Abril 2017

20-4-2017

nube e arbores



as nubes queren
baixar á terra

queren as árbores
comerse a nube

medrar coma unha árbore
voar coma unha nube
eu quixera

18-4-2017

pedrafita e arbore

 


a pedrafita se a deixan
debe permanecer intacta
por moito tempo
moitos anos

a árbore se a deixan
debe ir medrando
nas lúas cálidas
ano tras ano

pedrafita e árbore
acompáñanse nun parque
e miradouro de couso
e que o fagan moitos anos

pipas


17-4-2017

talada vida

 


esta aŕbore foi talada
hai uns días con outras dúas
que non tiñan ese fermoso oco
e polo tanto estaban mais sans

as tres se as deixaran en paz
no seu rincón ollando
cara o estadio de balaídos
poderían vivir moitos máis anos
que o mafioso presidente do celta
e o decrépito alcaldísimo
da nosa inxusta cidade

o cronista

16-4-2017

pistoleiro macarra bombas

 


o pistoleiro do oeste fixo
unha demostración de forza
e mandou lanzar a primeira
bomba das imaxes da cronika
9 metros 15 millóns de euros
que probocaron uns cen mortos
e iso que foi a bomba mais grande
lanzada despois da de hiroshima 

o macarra do leste
coa súa bomba nese desfile fixo
outra demostración de forza
días despois do primeiro
pero sen mortos

ai se pistoleiro e macarra se retaran
con pistola espada navalla puños…
e morreran os dous asasinos
sen danos colateis

o cronista


14-4-2017

estraño 14 de abril

 


que o catorce de abril
o día da república
sexa día festivo
é algo de agradecer
pero que caia en venres santo
é algo que molesta
a todo republicano ateo ou non


o vello republicano
fai a súa intervención
un pequeno discurso-mitin
el que era un cativo naquel 1931
e que daquela non puido festexalo
pero que  se gaba de ter ido
a unha escola republicana

o cronista


14-4-2017

fe e fanatismo



nesta semana de feiras
de fe e de fanatismo
por sorte non me topei
con ningunha procesión
topeime con esta imaxe
esculpida nunha das caras
do cruceiro na praza das travesas
e non pensedes que é mui vello
que é de principios dos oitenta
da galopante democracia

esta imaxe parece
un santiago matamouros
daquel tempo de guerras
de fe e maiores fanatismos
que enlaza cos yijadistas

o cronista


10-4-2017

a cebola en festa en teis 2

 



meus amantes da cebola   veciñas e visitantes
vouvos botar unhas coplas deste bulbo interesante

como vedes compañeiras  enrolladas van as coplas
como estraño pergamino como as capas da cebola

cebolas e ceboliños  desta barriada de teis
cantos alcouves i eitos  canta horta por comer

teis dabaixo teis darriba  de chapela até bos aires
ceboliñas  e  cebolos   da emoción vou a chorare

entre a guía e guixar   e tamén por travesía
por detrás dos edificios   medran moitas ceboliñas

din que vos tedes en teis
unha cebola especial
seica é republicana
irmandiña natural

cheiro forte ten a amiga  e sabor algo picante
a cebola nunca falta  nos petiscos e xantares

guisos salsas ensaladas  empanada empanadillas
fundamental a cebola  mesmo tamén na tortilla

nas leiras das nosas rías nos mercados e nos platos
moitas veces vai da man  a cebola co seu allo

e non esquezo o prixel  kentre alcouves tamén medra
nas talladas non me meto  polo respeto aos vexetas

da travesía a chapela  teis dabaixo teis darriba…
da emoción vou a chorare  misturando ceboliñas

agardo que vos gostases 
do encebolado poema
graciñas mistura teis 
polas cebolas en festa


nese lugar da ferreira
domingo nove de abril
festa feira ceboleira

eu cheguei un pouco tarde
que  viña doutro convivio
dinme que foi saudable

e regalei o poema
as bubelas foron logo
carunchos e lúa chea

o cronista

09-4-2017

a vida en catro versos

 


