Xaneiro 2012

17-1-2012

coplas do galo devesa




coplas a un capón que se chamaba devesa


el era un pitiño cairo / se chamaba devesa                       
e tiña as patas topinas / a crista arrichada e tesa                             

nacera nun galiñeiro  / feito de taboas e paus                                
amaba ós pitos de granxa  / odiaba ós propios irmaus                          

non era de sospeitar  / que pito tan desmedrado                         
poidera chegar a ser  / un galo forte e barbado                             

pero puxo tal empeño / en poder selo primeiro                              
que chegou mesmo a comer / as taboas do galiñeiro                              

el mandaba e galeaba  / non respetaba a ninguén                           
creíase o rei do mundo  / e so miraba o seu ben                              

e cando o galo devesa  / andaba mais valentón                              
sua ama tomou o acordo  / de convertilo en capón                    

adeus gozo adeus poliñas / adeus mando a valentía
con todo o galo devesa   / inda non aprendería                                
                                                                   
foi el sempre tan teimudo / buscou o xeito e maneira
de poder mandar nos outros  / e reinar na capoeira 

para someter ós colegas  / uns catro ou cinco capóns
aproveitou a lei d'hont  / e convocou elecciós

               
e puxo na propaganda / eu son galo coma ti            
e para poder medrar  / has ter que botarme a min
                   
presidindo a capoeira / e mandando nos demáis
servia ben ós seus amos / para poder medrar el máis
                         
pro de nada lle valeron / manganchas e pillerías

cando veu a matachina /  para rematar os seus días

enton o ex-galo devesa  / que foi gran fornicador
escomenzou a chorar  /  e dixo con gran paixón

vinde galos e galiñas  /  salvade a miña semente
que se falta a miña raza  /  non sei que será da xente
                  
manuel maría

poema musicado polo mini
e grabado co grupo a quenlla
polo ano noventa e un
na imaxe unha neta do capón
a quen neste espacio tamen
lle publicamos unhas coplas
ai esa galiza azul


16-1-2012

na morte dun franquista




din que morreu

o don manuel
o presidente da xunta
que morreu fraga
o ministro de franco
que morreu fraga iribarne
ese senador vitalicio

é certo que morreu
e os seus coas homenaxes
nos seguimos na resistencia

que o enterren dunha vez
por exemplo en palomares
onde nunca se bañou
que foi grabado noutro mar

ou nese gran mausoleo
que mandou que lle fixeran
chamado cidade da in-cultura
ou no fondo do oceano
co prestige por cadaleito
ou no valle de los caidos
con primo de ribera e franco

din que morreu don manuel
e como non pagou polos seus crimes
nos seguiremos con mais forza
coa memoria da verdade
e cecais non poida descansar en paz

o cronista

na imaxe uns contenedores
da illa de ons no dous mil tres
o tempo do chapapote


15-1-2012

voz e guitarra




a voz

é acompañada pola guitarra
as notas
van acompañando as palabras

para vos so dous corpos
nunha borrosa estampa
para nos os poemas as melodias
memoria espacio publico e mais nada

o cronista

negra sombra sabado a noite
josé fontes novas e manolo pipas
no recital do circulo poetico aberto
que compartiron con rosa negra
cruz martinez virxilio liquito fernanda
garcias  henrique dória e joaquim lopes




14-1-2012

labregos do tempo dos sputniks




labregos do tempo dos sputniks

o leo o vero e o garcia
arraianos netos de celso emilio
sempre a cantar a poesia
o mestre xa fai cen anos
e que non pare a travesia

trio de labregos do tempo dos sputniks
na era das redes e creadores internautas
entre libros cantando cos pes no chan
seguide cultivando a musica e a palabra

manolo pipas

labrego do tempo dos sputniks
verso ultimo do poema o meu reinado
grabado e cantado polos labregos
que acompaña o libro de arraianos
presentado onte en librouro

celso emilio fai 100 anos

14-1-2012

celso emilio inédito




Maus arriba e boca abaixo o pobo

Vamos a instalar o silencio,
cero preguntas, cero movimentos.
Porque esto é un atraco
estades vendo
as pistolas alegres
i os índices propensos
capaces de asumir
mortos a centos.
Pun, pun, ao que se mova,
pun, pun, ao que reclame dereitos,
sexa home ou muller,
pun, pun, todos interfectos.
Non hai cousa mellor
pra impoñer a lei do retroceso
o orde equidistante
a paz do cimenterio
a misa do domingo
o salario do medo
i o culto dos xerárquicos
estamentos.
Mans arriba e boca abaixo o pobo.
Non perdamos máis tempo.
Porémoslle control
ás volvoretas e ao vento
os coitos e as preces
a luz i o alimento.
Con tricornios de neve
e vergallos domésticos
degolaremos as gorxas
oblicuas
do pensamento,
e a rosa azul dos soños,
inxertaremos.
Serán para sempre nosos
os vosos esqueletos.
Os ollos pra chorar
tan só vos deixaremos.

