con esta desescalada
haberá muitas caídas
miña amiga sanitaria

a peste desconfinando
e seguen faltando medios
nos hospitais nos traballos
coitados dos nosos vellos
que subirán os contaxios

o estado desescalando
e algúns malos gobernantes
miran moito máis os cartos
que pola nosa saúde
e subirán os contaxios

o cronista 

09-5-2020

recados e desexos


queda na casa

este local permanecerá
pechado até novo aviso
estamos pechados
para frenar o avance do covid 19
agardamos voltar o antes posible
este establecimento permanecerá
pechado até a finalización
do estado de alarma

leo o menú na porta
dunha pechada cafetería
primeiro plato
todo vai sair ben
segundo plato
botámosvos moito de menos
postre ou café
vémonos pronto

este local so atende pedidos
este local atende con cita previa

abrimos !!
os esperamos
o 11 de maio

abrimos o 11 de maio
estamos preparando
un espacio seguro

posdata do recopilador
todos os letreiros
estaban en castelán

08-5-2020

do torturador condecorado


o torturador franquista
apodado billy el niño
morréu onte en liberdade

seica afectado polo virus
sen ser xulgado polos seus crimes
xa que estaba condecorado
pola chamada democracia española

a xustiza rexeitóu 18 querelas
das víctimas nos xugados do reino
e a audiencia nacional denegóu
a extradición a arxentina
para ser xulgado por crimes
contra a humanidade

o virus e a peste
é o réxime post-franquista
e ten dificil vacina

o cronista   


07-5-2020

da nova a-normalidade


a nova normalidade
mira ti como lle chaman
ao tempo que ven
logo da des-escalada
ao tempo do normalizar
o coronavirus covid 19
e normal non era
como vivíamos antes
co noso atroz consumo

unha nova realidade
será o que teremos
e alarmados seguiremos
logo do estado de alarma

que trae a nova a-normalidade 

e dimitiu hoxe a directora
de saúde pública da rexión
de madrid de pp-cs-vox
e que alguén dimita
neste país non é normal

o cronista