la vida en cuatro versos
libro de walter césar
non parecen milongas
camdombes chacareras
son versos libres longos
con escondidas letras

a vida en catro versos
con poéticas prosas
homenaxes e soños
pensamentos da trova
ficcións e resistencias
historias de ida e volta

en catro versos vida
un libro e un concerto
no boliche cancillas
nós cantamos co negro
e walter recitóu
a vida dos seus textos

homenaxes e soños
colectivas historias
a vida en catro versos
e seguimos a trova
de coia ao uruguay
viglietti zitarrosa

onte bar-boliche cancillas
onde recitei algúns deles

manolo pipas


08-4-2017

a cebola en festa en teis 1

 


meus amantes da cebola
veciñas e visitantes
vouvos botar unhas coplas
deste bulbo interesante

cebolas e ceboliños
desta barriada de teis
cantos alcouves i eitos
canta horta por comer

teis dabaixo teis darriba
de chapela até bos aires
ceboliñas e cebolos
da emoción vou a chorare

entre a guía e guixar
e tamén por travesía
por detrás dos edificios
medran moitas ceboliñas

din que vos tedes en teis
unha cebola especial
seica é republicana
irmandiña natural

cheiro forte ten a amiga 
e sabor algo picante
a cebola nunca falta
nos petiscos e xantares
…..

agardo que vos gostases
do encebolado poema
que por teis vos vaia ben
coas cebolas en festa

continuará

o cronista


06-4-2017

amigo mario de walter

 


Callaron las palabras se durmieron los versos
y las letras volvieron al viejo abecedario,
Ordenadas y quietas en el duro teclado
extrañaban las manos de nuestro amigo Mario

El lápiz solidario se encerró en el cajón
y lagrimas de tinta las biromes lloraron
los poemas a media sin tiempo se quedaron
esperando la musa de nuestro amigo Mario

Se marchó el compañero el amigo el hermano
se marchó el uruguayo un genio literario
No pudo soportar el peso de los años
pero queda el legado de nuestro amigo Mario

Que será del motor sin piezas de recambio
se parara sin mas, se quedara oxidado
o habrá alguien quizás que pueda repararlo
siguiendo los consejos de nuestro amigo Mario

Quien pintará en poemas el paisaje uruguayo
quien nos hará felices al poder recordarlo
quien seguirá el camino de ese gran solidario
que será de nosotros sin nuestro amigo Mario

Walter César

concerto e presentacion do libro
la vida en cuatro versos
sábado 8 as 22.00 no cancillas
rua tui con figueirido coia


04-4-2017

sheela de iolanda aldrei

 

 

 

Terceiro dia

 

 

Abro o fervor de todas as idades

 

 

Nâo há cosmos que nâo morre en min,

 

na concavidade plena,

 

na gruta do vale

 

 

 

Vigésimo dia

 

 

Pouso só um dedo no mamilo.

 

Pouso só um dedo no clítoris,

 

percorro mundos,

 

com os lábios entreabertos

 

e o suspiro.

 

 

Chegam nove ondas.

 

Nasce o mar.

 

Morro

 

e vivo.

 

 

 

Iolanda Aldrei

 

 

 

versos do libro

 

O Segredo de Sheela na Gig

 

a soleira de verónica martínez

 

a porta e a lua pequena

 

os vinteoito días-poemas

 

e o segredo

 

 

sentín moito iolanda


non estar na presentación


que andaba por outra idade

 

pipas


02-4-2017

ecuador no medio do mundo



ecuador ese pequeno país
que seica colléu o nome
da metade do globo

de guayaquil a quito
dos andes ao amazonas
varios países nun so

o ecuador de correa
unhas veces un rebelde
outras vendido e represor

e que din as galápagos?
ese ecuador correa
de trasmisión de que !?

ecuador no medio
do mundo estás máis visible
pero so se molestas

e agora novas eleccións
o pouco comunitario lenín
sabemos que é malo pro país
pero o outro é aínda peor

o cronistanadistancia