verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
amigas e veciños da galiza
e inmigrantes nesta decrépita europa
os e as que non sodes de áfrica
ollade para ela dunha vez por favor
e oide os seus berros de norte a sur
e de este a oeste e pensade pensade
deixade de darlle voltas a ese hantavirus
das clases medias e altas dese cruceiro
e pensade no virus do évola
que pasóu da república do congo a uganda
e que nos últimos días matóu a máis de 100
persoas e máis de 12.000 nos últimos 2 anos
nese continente de áfrica arrasado
e explotado por europa desde os barcos
da esclavitude nos úlimos séculos e por europa
e por outros estados do hemisferio norte
nas últimas infames décadas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)