Xaneiro 2012

30-1-2012

mestre gaiteiro artesán




en ribeira  de piquín

no chao do pousadoiro
o seivane xa repousa
neste val agarimoso

pousadoiro fonmiñá
taramundi e fonsagrada
estas fontes e raices
as cadencias desta matria


estas duas coplas
e a elexia a xosé seivane
reciteinas onte no chao entre
gaiteiros e percusionistas

entre o son da sega
e o vals do veciño taramundi

foi á beira do rio eo
debaixo da serra de meira
e desde as rias baixas
das foliadas e ribeiranas
unha calida aperta

manolo pipas

30-1-2012

de cambre a ribeira de piquín




do obradoiro de cambre

a ribeira de piquín
como un longo pasarruas
gaitas bombo e tamboril

os seus amigos gaiteiros
á familia acompañaron
tocando as queridas pezas
o folklore declarado

ai a gaita canta vida
punteiro soplete roncón
ese fol pegado ao peito
ai seivanes que paixón

do eo ao lagares


28-1-2012

elexía a xosé seivane




quero grabar estes versos

un poema ben sentido
ai nun vello pau de buxo
ai gaiteiros meus amigos

os punteiros tocan triste
triste tocan do brillante
ai tocan en re sostido
ai polo mestre seivane

ollo ao mestre nesta foto
eses ollos eses dedos
ese sombreiro esa gaita
ai que mozo está este vello

rio mero rio eo
rio miño fonmiñá
ai tocando a muiñeira
por seivane un alalá

ai as gaitas tocan triste

triste tocan do brillante
ai tocan en re sentido
ai polo mestre seivane

manolo pipas


27-1-2012

danza dos seivane




en ribeira de piquín

nun dos vales mais profundos
vive don xosé seivane
rodeado de bos buxos

rodeado de bos buxos
pra facervos os punteiros
vive co fillo mais novo
nesta ribeira do eo

nesta ribeira do eo
segue viva a tradicion
de tocar o son da sega
coa gaita e co tambor

coa gaita e co tambor
reciben ós seus amigos
que veñen doutra ribeira
que subimos dende vigo

manolo pipas

coplas escritas para o mestre
gaiteiro e artesán xosé seivane
alá por decembro
do noventedous
tarareando a melodia do son da sega
nunha das visitas ao chao do pousadoiro
de ribeira de piquín con maximino souto
luis o caruncho carlos liz e o millaradas
o mestre
deixounos hoxe
entre pasodoble muiñeira e alalá


27-1-2012

solpor tempo e leña




o solpor vai chegando mais tarde

pero nestas noites frias de inverno
os minutos e as horas parecen
parece que vai mais lento o tempo

entre solpor e solpor as caixas de leña
vanse a bo ritmo pola cociña de ferro
e tamen as polas secas desta maceira


lariño

a cesar e isa
no val do barbeira


26-1-2012

sol e castiñeiro




o sol vaise preguiceiro

detras do monte

entre as polas do castiñeiro
vaise e logo volve

detras do monte
vaise o preguiceiro astro

vaise e logo volve
cecais entre os carballos

val do barbeira

24-1-2012

das luas e dos ciclos




coa lua nova

foise o ano da gata ou do coello
e chega o ano do dragón
nos ciclos das culturas orientais

nós hai uns dias
mudamos a nosa cabeceira
a imaxe e o pequeno texto
e tamen coa lua nova
se cumpren
dous anos
destas envolventes palabras


envolventes

na imaxe un mural
nas terras zapotecas

24-1-2012

a rota das penas




moitas penas ten a rota

e cada pena unha lenda
con castros e petroglifos
as raices desta terra

na pena dos namorados
as namoradas que penan
de costas á vella deusa
deben lanzar unha pedra

      penas que penan
      lendas caladas
      da noite ao dia
      trovas pasadas

na rocha do pianista
as pegas xogan nas teclas
tocando unha melodia
que no tempo se perdera

e debaixo desa pena
tes unha cova coberta
onde habia os akelarres
cando mandaban as meigas

      penas que penan
      lendas caladas
      da noite ao dia
      trovas pasadas

como un grande desafio
en equilibrio unha pena
millons de anos resistindo
e nos xogando coa terra

o cronista
                              
unha vella cantiga
enlazando co poema anterior
na imaxe a pena do equilibrio
de arcos en ponteareas

