Abril 2017

01-4-2017

percebeiro e caldeirons

 


nas últimas pedras
onde o mar con forza rompe
habitan os percebes

duro e tolo traballo
de quen o percebe arrinca
que algunha vez por un erro
tamén se rompe

                  2010


poeta percebeiro
quedamos cos teus libros
coa túa salgada voz
co colectivo traballo
cos batallóns de palabras …
porque foi demasiado a onda
e marchache cos caldeiróns
agora o mar é todo teu
non deixes de escribir
compañeiro paco souto

pipas