1 de maio
confinados recluídas…
coas liberdades e dereitos sesgados
primeiro de maio sen manifestacións
sen faixas berros consignas en movimento
nas xanelas balcóns e terrazas
os activistas somos minoría
1º de maio digamos
sen procesións paganas
de millóns de posibles votantes
de pequenos consumidores
moitos deles que seguían nos bares
servidos por coitados traballadores
que non podían celebrar o seu día
1º de maio na casiña a reflexionar
reflexionar sobre todo as afiliadas
e os líderes dos subencionados
e maioritarios grandes sin-di-ca-tos
de todo o que perdimos estes anos
do que perdemos estes días e meses
do moito que perderemos logo
eles os de arriba son cada vez menos
e os dabaixo somos cada vez somos máis
e máis golpeados e escravos
un parado