celso emilio ferreiro
 
inedito do poeta de celanova
publicado por arraianos no libro
celso emilio fai 100 anos
presentado onte en librouro vigo

13-1-2012

arbore espida




inverno compañeira

a arbore neste tempo
sen a sua coberta

sen follas a nogueira
espida como querendo
darche calor cunha aperta

lariño

12-1-2012

recital de inverno




estas queridas bancadas

baleiro está castrelos
con morriña el e nos
dalgunhas maxicas noites
de concertos

a arbore sobe o telón
o auditorio en inverno
nas bancadas follas secas
e o chiar pequeno recital
dun merlo

lariño


11-1-2012

laura cançó de lluís llach




I avui que et puc fer una cançó

recordo quan vas arribar
amb el misteri dels senzills,
els ulls inquiets, el cos altiu;
i amb la rialla dels teus dits
vares omplir els meus acords
amb cada nota del teu nom, Laura.

M'és tan difícil recordar
quants escenaris han sentit
la nostra angoixa per l'avui,
la nostra joia pel demà...
A casa enmig de tants companys,
o a un trist exili mar enllà,
mai no ha mancat el teu alè, Laura.

I si l'atzar et porta lluny,
que els déus et guardin el camí,
que t'acompanyin els ocells,
que t'acaronin els estels;
i en un racó d'aquesta veu,
mentre la pugui fer sentir,
hi haurà amagat sempre el teu so, Laura.

lluís llach

cancion do disco campanades a morts
adicada a guitarrista laura almerich
que o acompañou moitos anos
carátula dun disco de homenaxe
a este gran trovador medio retirado



09-1-2012

eufemismos pinochet rajoy




lemos na prensa

que nos libros de historia de chile
a dictadura pasa a ser chamada
regimen militar

e alguns que se asustan
cando aqui o faro e outros medios
chaman  a dictadura de franco
a etapa pre-democratica

a imposicion da lingua extranxeira
sobre a lingua propia
por eses é chamado bilingüismo

e unha ministra de rajoy
a violencia de xenero ou machista
chamalle violencia no ambito familiar 

ah si ouh
e nos que antes eramos cidadans
e agora mais ben somos consumidores
nós somos tontos

o cronista

posdata
e hoxe os medios din
que fraga está malito



07-1-2012

ai mestre diaz pardo memoria




isaac diaz pardo

o home o compañeiro o activista
o traballador o artista a memoria

morreu o mestre galeguista
o republicano o represaliado
e a sua obra o seu legado
de ediciós do castro a sargadelos
o seu traballo roubado

lembrome de velo hai anos
varias veces polas ruas
e prazas da sua compostela
sempre so e triste camiñando
cos seus fracasos coa sua memoria

morreu o mestre diaz pardo
e tamen nestas invernais datas
mataron a consellería de cultura
sen atreverse a enterrala
cos seus merecidos honores

no mausoleo cimeterio do monte gaiás

por isaac diaz pardo e por este feito
alguns estamos alporizados

envolventesaspalabras

galiza a 7 do 1 do 2012
co cadro de diaz pardo
xente alporizada

06-1-2012

quintana dos vivos




ai rua nova rua nova

se ti falaras se ti falaras

ai do toural á quintana
compostela e as suas ruas
as suas prazas a sua pedra
a sua pedra dos mortos vivos

pola memoria do mestre
isaac diaz pardo
presente



06-1-2012

un pequeno paso




un atranco hai no camiño

que leva mais ou menos auga
e podese ir pola ponte sen abordalo

podes tamen deixar a ponte
e salvar as augas do problema

abordandoo mollando os pes 
un pequeno paso

coa conversa o dialogo...
o problema deixamos atrás
chegamos a outro estado

pero so está medio resolto
que logo temos que cruzar
outra vez as suas augas
e dar outro paso

sendeiro eifonso