22-1-2012

a praza e a memoria




unha imaxe da praza

do obradoiro hai un tempo
praza que gosto camiñar
cando está case baleira

gosto das pedras labradas
e mais gosto dos penedos
e doutras penas con nome
que gardan a nosa memoria
como as penas do equilibrio

a praza hai uns meses
con moi poucas persoas
unha imaxe coma outra calquera
ai caladas pedras do obradoiro
que vos tanto sabedes e calades

as golpeadas terras e prazas
e os seus golpeados fillos
camiñar coa memoria
o noso dificil equilibrio

manolo pipas

na noite do 21
de xaneiro do 2012
un dia con memoria
coma calquera outro

20-1-2012

dezaoito voces




“A por da influencia da lúa que nos acubilla,
xurdiu a idea de facermos un libro colectivo
en galego e portugués.
Para que xuntara a todos aqueles
que pasaron ou pasarán polo Círculo.
Agromou un sentimento de unificación,
un devezo de adhesión para formar
unha memoria físicana que confluír
todos os ríos nun mar de pensamentos.
E de mares, pois cada mar é unha persoa
que crea un océano. Estas follas son vidas
e desexos nas 18 voces presentes
nas moléculas deste papel."

penultimo acto presenta
mañan o libro dezaoito en vigo
no negra sombra as oito da noite
libro colectivo en galego e portugués

penultimoacto.blogspot.com


20-1-2012

palabras para julia




Tú no puedes volver atrás

porque la vida ya te empuja
con un aullido interminable,
interminable...
 
Te sentirás acorralada
te sentirás perdida o sola
tal vez querrás no haber nacido,
no haber nacido...
 
Pero tú siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti, pensando en ti,
como ahora pienso...
 
La vida es bella ya verás,
como a pesar de los pesares,
tendrás amigos, tendrás amor,
tendrás amigos...
 
Un hombre solo, una mujer,
así tomados de uno en uno,
son como polvo, no son nada,
no son nada...
 
Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti, pensando en ti,
como ahora pienso...
 
Otros esperan que resistas,
que les ayude tu alegría
que les ayude tu canción
entre tus canciones...
 
Nunca te entregues ni te apartes
junto al camino nunca digas
no puedo más y aquí me quedo,
y aquí me quedo...
 
Entonces siempre acuérdate ...
 
La vida es bella ya verás ...

No sé decirte nada más
pero tu debes comprender
que yo aún estoy en el camino,
en el camino...
 
Pero tú siempre acuérdate ...
 
josé agustín goytisolo
 
adaptacion do seu propio poema 
que musicou e grabou paco ibañez 
e que tamen cantan mercedes sosa
nacha guevara liliana herrero ...

18-1-2012

cancions de amor e liverdade




escoito o concerto do trovador

pablo guerrero no olimpia
hoy que te amo ecos de sociedad
para huir de la muerte a cantaros
...
naquel mitico teatro de paris
naquel tempo da transaccion
que transicion foi e é chamada

naqueles anos e no final da dictadura
neste teatro cantaban trovadores exiliados
e outros ian ali por un pouco de liberdade
son cancions de amor e antifranquistas
que o franquismo seguiu moitos anos
despois da morte do dictador

escoito na computadora as cancions
que hai anos escoitaba en cassette
e van as palmas do publico despois delas
e algunha vez tamen cando o extremeño
di o titulo do tema que vai interpretar

escoito agora unha presentacion
cun devil son e logo esas palmas
teñen un son bastante mais alto

o colectivo que debe ter
mais forza que o individual

manolo pipas


de pablo guerrero xa temos publicado
letras e poemas misicados duerme lisboa
hojas de menta fresca paisaje urbano ...
no olimpia de parís tamen grabaron

luis llach maria del mar bonet
paco ibañez raimon e tantos outros
e grabaron algunhas cancions
proibidas pola dictadura