décimas guajiras a pedro trigo
abril portugués cubano
en moaña eu escribo
ao compañeiro trigo
este rebelde antillano,
pedro das nacións dos castros
ten a súa raíz en viveiro
el moi amante dos versos
dúas décimas recitóu,
compas da revolución
de moi grande sentimento
que riqueza platicar
con pedro trigo moncada
cantas loitas na mirada
do turquino até o palmar,
pra ti o meu modesto trovar
contigo sinto aos rebeldes
os corazóns consecuentes
julio haydée e abel
raúl ferrer melba fidel...
26 de xullo sempre
a primeira décima
é a adicatoria que lle escribin
regalándolle o libro da milpa
no xantar da adega de couso
e logo de varias intervencións
pedro trigo déunos unha plática
e a segunda fíxenlla o día despois
1 de maio na que nos dixemos
cos compas en vigo até logo
foto alberto valenzuela
coautor do libro conversando
con pedro trigo lópez
semilla de revolución
versos manolo pipas