Agosto 2014

31-8-2014

dez imaxinarios versos

 


nesta feira imaxinaria

intercambioche estes versos

por un cacho de universo

da túa vida rapaza

 

esta infusión nunhas tazas

tres minutos xa repousa

levantemos esa lousa

que voen lendas e mitos

 

a in-fusión é como un rito

festa das pequenas cousas

 

o feirante imaxinario




30-8-2014

cantiga feira imaxinaria

 

 

imaxino unha feira

feira e festa imaxinaria

que brinquen polos valados

caracolas e máis algas

feira da cultura livre

dixital dóce e salgada

nunha pota colectiva

infusións asamblearias

 

imaxino feira e xente

activa pero pausada

redes socias afectivas

que se respete a palabra

pulo pra caixa do tempo

tarefas intercambiadas

moedas sociais usemos

elas non che ocupa nada

 

que terra ti te imaxinas

pra vivila e traballala?

que casa e que vida queres?

ou respeto ou xa se acaba

por moito que te imaxines

non se comen as pantallas

podemos vivir mellor

con moi pouca cacharrada

 

imaxino unha feira

feira e festa imaxinaria

que brinquen polos valados

os saltóns e as guitarras

meniñas e caracolas

ratos e milleiros e algas

piratas e coloridas

os corazóns e as palabras

 

hoxe e mañán máis feira

feira.imaxinaria.org/

 

o feirante imaxinario

 

 

 

29-8-2014

poeta-rapsoda carlos oroza

 

 

o vello rapsoda

séntase entre palabras

cálida é a mesa

a voz o ritmo os versos

 

detrás dun marco intemporal

fora dos muros da vella prisión

á beira dunha porta branca

o magnetismo do granito

e a poesía máis livre

 

e nós público perto do poeta

sentadas no chan detrás de pe

nas escaleiras sentados

e apoiadas nas barandas

nesde espacio que muda

en cada actividade artística

 

o poeta-rapsoda

carlos oróza-nos

oróza-nos

 

 

recital onte festival das artes

visuais no tengo mamá

imaxe ernesto ilkermn

 

versos manolo pipas

 

 

28-8-2014

rosal e floresta

 


un rosal no medio

da floresta

pra carballos e piñeiros

unha festa

 

na bouza

 

 

27-8-2014

aramios e planta

 

 

estes aramios de espiños

están ben cheos de vida

eles son ai ben distintos

dos das gazas e melillas


lariño

 

 

 

26-8-2014

auga-fría escombros ...

 

 

famosos con pouca ou ningunha ética

tíranse auga fría sobre a cabeza

e colgan a imaxe nas pseudoredessociais

apoiando unha sospeitosa campaña

contra a esclerose e poñendo uns cartiños


outros con ética poñen cartos

pero non queren sair na foto

e desde gaza onde case non hai auga

botanse escombros sobre a cabeza

escombros do seu pais bombardeado

coa complicidade de moitos deses famosos

 

desde aquí animamos

a obama que se tire sobre a cabeza

os escombros dos soños de luther king

e animamos a rajoy e cañete que se tiren

uns capachos de chapapote sobre a cabeza

animamos a merkel e eslin ...

 

o cronista

 

 

26-8-2014

casa cultural

 


a cultural de arcos

como ben di esta placa

foi construida pola veciñanza

como case todas as culturais

e inaugurada por veciñas e veciños

que anónimos figuran na placa

nun día ben especial para o país

cando en moitas outras figuran

os corruptos políticos de turno

 

graciñas pola festa saharaui

e por toda a vosa cultura

 

pipas

 

 

24-8-2014

festa-ponte saharaui II

 

 

 

coa lúa e a estrela camiño da noite

casa cultural de arcos de ponteareas

perto da pedra dos namorados

e namorou a música e a danza

a comunidade é unha roda de corpos

roda de conciencias a solidariedade

e cada corpo que se sume a estas rodas

manterá o equilibrio do camiño

 

cando ollo a estas nenas e nenos

saharauis acompañados uns meses

por estas familias amigas ou veciñas
penso na súa vida real golpeados
penso neste tempo de chamadas vacacións
e penso sobre todo no pouso que lles deixará

 

zurrumalla cantoulle á ferida fraternidade

os carunchos tumbaron muros cos nosos cantos

e seguimos soñando cun sahara en liverdade

e unha nena de agwanit e da roda subiu ao palco

a cantar na lingua da súa comunidade

 

eu recitei no palco festa-ponte saharaui I

a jaima e o carballo e o pobo do deserto

os tres publicados neste espacio

 

manolo pipas

 

 

23-8-2014

festa-ponte saharaui

 


festa saharaui en ponteareas

encontro solidario hoxe

na casa cultural de arcos

 

a festa unha solidaria ponte

coa area do voso deserto

un arco da vella que chegue

ás vosas jaimas e campamentos


a recepción e a exposición

os xogos e a maxia para esquecer

a conferencia e o video para lembrar

a cea e as músicas para compartir...

 

continuará

 

 

22-8-2014

mamá áfrica II

 


o baobab como nai

e como avoa da comunidade


mentres ollo esta foto

e outras de vellos baobabs

escoito unhas músicas de áfrica

lembro os debuxos do principiño

da inmensa arbore da sabana

e do elafante no sombreiro o

e penso no vendedor ambulante

que se me acercou onte!

como entraría el neste continente?

 

o cronista

 


21-8-2014

mamá áfrica I

 


o virus e a enfermidade do ébola

non importaba en occidente

até que morreu o primeiro branco

logo de centos de negros

 

o ébola al qaida e a miseria

son os nemigos de áfrica

leo un titular na prensa

e non serán os seus caciques

o capital e as multinacionais

os que violan cada día

a mamá africa?

 

o cronista



 

19-8-2014

bar e farola



farola acendida

aberto o noso bar

movimento vida

 

pipas