Agosto 2014

17-8-2014

lúas ugia e marful

 

 

a pequena praza xunto ao río

agosto a noite as dúas lúas

o escenario sempre é un desafío


   aluméame luíña

   de redondela á mariña


disnos que debes deixar os concertos

que agora tes que cantar só pra ela

pra ela toda a túa voz e o teu peito


   alumea lúa clara

   da mariña até a bretaña

 

a ugia pedreira

na beira do río albedosa

na viaxe-concerto de marful

cerámica de estuardo álvarez

 

manolo pipas




 

16-8-2014

pequeno cunco

 

 

case todos os días encho

este pequeno cunco de auga

que é bebedeiro do gato

pero a parede salpicada

é duns paxaros que ás veces

veñen a pegarse un baño

e cando eles me senten

rápido foxen sen darme

tempo a facerlles unha foto

 

lariño



 

13-8-2014

xerme cultura viva

 


noite de contos e versos

pola beira do caselas

as músicas a memoria

neste xerme de cabreira

 

a velada cultural

queríamola facer fóra

a chuvia mandóunos dentro

e contamos as historias

 

grazas xerme novo amigo

longa andaina na cultura

mais que xerme meu carballo

ti es árbore madura

 

en cabreira onte na actuación

compartida con maika e servando

logo dos seus contos musicais

 

manolo pipas

 


11-8-2014

nietos de plaza de mayo

 


treinta y seis años de espera

para abrazar a su nieto

estela buscó la estela

de su sangre y de sus miedos

 

secuestraron a su hija

le pegaron la mataron

con su compa y tantas vidas

cientos de bebés robados

 

su nieto que se hizo niño

el adolescente el joven

el adulto y su camino

ella soñó tantas noches

 

el nieto ciento catorce

que descubre su pasado

a su familia y su nombre

que no pudo ser robado

 

treinta y seis años de espera

para abrazar a su nieto

plaza de mayo conciencia

sigue buscando a su pueblo

busca a sus vivas y muertos

 

diego minas


 

09-8-2014

bar hipólito mar de fóra

 


mar de fora vai tocar no hipólito

as sillas e os micros agardan

o lokal as mesas e nós agardamos

unha voz e duas guitarras

 

mar de fora no bar hipólito

salgados sabores e sentimentos

o lokal e todos nós quixeramos

que xa non pare este concerto

que siga a nosa noite aberta

o dia a semana... a calor dentro

 

pipas

 

 

 

07-8-2014

corazóns e sentires

 


    a manolo rin-rin

    na memoria de pepita

 

carballiño do arenteiro

vilanova dos infantes

unidas por un sentir

que nos marca o redobrante

 

vilanova o carballiño

os camiños que se atopan

e seguiron os sentires

ai pola bouza de coia

 

as terras e os corazóns

unidos por un sentir

meu amigo folieiro

que non pare o tamboril

 

manolo pipas

 

 

06-8-2014

das árbores da paz

 


a oliveira din que é

a árbore da paz

nas culturas do xordán

pero desde 1967 os israelitas

arrincaron máis de 800.000

oliveiras palestinas

 

a oliveira será a árbore da paz

pero non hai ningunha árbore da guerra

oliveiras teixos ceibas cerdeiras loureiros

cedros sobreiras araucarias freixos figueiras …

todas son árbores totémicas e simbólicas

da comunalidade e da vida

 

no pasado cada pobo ou cultura

escolleu a súa árbore

e con ela camiñaba

 

a 6 de agosto

o día de hiroshima

 

 

05-8-2014

dos mortos da guerra

 


non se sabe con certeza

cantos mortos palestinos

van nestes ataques

fálase de máis de mil setecentos

e tres cuartas partes son civís

e moitos cativos e nenas


na defensa de gaza

os mortos israelitas son sesenteseis

e so hai tres civís

toca como a 27 mortos palestinos

por cada un de israel

 

cando paren os ataques

non vai parar a guerra


mañán falaremos

da árbore da paz

destes pobos

 

o cronista



04-8-2014

franxa de terra

 


unha franxa de terra

entre o mar e o deserto

gaza de terra unha franxa

entre as vivas augas salgadas

e o sionista inferno

 

o cronista



03-8-2014

formas e distancia

 


que che digo miña amiga

das formas e da paciencia

cada un na sua esfera

e a distancia é relativa

polas voltas que da a vida

co corazón e a cabeza

 

lariño

 

 

02-8-2014

ultima noite

 


de onde viría

a última parella

hospedada neste cuarto?


como sería a súa noite?

marcharían da man

ou malencarados ?

 

casco vello