Xaneiro 2012

05-1-2012

as cousas dos cativos




o neno que sabe pouco


ollando as vias pregunta
un cativo desde o vagón
y tambien hay trenes policias

entre a torre de hercules
e a vella prision
hai un xantar campestre

mamá mira a esas chicas
que les pasa que llevan
sábanas en la cabeza



a nena que sabe demasiado

contame unha amiga
que a sua filla de cinco anos
armou unha boa no colexio
cando comentou que papánoel
e os reis magos non existen

e cando estes foron ao seu centro
tamen lles dixo as profesoras
veis que mal pintado está el negro


03-1-2012

arbore e aves




desde o observatorio de aves

contemplo o vello salgueiro
xa lle quedan poucas follas
como para tres dias de vento

no enmarcado de taboas
faltame o seu lado esquerdo
lonxe escoito as cotorras
que non son do noso medio

desde o observatorio ollo
as arbores do inverno
quince minutos e marcho
sen ver a pisca e o merlo

lariño

parque da bouza
domingo e luns

02-1-2012

solpor na aldea




solpor de inverno

sobre o val do rio ulla
solpor sobre a casa
do cativo balbino
solpor sobre a aldea
do neno lelo da nena sara

solpor sobre gres
a aldea de neira vilas
dias antes do solsticio

manolo pipas


01-1-2012

sombras e luces




a computadora na mesa

servido o café con leite
na pequena porcelana
e abertas as envolventes

na imaxe sombras e luces
fora palabras frias ou quentes
asi son estas pinches datas
que non nos deixan indiferentes

o cronista